RALF, O BRUXO (4)
Desperteime cun ruido que viña do piso de abaixo… Salín as gatas da miña habitación, e vin unha luz na sala de estar. Acerqueime despaciño para poder escoitar mellor a conversación que tiñan os meus pais con Petronila… – O enemigo está cada vez máis cerca, leva moitos anos preparando a súa venganza, é máis forte, máis cruel, máis efectivo… temos que ter coidado.-dixo a miña antepasada. – Iso é certo…, pero ata que Ralf non este preparado para a batalla, non podemos atacar… recorda o que dixeron no consello, só el conseguira vencer.- susurrou a miña nai. – Pero se cada vez que inteto ensinarlle algo escapa, n0n facemos nada, e acabaran destruíndonos.- dixo con voz trémula Petronila. Fun correndo cara a miña habitación e pusenme a estudar o que me enrtraba no exame de sociais que tiña pola mañá… LUNS Petronila transformouse nun brazalete e viu [...]