EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

O MEU MELLOR CUMPREANOS

febrero 27, 2013 by ANECDOTAS 3 Comments

  Aquel día ergueime pensando nunha hora concreta. Ás 5 da tarde ía recoller aos meus amigos para celebrar o meu doceavo cumpreanos, vendo ao equipo do meu corazón, o Real Club Deportivo da Coruña. Ás 5:45 chegamos á Coruña e meu pai deixounos nun parque que se atopaba moi preto do estadio. Alí, nunha especie de campiño de herba, xogamos ao fútbol ata ás 6:30. Despois pasamos por unha tenda onde mercamos pipas, chasquis e varias botellas de auga. Cando só quedaba un cuarto de hora para que comezara o partido, collimos as entradas e entramos para poder ver ós xogadores antes do partido. Durante o partido, non faltaron berros para o xogador máis robusto do outro equipo (o Sabadell F.C.) nin contra a nai do árbitro… E como non, sentámonos xunto a uns señores que coñezo moi, moi ben: 1. Este señor ten uns 40 anos, chámase Miguel [...]

A MÁXICA VIDA DE PERLA (10)

febrero 26, 2013 by LITERARIO No Comments

Non lle facía ningunha gracia ter que ir. De todas formas foi. Comenzou a caminar nesa dirección. Unha vez alí levantou a tapa. Nese intre unha man forte agarrouna por detras no hombro. Chimpou cara atrás facendo que a persoa caera de cu. Non se quixo dar a volta pero, cando escoitou a voz do raparigo queixándose, non dudou nin un intre. Ela, alí ás 9:30 da mañá e alí, ó seu carón Miguel mirándoa, sentado no chan. Miguel era un rapaz de 17 anos, un máis ca ela, que ía o seu instituto dende 1º. Agora estaban en 4º da E.S.O e se sentaban xuntos. Lévanse moi ben. Perla dende que o coñece está moi namorada del aínda que ela cree que non o sabe. É moi alto e delgado. Ten os ollos castaños escuros que imnotizan e o pelo castaño algo máis claro que sempre leva ben peiteado.  [...]

O GRAN PEQUENO TESOURO(3)

febrero 25, 2013 by ANECDOTAS No Comments

Xa quedaban tan só dous días para o comezo da escola, e non estaba nada claro. Aínda encima Ismael ten que ir mañán a Suíza cos pais por problemas económicos.  E nós seguiamos indo todas as noites cara a casa abandonada todas as noites pero xa non víramos mais ao home con dúas cabezas nin a ningunha caixa. Pero eu seguía coa intriga e buscaba por internet pero non atopaba nada, todo era de películas, series… Pero era verdade isto parecía unha película totalmente, pero iso non era o peor, non poderiamos contar coa moeda de ouro de Ismael xa que a precisaba para a súa familia que case non tiñan nin para comer. E Marta meteuse nas drogas e como os seus pais no o sabían, seguro que as pagaba ca moeda de ouro. E nós preguntámoslle se a seguía tendo pero ela díxonos que non. Entón tan só [...]

O PEQUENO GRAN TESOURO(2)

febrero 25, 2013 by ANECDOTAS No Comments

Xa quedaba tan só un mes para volver á escola e estabamos tan incómodos polo que pasou que o seguinte día volvemos ir ás nove da noite á casa abandonada. Nada mais chegar vimos a un home cunha carapucha que parecía que tiña dúas cabezas! O home levava consigo a mesma caixa que tiña as moedas de ouro, e nós perseguímolo pero meteuse nun coche vermello moi rápido. Nós pensamos que cada día nacía alí unha caixa con moedas de ouro cada noite e que ese home con dúas cabezas collíaa sempre, pero todos sabiamos que non era posible. Entón fomos a durmir ás nnosas casa. Pero eu soñara que o home con dúas cabezas, á seguinte noite collería un coitelo e mataríanos a todos. E cando volvimos á casa abandonada conteillo aos meus amigo e colleron moito medo.  

O TESOURO DUN DRAGÓN

febrero 25, 2013 by ANECDOTAS 2 Comments

  Todo comenzuo un venres cando  estaba facendo os deberes para ter toda a fin de semana libre, de súpeto diante de min apareceu un dragón vermello, enorme, non sei como cabía dentro da miña habitación e preguntoume se lle axudaba a contar o seu tesouro. Despois de pensalo un pouco dixenlle que si, nunca vira un tesouro dun dragón, xa que tampouco nunca o vira a el. Cando xa chegaramos a súa guarida, encontreime cunha pequena fada que xa comenxara a contar, e xusto cando cheguei ela dixo que tiña que  marchar que volvería dentro de pouco… Xa levabamos bastante tempo contando, cando apareceu un cazador disposto a  matar ao meu novo amigo… xa se estaba abalanzando sobre el e nese intre regresou a fadiña que se fora facía xa tempo e como viu a situación non dudou  nin un momento en atravesarlle o corazón ao cazador, coa súa [...]

O GRAN PEQUENO TESOURO (1)

febrero 25, 2013 by ANECDOTAS No Comments

Era unha tarde de verán á media noite, cando eu mais miña irmá fomos buscar aos nosos amigos Ismael e Paula. Eu e Ismael fomos xogar ao fútbol, e miña irmá e Marta foron xogar ás nais e aos pais. Ás dez fomos todos xuntos a festa da aldea onde vivíamos, pero sempre era moi aburrida. Ás dez fomos dar un pequeno paseo pola aldea cando de súpeto vimos unha pequeña casa abandonada chea de toxos. Tiñamos moito medo, pero fomos dentro dela. Dentro había unha caixa moi grande, abrímola con medo ao que poidera ter dentro. Dentro había moitísimas moedas de ouro. Collemos unha moeda cada un e foxemos correndo as nosas casas. Ao día seguinte espertamos moi cedo para ir coller mais moedas. Pero a caixa xa non estaba alí, nin ela nin ningún resto dela. Nós pensamos que poidera ser unha persoa que se dira conta de [...]

AS LEIS DOS ANTIGOS CAP.3 NO CASTELO

febrero 25, 2013 by LITERARIO 1 Comment

O Vello dirixiuse ao castelo. Ao chegar diante das imensas portas negras, levantou o bastón e estas abríronse de imediato, deixando ao Vello pasar.  Dentro do castelo ó esperaban uns soldados con unha armadura negra e ollos vermellos. Estes fixeron unha fila a cada parte, uns a dereita e outros a esquerda. Ián arodillándose a medisa que o Vello pasaba. Ao final da fila, no medio había un trono xigante feito de rubí con remates en marfil. O Home sentouse nel e golpeou o chán co bastón. De súpeto unhas anorchas prenderon con lume verde. A escuridade desfíxose e os soldados desapareceron. O Vello deixou caer a cabeza e comenzou a descansar. Na súa mente, millóns de imaxes e ideas lle venían a cabeza. Non, non eran ideas positivas nin imaxes agradables. Eran de guerra e ideas destructivas. Apretou o bastón con forza e levantou a cabeza abrindo fortemente os [...]

A MÁXICA VIDA DE PERLA (9)

febrero 25, 2013 by LITERARIO No Comments

De súpeto, deuse de conta de que alí metida non faría nada. Colleu a navalla e forzou a pechadura para saír. Cando estaba fóra oíu a o garda e entrou correndo na celda outra vez. O garda entrou e sentou na mesa. Sen deixar de mirar a Perla e cun medio sorriso na cara apretou un botón baixo a mesa. El creía que non o vira Perla pero ela o víu todo. Un cacho despois marchou e  ordenador de Perla soou. Colleuno e líu a mensaxe. Esta dicía: 3. Descobre a onde ir grazas ó código. A 1ª LETRA DO ABECEDARIO O 1 E ASÍ SUCESIVAMENTE.  O CÓDIGO É: 1 – 12 – 3 – 1 – 14 – 21 – 1 – 19 – 1 – 12 – 12 – 1 Imposible! Non o daba creído. ALCANTARILLA! Puaj!! Repulsivo.

MICROFICCIÓN (2)

febrero 24, 2013 by ANECDOTAS, ANIMAIS No Comments

Era xoves, estabamos toda a familia no zoo, meus tíos, primos etc… Todos tíñamos moitas gañas de ver aos animais, a min o que gustábame máis era o oso, tiña moita ilusión por velo. Entón cando chegamos xunto aos osos dinlle uns amorodos.

MICROFICCIÓN (1)

febrero 24, 2013 by ANECDOTAS No Comments

Todo comezou a mañá do sábado, eran as dez e media e miña nai ergueume para estudar porque tiña 3 exames a semana que viña. O luns tiñao de ciencias sociais, o martes de ciencias naturáis e o mércores de matemáticas. Cando remateis de estudar pedinlle a miña nai o almorzo, ela fíxomo. Cando rematei de tomalo díxenlle á miña nai, grazas.