EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

POEMAS DE AMOR E OUTROS TEXTOS, DE HUGO HERRADOR SEGADE. 2º A ESO.

Poema de amor Ti mandáchesme que che escribira Unha poesía de ecoloxía Mais eu non sabía Nin como a empezaría Mandáchesme que fora un soneto Sobre a importancia dos abetos Con dentro unha lira Que falase das galiñas. Eu díxenche que era imposíbel Pero prohibíchesme pórme límites Quería comezar a recitar Mais era incapaz Faltábanme as ideas, Sobrábanme as letras. Desta gran dúbida Non era quen de escapar Quería fuxir Pero sen ti. Quería amarte Pero non tiña arte Estoupei Dixen ata aquí Que o noso xa se acababa Que aquí xa non había Mais que guerras de rimas E deime de conta De que se caso non che facía Isto soamente sería Outra poesía de ecoloxía   Hugo Herrador Segade. 2º A ESO. ……………………………………………………….. Amor Puntual Un día para amarte Un día para escribirte Un día para sentirte Un día para pensar no que che fixen Un día para amarte [...]

EDDLG principal

POEMA DE AMOR. Paula Cancela Bouzas. 4º A ESO.

POEMA DE AMOR PAULA CANCELA BOUZAS 4ºA O NOSO AMOR O noso amor… Non era un amor de amigo, senón unha conexión que non conseguía con ninguén máis pero si, contigo. Un amor que, cando te miraba aos ollos, sabía que eras o único que quería. Porque non hai nada máis fermoso, que pasen os anos, e sigas ao meu lado, como o primeiro día. Algo que tiña a sorte de facerme pensar, como podía chegar a quererte, tanto. Porque cada vez que o pensaba, verte sorrir, era o que máis me namoraba de ti. Non podía esquecer, que ti eras o mellor agasallo que podería ter, sempre Ese era… O noso amor.

EDDLG principal

Conto de Claudia Rodríguez Riotorto (3º F)

enero 14, 2019 by LITERARIO No Comments

9 de setembro. Bo día para saír de paseo, nin chove nin quenta o sol, nin frío nin calor. Decido preparar una mochila con auga, froita e un bocadillo; tamén galletas e salchichas para os meus acompañantes: Leo e Kira, os meus cans. Saímos na procura da mellor ruta para camiñar. Despois dunha hora camiñando atopamos un pequeno lago. Que curioso, é de auga salgada! Penso que será mellor parar e darme un baño. Aínda seguimos no verán, o fresco do outono non chegou. Lanzámonos a auga. Xogamos e mergullámonos ata que algo estraño acontece. Na outra punta do lago aparece un réptil acuático con aspecto e ictiosaurio. Intento saír o máis rápido posible, séguenme as miñas mascotas. Miro cara a atrás, Kira está en apuros, enganchouse a unas algas submarinas. Volvo a meterme na auga na súa axuda. Noto coma un gran remuíño se está a formar, a corrente [...]