EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

ATA LOGO 2012

diciembre 31, 2012 by VARIOS No Comments

Despedímosnos do 2012 e dámoslle comezo ao 2013 onde nos esperan miles de cousas por descubrir. O tempo pasa rapidísimo, pechas os ollos un intre e xa estas a finais de ano, se hai nada era primeiros de ano. Esta noite, como de costume cando soen as campás todo o mundo comerá as uvas e eu para variar non as darei rematado. Resúltame moi gracioso ver a xente toda concentrada nas campanadas e, eu voto a rir xa na primeira polo cal… Xa non dou rematado as uvas coas campanadas, sempre as remato despois de que acaben de tocar. Aínda que, gústame non rematalas a tempo porque fago rir aos demáis e iso é moi agradable, non sempre se lle pode sacar un sonriso a alguén. Este ano, o meu fin de ano vai ser un pouquiño diferente dos outros. Normalmente celebraba o fin de ano coa miña familia, pero [...]

O BURATO(2)

diciembre 31, 2012 by LITERARIO No Comments

E ali estabamos nunha plaia, con arena e auga, non? Pois non, non era asi…O mar era de caramelo, a area era de azucar, as palmeiras eran de clocolate e as rochas eran de carbón doce. Decontado comenzamos a comer todo o que víamos, eu cheguei a un punto que non podía máis, mentres Brais, o meu primo, seguía comendo como lle podía caber tanto dentro dun corpo tan pequeno. Eu quedei sentada na area, esperando a que acabara, mirando o meu reloxo pero non se movían as aguxas quedaran quetas, quedei ficanadoas pero nada, chameino e díxenlle que era moi extraño que non pasara nin un só minuto desde que chegaramos a esa praia, decidimos buscar o burato para regresar a casa. Buscamos e buscamos pero non atopamos nada, nin rasto do burato que nos condúxera a ese lugar. Estabamos un pouco desanimados por non poder volver a casa, [...]

A MÁXICA VIDA DE PERLA (4)

diciembre 31, 2012 by LITERARIO No Comments

Perla vivíu cos seus tíos ata os 16 anos cando, de súpeto, recibíu un correo electrónico. Eran as once da mañá e Nadia e Dani estaban durmindo. Manu estaba traballando. Era garda nun centro comercial e volvía ás dúas e media. Perla estaba a traballar na cociña. Preparaba o almorzo e a comida. O ordenador de Manu estaba alí, aberto, encendido. De súpeto soou. Acercouse e viu que había un novo correo. Ía deixalo pero deuse de conta do que poñía: Para: Perla                                                                                                                                       [...]

A MIÑA NOVA VIDA (10)

diciembre 30, 2012 by LITERARIO No Comments

  Traía ao meu pai atado nas costas. Ela cumplira a promesa, o meu pai non traía ningún golpe e, por suposto, estaba vivo. Tamén traía a miña nai, pero dela non podíamos decir o mesmo; tiña un gran golpe na cabeza e estaba perdendo moito sangue. Eu non podía aguantar iso. Comecei a berrar e a dar patadas ao chan, as poucas que podía xa que estaba atada. Ofelia mirou cara María, cunha mirada fría e calculadora, coma se non lle importaramos nada. – Ben, eu fixen o que ti me pediches. Trouxen ao pai vivo e sen ningún golpe, como ti dixeches. – E que pasa coa nai? – Atopámola así, nós só a trouxemos para acabar de matala. – Fixestes ben. – Si, xa o sei. – Vexo que o orgullo tamén o tes ben! – Como os matomos? Podémolos afogar, ou podémoslles cortar a cabeza…. – [...]

NA BUSCA DO TESOURO (1)

diciembre 30, 2012 by LITERARIO No Comments

  O meu nome é Sofía e vivo en Costa Rica. A miña familia e máis eu vivimos aquí dende hai moitos anos e encántanos, pero tamén botamos de menos a nosa terra. Aínda recordo todas as mañás que vivimos nese sitio; eu levantábame todos os días e dáballe de comer ás vacas, adorábaas! Pero as circunstancias da vida obrigáronnos a que nos alonxaramos deste sitio. O meu pai quedou sen traballo e a miña nai non o quería deixar vir só para aquí, entón viñemos con el. Na casa que temos agora hai menos espacio, non temos tantas habitacións nin tampouco un xardín, pero desfruto dela igual. Agora tamén temos distintos hábitos, xa non nos levantamos tarde nin almorzamos á hora de comer, aquí temos que realizar máis tarefas do fogar e, polo tanto, hai menos tempo libre para facer as cousas que nos gustan. – Sofía, baixa almorzar!- [...]

O NADAL DUN DRAGÓN

diciembre 30, 2012 by ANIMAIS 2 Comments

     Eu son un dragón alado con ás de anxo e un día de nadal, pensei na vida deste ser mitolóxico. Así foi como quedou: Pola mañá, toda a familia dos dragóns (dragóns asiáticos, dragóns europeos, dragóns africanos…) foi ó salón. Primeiro, os nenos, abrimos os nosos agasallos. A mín regaláranme unha armadura para protexe-lo meu corpo nas batallas, unha dentadura de ouro, un anel cun gran diamante, un videoxogo e un libro titulado “Como derrotar a un gurreiro”. Despois de que os nenos abríramos os nosos agasallos, tocoulles ós adultos que escupían lume da emoción. Ó rematar, comezamos o gran banquete no que había patacas fritidas, polo, pastel de verdura, caranguexo, centolo… e seres humanos (ós dragóns, se non o sabíades, gústanlles a carne humana). Pola tarde todos xogábamos cos nosos agasallos, e eu probábame a miña nova armadura. Foi un día incrible!

A CASIÑA DE MADEIRA

diciembre 30, 2012 by VARIOS No Comments

Un día cando era máis pequena na casa dos meus avós,  a miña prima,a  miña irmá e eu, non sabiamos que facer e ao noso avó ocorreuselle facernos unha casiña de madeira . A casiña forá feita no momento é entraba a auga e os gatos pola noite, e entón despois dun tempo meu avó fixónos unha moi bonita e máis grande, que lle levou dúas semanas. E a nós gustounos moito e siguenos gústando xa que dentro se esta moi ben porque ten un sofá un mesa un armario e moitas máis cousas.  No verán estamos case sempre dentro e cando veñen as nosas amigas xogamos a moitas cousas dentro. A casa xa ten catro anos,  e só durmimos unha vez nela, a miña nai, Sofía e máis eu e a miñairmá e a miña prima nos se atreveron pero a verdade e que foi unha experiencia moi boa [...]

A MIÑA NOVA VIDA (9)

diciembre 30, 2012 by ANIMAIS, LITERARIO 1 Comment

  – Sabes moi ben que as cousas poden torcerse e que acabemos todos mortos. En canto pronunciei estas palabras a súa cara púxose dunha cor moi pouco habitual; o seu rostro adoitaba ser rosado pero esta vez estaba moi branco, coma a neve. Comprendín que no seu pasado ela probablemente vivira unha situación semellante, e que o que me contara anteriormente unicamente era unha tapadeira para non expresar os seus sentimentos. Despois deste momento de reflexión, tiramos por un camiño que levaba á cúspide da montaña. Eu dudaba entre preguntarlle se me largara unha trola do seu pasado ou se quedar calada, pero despois de razonalo moito, decanteime por preguntarllo. – María, non sei se isto che vai parecer mal, pero non é a miña intención. A cuestión é que… – Sí, si que che mentín. Non quería que souperas o meu pasado tan cedo, quería esperar un pouco [...]

FORMAS DE FESTEXAR O ANO NOVO

diciembre 29, 2012 by VARIOS No Comments

Ola amig@s, hoxe vou falar da Noite Vella. Pode haber xente que pense que a nosa forma de festexar o ano novo é a que se emprega en todos os demais países. Pois non e certo. Hai infinitas formas de festexalo, e a cada cal máis estraña ( bueno para nós, porque para eles será o máis normal do mundo) A continuación vouvos contar algunhas das formas que máis me chamaron a atención: En Australia, por exemplo celebran principalmente o 1 de xaneiro, non coma aquí, que se festexa máis o 31 de decembro. Coma alá é verán aproveintan e sáen a praia a facer grelladas e a practicar o deporte por excelencia de alí: o surf. Na China, non teñen o mesmo calendario ca nós. Eles empezan a celebrar o Ano Novo a finais de xaneiro ou a principios de febreiro, no que eles chaman o mes lunar, as [...]

A MÚSICA E MÁIS EU

diciembre 29, 2012 by ASÍ SON EU, OPINION No Comments

 Eu coa música, desafogome e exprésome. O tipo de música que eu escoito basicamente é o rock que descende do jazz, soul, do blues e do country. Naceu ao redor do ano 1950 nos E.E.U.U. E algúns dos seus subxéneros preferidos para min son, por exemplo  o grunge, o garage rock, o punk e o indie rock. Os grupos españois de rock que ultimamente escoito son: Loquillo, Barricada, Platero y Tú, Rosendo e máis Los Suaves que son ourensáns. E de fala inglesa: Guns and Roses, Nirvana, Neil Young, Pearl Jam, e moitos máis. Aínda que a música clásica axúdame a facer matemática, e os discos que escoito son os que encontro por casa.