EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

O MES 13 (IV)

noviembre 24, 2013 by LITERARIO No Comments

Meu tío estaba ferido; aínda que sobrevivira ao mortífero ataque das águias. Non podemos con elas; repetía o meu tío, traumatizado polo frenético momento que estaba a pasar. Algo golpeoume e caeu sobre o meu tío. A aguia atopa o machado e, lentamente, con coidado de non pisar a arma, achégase a nós. A águia fixérame unha profunda ferida na testa. A ave que nos atacou tiña algo especial; os seus ollos brilaban de furia; as chamas rodeábamos. Só estábamos ela e eu, a cidade xa non existía. As súas afiadas garras non me producían medo. Ela fitouse sobre min e eu, cun terror incalculable despois de mirarlle ós ollos, saquei forzas para poñerlle o machado preto da súa testa e…

O MES 13(III)

noviembre 23, 2013 by LITERARIO No Comments

As persoas ao ver o lume colleron unhas teas e prendéronlle lume e, con elas mataron á maioría das perversas e xigantes aves. Eu, pola miña parte, tamén tiven tempo para golpear na caluga a una das aves, que, por certo, parecía tela de ferro. Mentres o seu corpo ardía nun torbellino de lume e chamas, souben o que era o terror, xa que as aves voaban cubertas de lume. Agora atacaban máis violentamente e sen piedade, se é que antes tiñan alguna. A varia xente crabábanlle as garras no peito e sacándolles o seu latente corazón. Marcháronse voando coas víctimas; como se unha columna de fume voara pola cidade. Nese mismo instante vin a… CONTINUARÁ…

O MES 13 (II)

noviembre 23, 2013 by VARIOS No Comments

Cando o meu tío chegou, vin que tiña moitas feridas e ía cun machado. Eu vestinme  rapidamente , xa que o emu tío díxerame que na casa non estábamos moi seguros.  Entón, un camión derrubou a casa. No pobo todo era un caos, unhas aguias asasinas collían ás persoas e tamén aos coches e logo os tiraban. Meu tío e máis eu mesturámonos coa xente, cando una aguia atacoume co seu afiado pico e as súas mortais garras, e vin  que tiña os ollos baleiros; pero meu tío rompeu ese momento máxico matando á aguia co machado. As persoas loitaban  contra as águias que se escondían na néboa escura e lúgubre. Unha desas mortíferas aves atacou ao meu tío; e desapareceu. Eu collín un chisqueiro e tireino á herba para despistar ás aves… CONTINUARÁ.

O MES 13

noviembre 23, 2013 by LITERARIO No Comments

O primeiro deste mes eu fun pasar as vacacións na casa do meu tío para celebrar o meu fin de carreira. Cheguei a casa do meu tío cando vin moita xente nas rúas. Aparecerán trece persoas mortas; ás demais persoas preguntei que lles pasara. As persoas, cun medo moi profundo nos seus ollos dixéronme que a esas 13 persoas mortas atacáranlles unhas águias asasinas… O meu tío estívome agardando ata que ao final cheguei; xa ben entrada a noite. Funme  para a cama. O meu tío díxome que ía sair esa noite a facer un recadiño; pero eu non puiden evitalo; quedeime dormido, aínda que con moitos e terroríficos pesadelos.

O neno que morreu na fraga

noviembre 21, 2013 by LITERARIO No Comments

Érase unha vez preto de Dumbria, nunha aldea no medio do monte, vivia un rapaz chamado Antón. Antón tiña sempre ganas de xogar e facerlles bromas pesadas aos seus amigos .Por exemplo: poñíalles trampas para que caesen en buratos ou para que caesen no rio.Un dia os seus amigos reunironse para pensar unha broma para que escarmentara e non lles volvera a gastar ningunha mais.Un venres pola noite dixeranlle que iban ir a casa dunha vella que tiña fama de ser unha meiga que podia converter os rapaces en porcos, e despois matábaos para comelos.A idea dos seus amigos era que anton se perdera polo camiño, donde habia unha fraga moi grande, pero ao final decidiron entre todos ir asta a casa da vella.Cando chegaron petaron á porta, abriulles unha señora moi fea, e dixolles que xa que era noite pasaran a tomar algo e a colleren calor ao carón do lume. Eles aceptaron. Ela [...]

Terror no soto.

Era unha escura noite de inverno, María estaba con Carla na súa casa. Estaban soas, pois os pais de Carla foran ó enterro de seu avó en Mallorca. Pola noite viron unha película de medo, que as asustou moito. Cando andaban a cerrar as portas con chave déronse conta de que a porta do soto estaba aberta. Fórona pechar e despois seguiron cerrando portas e ventás. Cando remataron sentiron un fortísimo ruído e unha ráfaga de vento tirou uns papeis que había no salón. Como podía ser? Se o pecharan todo… O ruído proviña do soto así que alí foron. Cando chegaron a porta estaba aberta, a mesma porta que minutos antes pecharan con chave. Decidiron pechala outra vez e poñerlle unha mesa diante para que o vento non a volvese a abrir. María sospeitaba que Carla a quería asustar, e Carla pensaba que era María a culpable daquel extrano [...]

Mirade,mirade 2

noviembre 18, 2013 by VARIOS No Comments

Este vidio gustoume e quero ensinalo.Espero que lles guste

MEMORIAS DUN PILOTO

noviembre 18, 2013 by LITERARIO, VARIOS No Comments

Xa van vinte anos dende que ocurriu. Pero este recordo segue na miña memoria e seguirá sempre.  Naqueles tempos eu aínda era o piloto da miña avioneta. E dicir, antes que estalara. Era un martes trece, non sei se foi unha coincidencia ou  se foi cousa do destino, pero pasou. Estaba sobrevoando coa miña avioneta Francia, xa pasara París. Notei que tiña algo detrás. Pensei que seria unha nube de tormenta e pensei en aterrizar. Pero xa estaba sobre o mar. Nese intre oín un zumbido. E todo empezou. Tres pasaronme por riba. O sol xa se ocultara. Seguín largo rato a miña viaxe. A simple vista semellaban avións, pero eran algo mais. Unha luz fluorescente cubríaos. Acerqueime. Quedeime abraiado. Aqueles avións só os pilotaban na primeira guerra mundial (son un experto en avións). Un deles estaba pilotado por un militar. Caeu un raio e iluminou todo o ceo. Entón [...]

APUALA~1

Medo

Todo empezou unha noite  de inverno, cando Paula quedou sola na súa casa porque os seus pais foran a unha reunión. A ela non era que lle gustase quedar sola na casa, e menos de noite porque lle daba un pouco de medo. Estaba na súa habitación lendo un libro cando de repente escoitou a un gatiño, a Paula encantabanlle os animais, entón saiu a fora a ver o gato pero non viu nada, cada vez tiña mais medo, enton sentiu unha man no seu hombro, asustada deuse a volta e era o seu veciño que lle preguntou: -Paula, que fas a estas horas desperta? Ela temblando contestoulle : -Nada é que escoitei uns ruidos, pero xa vou agora para a casa, boas noites! Cada un foise para a súa casa, cando chegou a casa encontrouse unha nota na nevera, que dicia “Mañá a esta mesma hora quero verte na praza Central, coma [...]

Historia de medo

noviembre 17, 2013 by VARIOS No Comments

Saín de clase e mentres ía polo corredor vin unha sombra que ía dun lado a outro, pero, non era a primeira vez. Desde que vin esa película coa miña amiga… Non paran estas cousas tan extrañas! Ben, comezo desde o principio. Era unha tarde de inverno, eran as seis da tarde e xa estaba oscurecendo. Eu non paraba! Estaba moi nerviosa, ía a casa da miña amiga a celebrar o Halloween, íamos a ver unha peli de medo e logo estaríamos toda a noite falando. Chegaron as 8:00, por fin! Xa rea hora de marchar para a súa casa. Collín as miñas cousas, dinlle un bico a os meus pais e marchei. Mentres ía para a súa casa pareciume ver en coche negro seguíndome, pero, non lle din importancia. Cando cheguei a súa casa o coche negro xa non estaba (o iso cría), chamei ao timbre e Candela abriume [...]