POEMA DE AMOR. Óscar Calo Otero. 4º B ESO.
Poema de amor Esas marabillosas tardes de xullo, os dous sós, sen ninguén molestando. ti e mais eu, eu e mais ti. O tempo pasa voando, tres horas que parecen tres minutos. Os dous bicándonos, baixo un sol abrasador, escoitando de fondo, as ondas do mar. Marcho para a miña casa, desexando volverte a ver canto antes. Durmo pensando no sabor a fresas da túa boca, na textura dos teus beizos. Cando penso en ti, sempre se me debuxa un sorriso na miña cara. Grazas a ti, podo dicir que xa sei o que é a felicidade. Óscar Calo Otero. 4º B ESO.
POEMA DE AMOR. Martín Gómez Ramos. 4º B ESO.
Poema de amor (Si) Cando te vexo penso que vou enfermar, o que desexo e poderte bicar. Non podo imaxinar a miña vida sen ti, sería camiñar ó fondo dun cantil. Desexo verte, camiñar ó teu lado, desexo abrazarte sempre con coidado. Martín Gómez Ramos. 4º B ESO.
AMOR. Juan Cruz Rodríguez Blanco. 4º D ESO.
Amor De veras non te coñezo pois eu quero escapar de ti, non quero ver o teu rostro, non quero verte en min. Pois cando máis estiveches foi cando eu máis sufrín, non quero as túas mentiras eu só me quero a min. Juan Cruz Rodríguez Blanco. 4º D ESO.
POEMAS DE AMOR. Iria García Olveira. 4º D.
Poemas de amor I Dous mundos distintos dúas formas de sentir diferentes, dúas vidas sen nada en común, dúas maneiras de vivir, dúas persoas que se encontran e todo iso que nunca se uniría algo que xamais imaxinarías únese, para vivir algo marabilloso que é “o amor”. Amor é non ter que perdoar amar é abandonalo todo para seguir a quen amas vivir cousas diferentes sen que ningún teña que reprochalo xamais. II O amor é tolerancia é vivir con ledicia é sufrir polo que lle pasa á persoa amada é rir sen ter por que e chorar por chorar O amor é tolerar os defectos do outro, sen dicir nada. O amor é soñar cunha vida xuntos é unha ilusión día a día unha convivencia compartida un loitar día a día un reñer e un volver a reencontrarse sen dicir síntoo, nin pedir perdón. O amor [...]
POEMA DE AMOR. Gloria Issa Sanjosé. 4º B ESO
Poema de amor O mar dicíalle á Lúa que brillara para el, e así reflectía todo o amor que lle tiña. Que non podía esquecer as miradas que lle dedica, a luz que lle transmitía. Que soñaba con que volvera a noite e mirar todas as súas cicatrices. Que cando se fixou no seu sorriso por primeira vez, sabía que o seu amor sería eterno. Que levan noites mirándose, pero para eles, o seu tempo era escaso. Que se amaban coma Ares a Afrodita. Que só tiñán poucos minutos para abrazarse cando amañecía e poucos minutos para bicarse cando anoitecía. Que mentres a Lúa durmía, o mar choraba a mares. Que a Lúa ao escoitalo deixábase ver de día. que o mar deixaba que a Lúa influenciara sobre as mareas e así ter unha maior conexión. Que non podían deixar de estar o un ao carón do outro, [...]
POEMA DE AMOR. Hugo Pereiro Loureda. 4º B ESO.
Poema de amor Penso en ti mentres leo, penso en ti mentres camiño, tes os ollos azuis como as augas do Miño e a alma branca coma o ceo. A túa mirada é penetrante, como as ondas en Riazor, descontrólame o solpor, da túa presenza retirándose. O teu sorriso é o que forxa, a miña inmensa felicidade, fáiseme un nó na gorxa. Sen ti non podería vivir, ben o sabe Deus, vostede é o meu porvir. Hugo Pereiro Loureda. 4º B ESO.
POEMA DE AMOR. Gonzalo Ponte Rodríguez. 4º B ESO.
Poema sobre o amor O amor é como unha rosa, ten espiñas, pero pode ser moi fermosa. O amor pode salvarte da profundidade e ao mesmo pode deixarte na escuridade. O amor a medida que pasan os días crece, pero nun abrir e cerrar de ollos desaparece. Ao final o amor pode chegar a ser moi profundo, pero grazas a el, segue funcionando o mundo. Gonzalo Ponte Rodríguez. 4º B ESO.
POEMA DE AMOR. Jacobo Calviño. 4º B ESO.
Poema de amor Es o deporte que eu practico e que aínda que moitos non te consideren, ti deporte non deixarás de selo. A ti xogaba cando era pequeno, as túas pezas eran a miña fortaleza e as mesmas o seguen sendo. Eu gañei máis do que perdín e agora podo dicir por fin, que non hai ningún outro deporte coma ti. Jacobo Calviño e Sergio Guillín. 4º B ESO.
POEMA DE AMOR. Iker García Tuset. 4º B ESO.
Poema de amor Cando te vin por primeira vez a miña vida cambiou de durmir toda a noite a pasala esperta pensando en ti. De xogar cos amigos a quedar contigo, de estudar aburrido a estudar ríndome contigo. Ás veces penso que dependo de ti, pero como non o vou facer se es o mellor que me pasou en anos. Iker García Tuset. 4º B ESO.
JEZUZ. Iris Basalo e Victoria Cibrán. 4º C ESO.
Jezuz Non nos enganemos o noso amor foi mentireiro máis sempre tivemos un amor verdadeiro. Sentíame soa cada noite, sentíame doída cada día, e cando só quería oírte, ti rapidamente fuxías. Aínda que ti non te lembres deixei moitas amizades por ti amizades verdadeiras, mentres, eu desaparecía por ti. Iris Basalo e Victoria Cibrán. 4º C ESO.