EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

UNHA TARDE NA FEIRA

abril 30, 2013 by ANECDOTAS No Comments

Era unha mañá moi sollía de setembro. Eu quedara para ir coa miña nai á feira e mercar algunhas cousas, e, de paso, para subir nas atraccións e divertirme un anaco. Ela non estaba moi a favor disto, porque lle daban moito medo as atraccións, pero como eu non a obrigaba a subir comigo, deixábame ir. Ás sete e media da mañá saímos da casa e puxemos rumbo cara á feira. O camiño non era moi longo, pero estaba moi escuro a esas horas da mañá e nos tiñamos moito medo. A miña nai levaba consigo unha bolsa de mimbre para gardar as cousas e eu levaba un bolso, para gardar os cartos. Ás oito estabamos alí. Había moitísima xente, que se amoreaba arredor das atraccións, das tendas que facían ofertas… A miña nai foi rapidamente á tenda que tiña menos xente, que era na que adoitabamos comprar. Alí sempre [...]

RALF, O BRUXO(2)

abril 30, 2013 by LITERARIO 3 Comments

Abrín a porta e alí estaba ela… Petronila, a miña antepasada, en carne e óso. Quedei abraiado, non podía ser verdade, pero non estaba morta?! Oín que as bruxas máis expertas podían vivir eternamente pero… porque estaba aquí? Non será para ver o seu neto, se ven para iso, podería haber vido cando era un neno e a necesitaba, agora con dezaseta anos non me fai falta, o tal vez si? -Ralf, se pode saber o que estas facendo?! Coa túa maxia tan chapuceira estou quedando en ridiículo diante da Gran Asamblea-  díxomo cunha voz dulce aínda que angustiada. -Estou empazando na maxia! Fago todo o que podo!  Ademáis ti que fas aquí? Non estabas morta? – Ja, unha bruxa tan poderosa coma eu, morta?…non me fagas rir… Ti serás o meu aprendiz queiras ou non!, estarei contigo as vinte e catro horas so día, sen escepción do instituto… e dame [...]

O ORFANATO…(15)

abril 29, 2013 by LITERARIO No Comments

Comezamos a abrir a carpeta con moito coidado. Non sabiamos o que tiña no seu interior, pero estabamos desexando sabelo. Lima tremía; eu notábao nas súas pernas, pero coido que a ela tamén lle pasaba o mesmo comigo, porque me miraba con cara estraña. – Lima, tes medo? – Sempre coa mesma pregunta… – Pero telo? – Cambia un pouco de tema, que xa aburres…! – Vale, mellor falamos dos teus amoríos inexistentes… – Non, dese tema tampouco! – Por que nunca me contas nada dos teus mozos? – Porque non existen, quédache claro?! – Se che digo a verdade, iso paréceme imposible! – Dáme igual! – Mira, mellor vamos abrir a carpeta, e así deixamos de discutir! A carpeta estaba aberta. Eu non me atrevía a meter a man; estaba paralizada! Pero, sacando o valor das mesmas entrañas, conseguín metela e sacar os datos alí contidos. Para a nosa [...]

LIBROS? MELLOR UN E-BOOK

abril 29, 2013 by IDEAS 1 Comment

Por que a día de hoxe , cos adiantos que temos o noso alcance , e co involucrados que estamos todos na informática? como é que a ninguén se lle ocorre facer tódolos libros das asignaturas que temos en edición dixital? A verdade é que se nos paramos a pensar ten moito máis sentido que che deran un e-book, ademais aforrarías moito máis papel e este dispositivo serviríache para cursos superiores. Tamén esta o concepto de que somos atraídos polas novas tecnoloxías, a min por exemplo, se teño que ler un libro en papel, dame moita pereza, en cambio se é un e-book, cámbiache o conto! Sería un aforro de cartos e recursos naturais, por non falar de que probablemente non precisaríamos nin de mochilas nin lapis nin de bolígrafo, todo se faría coas novas tecnoloxías. O incrible é que din que non se poden permitir iso, pero o que [...]

O VERÁN

abril 29, 2013 by IDEAS No Comments

O verán é una época que todo o mundo espera con impaciencia. Aínda coma se tes que traballar ou non, o verán é sinal de alegría, de bo tempo, é a única etapa que verdadeiramente se pode disfrutar. Eu divídoo en tres etapas, cada una moi diferente á outra. A primeira etapa é a de desperdicio: aquí é cando non facemos nada de  verdadeira interese e desaproveitámolos primeiros días. A segunda é a de infinita diversión: nesa etapa xa comezamos a darnos conta de que comezou o verán, estamos cós amigos, vamos á, praia aproveitámolo día… Finalmente encontrámonos coa etapa de lamentación: preguntámonos por que o verán foi tan pouco duradeiro, as cousas que non fixemos etc. E tamén  nos pode pasar que teñamos depresión pos vacacional, botamos de menos as vacacións e estamos moi angustiados e deprimidos. A todo isto eu opino, por que non é verán xa!

POR QUE AS MULLERES VAN DE COMPRAS ?

abril 29, 2013 by IDEAS 1 Comment

Moitos homes preguntáronse alguna vez na súa vida, por que as mulleres van de compras dun modo tan “relaxado”. Por exemplo, se din que van a ir a Bershka, o que fan é pasarse oito horas en tódalas tendas , e cando xa é hora de irse, van a Bershka. O peor de todo é que ti levaríalas bolsas, a todo isto , sabedes que é o home percheiro? O home percheiro é, o “utensilio”, que suxeita a roupa, e ademais tes que dicir como lle quedan os vestidos. Ó final a ela daralle igual o que penses ti e elixirao todo. Amigo eu non entendo ás mulleres, pero eu sei que cando levan moitas cousas, valas ter que pagar todas ti !

SERES ELEMENTAIS(TRASNOS)

abril 29, 2013 by ANECDOTAS, ANIMAIS, IDEAS No Comments

É difícil de explicar ou falar sobre seres que non son espíritus, nin anxos, nin humanos pero que, sin embargo, teñen algo de todos eles e máis. Son os espíritus da natureza cen por cen, os Trasnos. Estes seres falan, ríense, son prudentes, pobres, ricos, virtuosos e viciosos, puros e impuros. Son a imaxe groseira de nós; hoxe diríamos políticamente incorrectos. Os Trasnos moran no Máxico Mundo das Fadas e a pesares de que o home ten causados moitos estragos na natureza obrigándolles a agacharse nos bosques, moitos de eles conviven aínda con agrado con humáns. Para esto só temos que amar o medio natural qur nos rodea. Hai moitos tipos pero vamos a comentar os máis abundantes: Os trasnos domésticos, viven no interior das casas e nos arredores de elas, teñen uns 50 cm de alto e saen polas noites para divertirse a costa dos durmintes, aunque algúns, lles [...]

AUTOBIOGRAFIA

abril 29, 2013 by ANECDOTAS, ASÍ SON EU No Comments

    Sempre me gustou non parar quieto, choutar e andar polas árbores e dende que era pequeno miña avoa dime que son como era ela: unha cabra. E onde vai vivir unha cabra? No campo. Vivo nunha casa de campo en Fortesende, e ben acompañado que estou, ca miña cadela: Brisca, os catro gatos:Billy, Moira, Pilla e Onyx. Meu pai e mais miña nai. Sempre me din que me parezo ao meu pai no físico: longueirón, alto e que roe, roe e roe pero non engorda. E no carácter a miña nai; un pouco fugillas.   E, entre todas as cousas que fago, vouvos contar  as máis importantes. O body; as praias que máis frecuento son; Barrañan e Caión. As miñas favoritas son  Pantín, Fisterra e Patos. Tamén monto a cabalo: levo oito anos montando, pero non nunha hípica cursi con fusta dando voltas, non, eu onde monto e casi [...]

O ROUBO

abril 29, 2013 by ANECDOTAS, IDEAS, LITERARIO No Comments

   Éramos os tres de sempre Lucho que traballaba de carniceiro, Carmen que era electricista e mais eu que estaba no paro. Lucho fixera unha reunión dos vellos amigos, pois para ver que tal estabamos, e para falar do noso outro negocio, o roubo. Lucho o tiña todo preparado: que banco ibamos e como o íamos facer , nos dixo que tiña un par de contactos nas vegas e tamén nos dixo , que dentro de tres días, daríamos o maior golpe a nosa vida. Esos tres días pasaran moi rápido e xa estabámos collendo o avión.   Durante o voo fumos repasando o plan: un conocido de Lucho ía a ingresar unha cantidade de diñeito bastante grande no banco, e como toda boa cantidade íase meter na caixa forte. Na caixa do diñeiro tiñame que meter eu (como sempre eu o máis difícil) xa dentro tiña que saír da [...]

AS LEMBRANZAS DE ALICIA (1)

abril 29, 2013 by IDEAS No Comments

- Aaaaah… -Alicia? -Espertei, estaba completamente empapada en suor. -Alicia, que che pasa? Que é o que soñaches desta vez? – Mamá, xa sei que teño pesadillas moi amenudo, e que ningunha das cousas que soño é certa, pero desta vez si. Ocorreu en realidade. – Aver cóntame… – Antonte, cando viña do colexio, cruceime cun home alto, flacucho e de barba larga que cheiraba moito a tabaco. Miroume de reollo e díxome que me apartara se non quería levar un sopapo. Eu quedei branca, estaba morta de medo e botei a correr ata chegar á casa. Ao día seguinte, volvinme a cruzar con él, pero desta vez ao velo cambieime de beirarrúa, xa que esa ocupábaa toda o home, que do borracho que ía andaba tambaleándose dun lado cara outro. Desimuladamente votei a correr ata a miña casa. Ao chegar vin unha sombra que saía do garaxe, achegueime e [...]