EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

RELATO DE MEDO DE UXÍA VECINO CARRO (2º B ESO).

DIARIO DA NENA DEFUNTA Despois de xustamente tres anos da desaparición da rapaza uns nenos encontraron este diario, pero…tamén escoitaron cousas. Estes, co medo no corpo, entregaron o diario no concello da vila. O rumor estendeuse entre os veciños e…conta a lenda que se sobes a aquel monte un venres 13 xamais volverás a casa… 14 de outubro, 1987. Era una noite escura dun venres 13, ás 00:00 h, ía soa, de camiño á casa da miña avoa, no medio do bosque. Antes diso quedara coas miñas amigas para tomar algo. Logo tiña que volver á casa da miña avoa, xa que meus pais marcharan de cea. Empecei o camino con normalidade, ata que cheguei a un punto onde todo era escuridade e só se distinguían sombras. Encontrei una grande árbore e decidín parar a descansar e …cando abrín os ollos xa era día! Non sei onde estou, nin onde [...]

EDDLG principal

COMESTO. Relato de Anxo Suárez Lado. 4º D ESO.

noviembre 1, 2018 by LITERARIO, MEDO ME DÁS No Comments

COMESTO Hoxe se mo permitides vouvos relatar algo que lle aconteceu a meu avó e que coido que pode interesarvos. Foi nunha desas noites negras coma a pel do demo, serían as tantas da mañá cando de súpeto:  PLASSSS! Escoitouse o ruído seco de algo caendo e meu avó espertou sobresaltado. Con apuro mirou ao seu carón para decatarse do que xa sabía, xa había anos que a súa muller deixara ese lado da cama baleiro. Abriu a xanela para atoparse con tal escuridade, o máis que podía ver era (como el lle dicía) o “foque”, que xa facía anos que non iluminaba nada dende hai ben tempo. Con medo agarrou o obxecto máis contundente que tiña na man, un reloxo de prata comesto por unha ferruxe verde, e co corazón latexando tan forte que parecía que se lle ía saír do peito. Aínda que a súa casa non era moi grande [...]