EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

columpio

febrero 28, 2014 by VARIOS No Comments

Perderse esa sensación de poder chegar as nubes e non sentir nada, só o aire tocando o teu corpo , pechar os ollos e que che entre unha sensación de felicidade e medo, un formigueo na barriga, sentir que podes deixalo todo e voar ; pouco a pouco perdes esa ilusión, pero eu non, non a perderei, non serei un deses adultos sen soños, sempre terei unha meta que alanzar como no bambán: desexas chegar ao máis alto, ata o ceo. E así saber que valeu a pena esforzarse ou simplemente mover as pernas para balancearte, máis e subir, chegar alto coma un rañaceos que non derrubarán nunca porque ninguén chegou tan alto. Por que os adultos perden esa sensación tan bonita que produce o bambán ? Esa perfección que dura o que queiras, ata que te esgote e deixes de balancearte ata estar case quieto,coma cando estabas triste, subías [...]

Para a miña amiga Xulia

Hoxe quero pedirlle perdón a unha nena da miña clase chamada Xulia, que pese a todas as nosas disputas con temas de cantantes é a miña amiga, e quérolle pese a que é unha testuda e se se lle mete algo na cabeza non hai quen llo quite jajajaja. Dedícolle estes temas que tanto lle gustan (os dous por igual jajaja): www.youtube.com/watch?v=W-TE_Ys4iwM QUÉROTE TESTANA!!!

Pececiño de cores

Oh, pececiño de cores, morreches á semana de chegar, nun leito de flores, non tiven tempo de reaccionar. Pedín a devolución, esen ningunha reacción, no medio da miña dor, tomei unha decisión. Volvín a miña casa, co meu novo loro, e coas mans na masa, pilleite cantando a coro. Oh, pececiño de cores, díxenche : nunca morrerás pero atopei os mellores sabores cegándome a aguarrás.

Carta para Luis Fernandez

febrero 12, 2014 by VARIOS No Comments

Es un grande; es o mellor dianteiro de depor, mellor que o paquete de Baston e que o grandullon de Toché. Non es o maximo goleador , pero si un campeon loitador, loitando polo posto ata o final o final . Se segues a si claro que o ganaras. Ese dorsal numero 24 non ten moita historia, pero ti fixo que lla das. Para o meu idolo.

Carta de amor

febrero 12, 2014 by VARIOS No Comments

Só mirar as súas fotos bástame, cando as miro, a súa mirada azul coma o mar pero á vez fría coma o vento éncheme de ledicia pero á vez de amargura por pensar que tal vez o vexa sómente unha vez ao ano. Pode que non espere toda a miña vida pero si podo esperar un tempo. El non me coñece pero eu si o coñezo a el. Xa que se pode soñar, por que non facelo ao grande? Cando todo está en silencio soño con abrazarte, con falarche, soño con tantas cousas…, que cando esperto só consigo lembrarme dalgunhas. Apénome cando estás triste,alégrome cando estás ledo e cando me miras non sei se estou alegre ou triste por iso decido berrar. Cando cantas opto polas tres opcións. E tomándoo polo lado positivo non coñecerte está ben porque nunca podrás alonxerte de min. Mentres eu quera sempre estarás aquí.

Suicidio.&quot

febrero 8, 2014 by LITERARIO No Comments

Esta é a historia dun horror que lle ocurreu a un tal Xavier e o seu irmán Nicolás: Era o ano 2009. Nicolás acababa de ter unha Wii polo seu cumpleanos. Foi unha Wii Negra, que era a Wii da cor que tanto quería. Tiña tamén un xogo chamado Mario Kart Wii. Xavier se acordou de xogar que cando era máis pequeno na SNES, excepto que non tiña la Wii ao final. xogaron durante horas ata que Nicolas se desmaiou.Súa nai dixolle que podía quedarse ata a medianoite. Deuse a volta fora da Wii e a levou a Nicolás de arriba. Xavier non podía axudarse a sí mesmo. Lle dispararon ata a Wii, unha vez máis e xogou Mario Kart. Cando chegou Xavier ao menú principal, a pantalla cheouse coas cores invertidas, no lugar das habituais. Unha versión máis lenta do tema de Mario Kart Wii xogasé no fondo.Invertesé tamén [...]