EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Unha noite para recordar. (Estela Varela Souto 1º E ESO). Certame Medo me dás!

Fai moito, moito tempo, una rapaza chamada Amadora, tíñalle moito medo ao Samaín. Ía ao colexio Sacho Sanguento, onde había un carreiro de casas adornadas que daban saída ao colexio. As casas tiñan todo o que tiñan que ter: cabazas, teas de araña, cascudas, corazóns, brazos, pernas, esqueletos, pantasmas, vampiros, morcegos, caveiras, gatos negros, ollos, dedos, momias, zombis, monstros, bruxas, demos, lápidas, etc. Amadora tíñalles moito pánico a esas cousas de medo, porque non lle gustaba o Samaín, polo que ao pasar por diante das casas custoulle un montón. Tiña que pasar por alí, si ou si. A pequeña choraba e corría. Amadora, tiña tres irmáns aos que lles encantaba o Samaín. Amadora era a máis pequeña dos catro, e a única nena da súa familia, é que nin primas tiña, só primos, que triste! Cando chegou ao colexio Sacho Sanguento, de súpeto deixou de chorar e deulle una aperta [...]

A CASA DO BOSQUE (Lucía Méndez Carracedo 4º C ESO) Certame MEDO ME DÁS! 2017-18

Hai uns anos, unha rapaza chamada Carme quitouse a vida. Ela atopábase na súa habitación e tiña certos problema. No fogar  no que vivía cos seus pais atopábase no medio dun bosque. Co paso do tempo os pais morreron, entón a casa púxose á venda. Ata o día de hoxe ningúen a quería, porque a xente que vivía na vila máis cercana non se atrevía a comprala, xa que se dicía que na casa seguía a alma da rapaza, nin tan sequera ían andar por aqueles camiños que están ao lado. Un día un veciño que pasaba por alí, fixouse que xa non tiña o letreiro da venda. Compráraa un matrimonio cun fillo. Eles non sabían nada do da rapaza. Comezáronse a instalar, o rapaz, Nico, escolleu a súa habitación e xusto era na que Carme suicidara. Cando o rapaz comezou as clases no instituto, algúns compañeiros preguntábanlle: -En que casa [...]