EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

Poema de amor. Alba Suárez Bolón. 4º B ESO.

febrero 19, 2018 by ACTIVIDADES, LITERARIO No Comments

Porque se ti me animabas a recoller rosas, eu enchía as miñas mans de espiñas. Porque se ti me animabas a acariciar as agullas, eu picábame con elas. Porque se ti me animabas a atravesar un edificio en chamas, eu queimaba o meu corpo. Pero nin as rosas son como a seda, nin as agullas como prata, nin o lume simula néboa espesa. Porque as mentiras se as contabas ti a min parecíanme verdade. Alba Suárez Bolón. 4º B ESO.

EDDLG principal

Máis poemas e cartas de amor do alumnado. Podédelas ver tamén en Actividades.

febrero 16, 2018 by ACTIVIDADES, LITERARIO No Comments

Querida mamá: En primeiro lugar, quería darche as grazas por todo o que fas por min e o que fixeches, porque sei que nunca che dou as grazas por nada. Grazas por coidarme e criarme como o fixeches. Grazas pola túa excelencia como nai. Son unha gran persoa, cun corazón enorme coma ti, porque ti fuches a que me ensinou a querer, a coidar os meus, a portarme ben con todo o mundo, a non deixar que unha persoa que sexa mala influencia me magoe a min, a valerme porque, como dis ti, vallo moito, por todo e moito máis. Como cada noite, cando era pequena, levantarte a mirar que me pasaba se choraba, coidarme cando estaba mal, etc.. Moitísimas grazas polo que me compras e por todo o que nos dás a min e ao meu irmán. Grazas por facer o posible para que esteamos ben. Ámote mamá. Arianna [...]

EDDLG principal

Poema de amor. Yago Darriba, Mateo Fuentes e Diego Mota. 4º C ESO

febrero 16, 2018 by ACTIVIDADES, LITERARIO No Comments

O catorce é un bonito día, no que hai que levarlle o almorzo á cama Quen o diría? Pero a muller merece ser tratada como unha dama. Pero non só un día, durante toda a semana, ou mellor, durante toda a vida. Porque ela é a que te coida e quen che dá alegría. Yago Darriba, Mateo Fuentes e Diego Mota. 4º C ESO.

EDDLG principal

Poema de amor. María Sánchez, Sabela Otero e Valeria Liste. 4º C ESO

febrero 10, 2018 by ACTIVIDADES, LITERARIO No Comments

Poema de amor Este poema vai dedicado a ti, a esa persoa que cada día me obriga a camiñar, a que sempre me saca un sorriso en cada lugar. Quero perderme nos lunares das túas costas, levarche o almorzo á cama para verte sorrir como se nada. Es a única persoa que me fai falta para completar a xeografía da miña alma. Encántame apoiarme na almofada sentindo a calor da túa mirada, es o regalo que nunca perdín, o pedazo que non merecín, Quérote… María Sánchez, Sabela Otero e Valeria Liste. 4º C ESO.  

EDDLG principal

Poema de amor. Nerea Pazos, Claudia Veiga, Lucía López. 4º C ESO.

febrero 9, 2018 by ACTIVIDADES, LITERARIO No Comments

Bicábasme con sabor a fresa tan fermoso como a túa beleza. E volvíasme a bicar, pero esta vez no teu fogar. E bicáchesme por última vez, nesta ocasión con moita sinxeleza. Eran os bicos máis fermosos, pero ti eras un raposo. Nerea Pazos, Claudia Veiga, Lucía López. 4. C ESO.    

Querer

febrero 8, 2018 by ACTIVIDADES No Comments

Copa de viño xunto ao meu bolígrafo, folio en branco frente a min, e os meus pensamentos céntranse en ti. E non entendo como de 365 días, só 1 se dedica ao amor. Se eu te quero por igual día si, día tamén. Cun só punto na miña declaración de principios, querer. Querer dende o principio, declarándoche o meu punto fraco. Principal punto polo que desvivir, ata ser un ser i    n     e      r       t         e.

EDDLG principal

Marta Gómez Salza 4º B ESO. Poema de amor.

febrero 7, 2018 by VARIOS No Comments

E de súpeto, miráchesme, con eses ollos tan fermosos e cheos de vida, que resplandecían cada vez que te atopabas preto de min, e cando te acercaches, e sentía o teu respirar, preto dos meus beizos, a punto de rozarse , espertei do meu soño…