EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

JACK. Rafael Ruiz Couce. 1º G ESO.

Todo comezou no hospital, como na maioría dos partos. Era unha rapaza miudiña, de ollos azuis, moi guapa, na miña opinión. Todo era perfecto, só por un pequeno detalle: Sara, a nai da meniña, non desexaba ter fillos. Para ela,  Anna era un erro. E iso pasou factura co paso do tempo. Criaron a rapaza cunhas calidades de vida mínimas. Cada noite Jon e Anna marchaban de festa e deixaban a Sara soa. A rapaza non ía ao colexio, polo tanto,  non tiña amigos con quen xogar. A súa vida era un aburrimento, menos por unha pequena cousa: a nena tiña unha grande afección por subir á azotea da casa e mirar as estrelas. Así, xunto cunha cálida mantiña, pasaba noite tras noite. Un día viu pasar unha estrela fugaz rapidamente. A nena pediu como desexo un amigo con quen xogar. Esperou e esperou e ao pasar un bo anaco [...]

EDDLG principal

A NOITE QUE ME MATARON DENTRO. Ana María Mouzo Fernández. 1º G ESO.

Aínda recordo, despois de tantos anos, aquela noite. Esta historia pasou no ano 1951, cando tiña uns 17 anos. Todo comezou unha noite calquera, cando saía de traballar. Ía cara a casa e tiven que ir camiñando, xa que era menor de idade e aínda non posuía o carné de conducir. Cando estaba a non máis de 500 metros da miña casa, escoitei uns sons tras de min, así que comecei a correr, cando, de súpeto, tropecei cunha pedra. Xireime para ver quen fora o que fixo aqueles ruídos e non vin a ninguén. Pero cando recuperei a miña postura inicial, alguén me tapou cun saco de cor negra e o último que recordo dese momento é que me deberon dar coa pedra na que tropecei, ou algo semellante, porque só recordo unha dor indescritible… Cando espertei tiña cinta adhesiva pegada na boca e cordas que ataban o meu corpo. [...]

EDDLG principal

DÍA A DÍA. Lucía Méndez Carracedo. 2º A BACHARELATO.

Coma todos os días Xoán levantábase cedo para almorzar e amañarse, e así poder marchar para dirixirse á parada do autobús do instituto. A parada atopábase a quince minutos andando da súa casa. Este camiño non estaba moi iluminado debido a que había poucos focos na aldea onde vivía. Un día todo isto cambiou. Tras unha longa noite de temporal en Galicia, que supuxo moitos danos, e un destes foi que por un dos atallos polos que adoitaba ir o rapaz estaba unha árbore obstruíndo o camiño. E con isto, Xoán decatouse de que cara ó lado contrario de onde caera a árbore había outro sendeiro que nunca vira. Despois diso propuxérase ir o sábado pola mañá ver a onde levaba ese camiño. O sábado levantouse e foi investigar, e resulta que ao final da corredoira había unha casa moi antiga e abandonada. Cando a viu non estaba moi convencido, [...]

EDDLG principal

UNHA FRÍA NOITE DE INVERNO. Álvaro Fuentes Campaña. 2º G ESO.

Ano 1324 d. C. Nalgún lugar de Galicia…Sempre estivo aí, naquela casa de pedra, no bosque, xunto á senda dos aforcados. Nos arredores da aldea de Godaña. Chamábase Columba Fuensanta Barrantes (alias, Chosca). Ninguén sabía a idade que tiña, tampouco canto levaba no bosque. Había moitos rumores e lendas sobre ela, todas escuras e aterradoras: que podía invocar ao diaño,  que vía pantasmas, ou mesmo que podía falar cos corvos…, entre moitas outras. Por iso, cando desapareceu o primeiro neno, todos sospeitaron dela… Martes, 13 de outubro de 1324. Ese foi o día da caza de bruxas. A Santa Inquisición ordenou o rexistro da casa da Chosca. Chegaron de madrugada, botaron a porta abaixo e golpearon e amordazaron a Columba. Rexistraron a casa e só acharon herbas e beberaxes estrañas. Por todo isto tachárona de bruxa. Ao día seguinte, despois de torturala de múltiples formas, foi condenada á fogueira. Colocaron a [...]

EDDLG principal

A PANTASMA DO CEMITERIO. Mateo Souto Souto. 1º F ESO.

Unha vez, no 31 de outubro de 1966, había dous irmáns chamados Pablo e Leo, que ían ir cos seus amigos polas casas a pedir truco ou trato. Cando saíron da casa, atopáronse no medio do camiño. Colleron moitas lambetadas, ata que encontraron unha casa preto do cemiterio e foron cara a ela. Ían entrar alí, pero a casa era de mentira e quedaron atrapados dentro do cemiterio. Estaban moi asustados. Entón escoitaron un ruído horripilante, uns pasos moi fortes e unha risa moi grave. Os pasos soaban cada vez máis fortes, a risa máis grave e o ruído máis horripilante. Entón, pola porta do cemiterio, entrou unha sombra moi estraña. Parecía que tiña unha capa de cor negra, a súa cara semellaba unha criatura saída do inferno, tiña os ollos da cor do sangue e a súa cara era moi pálida. Intentaron fuxir, pero a sombra foi tras deles. [...]

EDDLG principal

A NOVA CREACIÓN DO BRUXO. Carmela Lareo Varela. 1 G ESO.

Había unha vez, nunha vila moi afastada, situada nas montañas máis silenciosas do mundo, un bruxo moi malvado. Este bruxo vivía alí, dende había anos, nun castelo moi antigo. El nunca fixera dano a ninguén ata entón. Na vila só se vían os paxaros cantar e a auga baixar polo río. As súas xentes nunca corrían nin gritaban por nada. Ata que un día, en pleno agosto, o bruxo abriu a porta do seu castelo e deixou ver ao resto da poboación  a súa creación, a súa creación máis grande. Nese intre un xigante con oito brazos e catro patas saíu lentamente do castelo. De súpeto, o xigante chamado Destro, comezou a esnaquizar todo o que se lle metía polo camiño. A xente da vila, moi espantada, gritou e correu por primeira vez cara ás súas pequenas casas a refuxiarse. O bruxo, moi satisfeito da súa nova creación, pasaba o [...]

EDDLG principal

CONTO DE MEDO. Rodrigo Suárez Arosa e Antía Vilariño Pérez. 1º H ESO.

En 1986, nun inverno en Washington, vivían uns nenos chamados Liam (o irmán maior) e Noah (a irmá menor). Ían mudarse a unha casa vella e abandonada, que estaba máis preto do colexio. Cando chegaron a casa, dixéronlles a seus pais que lles daba medo durmir alí. Os pais compráronlles unha nova boneca de porcelana e chamáronlle Isabella.  Despois, deixaron a boneca na cociña. Pola noite, Noah escoitou ruídos. Foi investigar e atopou a seu pai cun coitelo nas costas. O neno foi correndo á habitación e súa nai estaba morta no chan. Foi correndo a onde súa irmá e díxolle que chamase á policía. A nena asomouse pola porta e viu sangue no chan. Estaba seu irmán e preto del a boneca cun coitelo. Cando chegou a policia entraron na casa e viron dúas bonecas: unha era de porcelana e outra, a outra…., tiña botóns nos ollos, cheos de [...]

EDDLG principal

O PALLASO ASASINO. Anxo Gómez Taibo. 1º F ESO.

octubre 18, 2019 by MEDO ME DÁS! 2019-20 No Comments

Un día unha familia chegou a unha casa en aluguer. Dentro, o pai propuxo xogar ás agachadas para coñecer a casa. De súpeto, o neno pequeno escoitou unha voz que dicía: “Saíde de aquí agora que podedes, se non matareivos” Díxollo ao pai que lle contestou: “Será o vento.Veña, apando eu! Agochádevos, que conto ata 100!”. E agocháronse! O pai contou ata 100 e encontrou ao neno pequeno tirado aos seus pés. Chegou a noite e xa morreran todos agás a nai. Saíu pitando de alí cunha perna desgarrada e…todos os que entraron nesa casa no volveron saír. Rumoréase que a muller era o pallaso asasino. Anxo Gómez Taibo. 1º F ESO.

EDDLG principal

RELATO DE SAMAÍN. Ainara Gómez García. 1º F ESO.

octubre 18, 2019 by MEDO ME DÁS! 2019-20 No Comments

Antes de contarvos unha historia real que me pasou este verán, e que aínda me ten atormentada, voume presentar e comezar dende o principio: Chámome Ainara e son unha nena de 12 anos que vive en Arteixo, unha vila da Coruña. Aínda que aquí vive moita rapazada, todos nos coñecemos e adoitamos baixar polos mesmos sitios. En xullo celébranse as festas do Apóstolo, e a mocidade acostumaba ir a un vello depósito de auga abandonado no Monte da Penouqueira, onde dende o alto, iamos ver os fogos de artificio. Algúns facían botellón e outros buscaban intimidade coa parella. Digo que iamos, en pasado, porque está precintado pola policía dende que o ano pasado se suicidou unha rapaza de 16 anos alí. Chamábase Sandra, e nunca entendemos moi ben por que o fixera, pois era unha nena moi guapa e intelixente, quizais un pouco calada, iso si. Dende que pasou iso a xente [...]

EDDLG principal

O ESPÍRITO. PAULA GARCÍA PÉREZ. 1º F ESO.

octubre 15, 2019 by MEDO ME DÁS! 2019-20 No Comments

Nunha casa abandonada, hai cincuenta anos, dicíase que había un espírito que mataba os nenos que se achegaban. Segundo comentaba un señor de noventa e tres anos, viu uns rapaces de seis que pasaban por esa casa. De súpeto, un espírito saíu dela e levounos dentro. Entón o señor entrou  con coidado e deuse de conta de que a casa estaba esnaquizade e había sangue no chan. Cando abriu a porta do piso de arriba, viu o espírito durmido e os nenos mortos. O home saíu correndo e pediu axuda, pero ninguén o creu agás tres homes dun bar. Entón os catro foron a esa misteriosa casa. Cando abriron a porta, viron o espírito. Mentres tanto, os outros homes do bar agardaban que regresasen, pero como non volveron pasadas as dúas horas, os do bar foron á misteriosa casa. Cando chegaron, viron os catro homes tirados no chan, mortos. De súpeto,  [...]

PHP Fatal error: Internal zval's can't be arrays, objects or resources in Unknown on line 0