EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

OS DENTISTAS

marzo 31, 2013 by ASÍ SON EU 2 Comments

Os dentistas son unha especie de medico dos dentes como o oculista e o médico dos ollos.Pero os primeiros danme con diferencia mais medo ca os oculistas. Non me fai ningunha graza ver un home serio escarvando cun garfiño na miña boca,ou o taladriño ese que fai un ruido moi desagradable. Eu levo aparato, e non me fai ningún chiste,porque cada mes teño que facerme unha revisión,nesa revisión aprétame os brackets e ponme uns ferros novos,pero o que mais odio de todo e cando ten que axustar os  ferros.Nesa operación o dentista méteme unhas pinzas na boca e corta os ferros na medida xusta. En xeneral eu vexo aos dentistas coma xente extraña,se eu fose dentista non lles diría aos nenos que lavasen os dentes senon todo o contrario,diríalles que comeran chucherias todo o día ou que senon morrian. Eu creo que os cromañóns tiveron que pasalo moi mal cós [...]

AS MIÑAS VACACIÓNS EN ANDORRA (2:A NEVE)

marzo 31, 2013 by ANECDOTAS No Comments

Ir a Andorra en inverno significa que seguro que vas ver unha cousa: neve. Nos non fomos a excepción e o domingo pisámola por primeira vez. Todos estabamos felices de haber chegado por fin a onde todos queríamos,e media hora despois comezaron as clases. A maioria da xente elixiu facer ski porque e mais facil que o snowboard pero uns vintecinco do grupo eliximos o segundo. Debo recoñecer que moitas veces cando caía, sentía ganas de quedar ali tirado,descansando.Os primeiros días foron mais que nada repetitivos,eran todo caidas e golpes.Vou darme o luxo de darvos dous consellos fundamentais para facer snowboard. 1-Ti controlas a taboa,non ó reves. 2-Se non es capaz de aplicar o consello número 1 polo menos pon as máns. Eu comecei a disfrutar o deporte mais o menos ó terceiro día de clase dado que xa podía moverme con unha certa soltura polas diversas pistas. A maior parte [...]

A TRADICIÓN EN GALICIA(5)

marzo 31, 2013 by VARIOS No Comments

4- “Artesanía de Galicia” En Galicia hai moitos oficios artesáns. Os productos da artesanía galega son moy variados. Unha das artesanías máis antigas son os encaxe de Camariñas, que son encaxes que se fan con bolillos. Son moi apreciados polo traballo que levan confecionalos. Outra tradición é a cerámica da fábrica de Sargadelos. A cerámica do barro de Buño realizadas por oleiros que traballan o barro cas súas mans e despois o cocen e o pintan. A xoiería é unha tradición en Galicia, sobre todo os traballos dos orfebres compostelanos que usan a plata e o azabache. A cestería tamén é típica en Galicia, antigamente a usaban os campesiños no campo e actualmente se usa como decoración. Vivimos nuha terra chea de tradicións artesáns.

A TRADICIÓN EN GALICIA(4)

marzo 31, 2013 by VARIOS No Comments

3- “Traxe rexional galego” O traxe rexional gallego agora utilízase para actos folclóricos. Esta vestimenta usábana os campesiños. Tiñan dous traxes, un para as tarefas de cada día e outro para as festas. As mulleres usaban unha falda larga que soe ser vermella con unhas cintas negra, unha enagua branca e unhas medias negras. Por encima de todo isto colócase un mandil negro. Na parte superior usaban unha blusa blanca con un corpiño ou chaleco e encima unha especie de capa que se chama dengue que vai decorado con avalorios negros. Os zapatos son negros ou poden usar zocos de madeira. Na cabeza soían levar un pano de cores ou unha cofia branca. Os homes levaban unha camisa blanca con un chaleco negro, pantalón e polainas negras que cubren a parte  de arriba do zapato. Na cabeza soen levar a monteira que despois se sustituio polo sombreiro. Rodeando la cintura [...]

A MÁXICA VIDA DE PERLA (12)

marzo 31, 2013 by LITERARIO No Comments

Perla señaloulle a alcantarilla coa mirada. Miguel apampado tragou saliva, acariñou o pelo como de costume e dixo: – Xa vou eu primeiro, ou queres ir ti? -Non, non, vai que a min tanto me ten. Miguel deu un paso, outro, outro, abríu a tapa que daba lugar ás escaleiras e comenzou a baixar. Logo del pasou Perla. Ó chegaren abaixo Perla sacou da mochila o portatil e mirou se na mensaxe puxeran algo máis cao lugar. Como non era así volvíuno gardar e foi poñerse a mochila cando Miguel, moi agarimoso, ofreceulle levala el. Tras un anaco insistindo Perla cedeulla. Ambos os dous comezaron a buscar polo chan, o teito e o regato que pasaba pero non atoparon nada. Indo un pouco cara diante Miguel atopou unha pedriña que brillaba moito. Levantouna e deibaixo… “O sobre!” gritou. Perla comenzou a correr tras del e… PUM! Tropezou pero, Miguel colleuna [...]

A MÁXICA VIDA DE PERLA (SEGREDO)

marzo 31, 2013 by LITERARIO No Comments

Hai algo que ninguén neste mundo sabe. Só el. Algo que ninguén pode imaxinar pero así é. Miguel ten un segredo, algo oculto que vouvos contar como estra pero que vos non podedes dicir. Aí vai. Miguel está namorado. Namorado de alguén. Dunha rapaza da súa clase. Tiña o pelo castaño igual cós ollos. Tiña un ano menos ca el e xa se coñecía de facía tempo. Ela levávase moi ben con el e el con ela. Pasaban moito tempo xuntos. Era difícil imaxinalo pero el queríaa. Quen é? Pensadeo ben, é sinxelo. É ela, Perla. Un namorado do outro. Ela non sabía que el queríaa pero, el tampouco sabía que ela queríao. Non tardarán moito en sabelo e en teren valor para contarllo ó outro.

A MÁXICA VIDA DE PERLA (11)

marzo 31, 2013 by LITERARIO No Comments

- Ola! Que tal? Cacho susto non? – dixo el rindo – Perdoa. Xa estou aquí! Que querías? – Haber que me lío. Ola! Ben, e ti? Un bo susto pero estás ben non? Si, xa te vexo. Eu? Eu non quería nada. Por que o dis? Creo que xa contestei a todo – dixo ela rindo. – Si, si o fixeches. Digoo polo da mensaxe. Se non querías nada, por que me pediches que viñera? – Eu non che pedín tal! Levo moito sen verte. Tampouco che mandei unha mensaxe! De que falas? – Haber que nos liamos. Onte recibín unha mensaxe túa no móbil na que, moi estresadiña, decíasme que viñera hoxe aquí. Por iso vin. – Ah! Xa sei. Haber… non é doado de explicar. Onte recibín unha mesaxe no ordenador que falaba dos meus pais e de que ocorrera. Contaba que se quería volver a velos [...]

ELISA (3)

marzo 30, 2013 by LITERARIO No Comments

Miriam levaba consigo as súas amigas. Non tiñan cara de moitos amigos, con que, preocupeime. Sabía que me ía dicir algo sobre Marcos, coma por exemplo que o deixara en paz que era seu ou cosas así. Cando chegaron onda min, Miriam adelantouse. Na súa cara delatábase a envexa e podíase ler todo o que me quería dicir. Con que adianteime ás súas palabras e díxenlle: – Se ves dicirme que deixe ó teu mozo en paz, tranquila, que só imos facer un traballo xuntos, non teño pensado robarcho nin nada. Só é un traballo. E antes de que poidera dicir nada, marchei da porta principal e fun andando para a miña casa. De camino a miña casa, comezou a chover. Aínda me quedaba un bo anaco para chegar e estaba chovendo moitísimo asi que decidín refuxiarme nun parque que estaba preto de onde estaba. O que non me imaxinara [...]

OS LOBOS ASESINOS (C2)

marzo 30, 2013 by LITERARIO No Comments

Cando baixei do telesilla, volvín o lugar onde vin as gotas de sangue, facendo un pequeno fora de pista cheguei ata o lugar dos feitos. Tras botarlle unha ollada o sangue descubrín que as gotas de sangue formaban as inicias de todos os desaparecidos, cinco letras en total. Pero quedei pensando un intre quen podía ser o autor disto. Non era probable que foran crimes ou asesinatos ou desaparicións que non estiveran relacionadas dalgunha forma. Seguín buscando por aquela zona haber se encontraba algunha pista máis pero non había nada máis que aquel sangue tirado polo chan. Como non encontrei nada fun preguntar a dirección da estación se tiñan algunha información sobre as desaparicións. Cando chegei a zona das cafeterías topei co director do parque e pregunteille se sabía algo ou tiña algún tipo de información sobre as desaparicións… CONTINUARÁ

NON MIRES ATRÁS (II)

marzo 29, 2013 by LITERARIO No Comments

Resulta que a persoa que estaba detrás miña era a miña irmá maior. Non tiña cara de que lle gustara moito que eu estivera a estas horas só fóra. – Carlos, queres dicirme que fas ti aquí só? -preguntoume. Que facía? Non me ía crer se lle decía que secuestraran ó noso can. Ía a intentalo pero xa me interrumpiu impacente dunha resposta: – Estou esperando señorito. Tomei aire, collina da man e leveina ata onde estaba por última vez o can. Ó lado da súa caseta encóntrabase o seu collar cunhas pinguiñas de sangue. A cara da miña irmá de repente quedou dun color branquecino. – Boby estaba ladrando moito esta noite, parecía preocupado por algo que estaba acontecendo. Eu mandeille calar para que non os espertase pero non me fixo caso así que decidín baixar onda el para calmalo pero cando estaba na túa planta parou de ladrar [...]