EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

A muller

octubre 19, 2016 by VARIOS No Comments

Era unha tarde de outono, unha desas tardes grises, que parece que vai chover: pero sò queda iso en parecer. Soou telefono eran os meus amigos que me preguntaban se quería baixa a dar unha volta; non tiña moitas ganas pero tampouco me apetecía quedar na casa e fun e dixenlles que si. Ao momento encontramos no parque. Alí botamos pouco tempo, pois como tiñamos medo a que chovera marchamos. Fomos ría abaixo, xa que levabamos un anaco andando. Cando empezaran a caer unhas pingueiras gordas, todos botamos a correr, e, de pronto, Xan parou e dixonos, vide e imos abrigarnos nesa casa abandonada. Todos botamos a correr, pois non queriamos mollarnos. Pero entrar na casa xa era outra cousa. Ninguén se atrevía a ser o primeiro. Xan, coma sempre foi o que tomou a iniciativa, e todos of seguimos. A casa era vella, e ainda con servaba todos os [...]