EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

A realidade

A realidade

Este é o conto que relata a verdadeira cara dos seres míticos dos que nos contaron de pequenos e o de que de verdade temos que ter medo.
Poida que oírades falar das meigas chuchonas, que según as lendas son vellas que lle quitan todo o sangue aos nenos ata matalos e que so o facían porque lles encantaba ese líquido vermello que corre polas nosas veas, pero a verdade e que as meigas chuchonas podían ver o futuro e só atacaban aos nenos que vían que matarían e torturarían a millóns de persoas, aínda que cando fosen pequenos parecían os mellores nenos do mundo, debaixo de tal bondade tiñan un corazon frío e disposto a matar.
Pero a xente normal non o sabía e pensaban que as meigas mataban por pasatempo e comezaron a investigar como matalas.Cando o averiguaron, as meigas chuchonas aínda que sabían o risco que supoñía decidiron seguir co seu traballo decididas a facer do mundo un lugar mellor.
A máis valerosa das meigas foi María Cogombro (a que lle deron ese nome por xantar todolos días cogombros frescos do campo santo) que tiña o gran corazón de que os nenos non sintisen nada, aínda que os enrealidade fosen persoas despiadadas.
Un día María Cogombro saíu a rematar a outro neno, pero antes de partir unha píntega díxolle:
-Eu de ti non saería esta noite.
-Por que?
-Porque oín que nesa casa entán esperando a túa chegada.
-Teño que facelo ese neno chamado Francisco Franco vaise a converter nun poderoso dictador.
-Pero pensa nos teus fillos.
-Teño que facelo.
-Esta ben pero ten coidado.
María cheguo a casa do neno e escondeuse debaixo da cama, as palabras da píntega afectáronlle e por primeira vez tivo moito medo, sentíase como un mol verme indefenso.
Entón oíu un suspiro, era dun humano, un escalofrío subíulle polas pernas e acaboulle na cabeza deixándolle máis medo que antes, pero como víu o terror e sembraría ese neno deixou os seus medos atrás e convertiuse en mosca pero desgraciadamente os pais do neno estaban esperando a sua saída e María escapou polos pelos e volveu ao inframundo pero non sabía que ha seguiran e cando por fin chegou a casa os humanos atacaron a toda os seres que estaban no seu camiño, cando atoparon a familia de María, esta sacrificouse para salvar os seus fillos aínda que foi en vano, os humanos seguiron matando e acabaron coa maioría das criaturas mitolóxicas con pócemas venenosas. Os que quedaron enconderonse ,e antes esperanzados de ser aceptados polos humanos comprenderon a dura realidade de que xamais os tratarían como iguais.
E dende aquel día as criaturas míticas contan aos seus fillos ,para que non se atrevan a sair ao mundo humano, contos de medo coma “ O terror de Hitler”.
Como recordatorio a meiga chuchona ,que estaba disposta a morrer intentando salvar aos humanos da terrible catastrofe que lles agardaba, o día 31 de outubro permítense o luxo de sair a asustar aos humanos para que non se atrevan a facerlles nada.
E así despois de oir este relato saberedes que é o máis terrorífico do mundo, non?
Somos nós, os humanos que matamos por gozo e xulgamos as persoas ou seres mitolóxicos) sen saber nada.

One comment on “A realidade

  1. on febrero 28, 2016
    Ana dice:

    Moi bon relato. Boa trama. Pena que non poidera levar a cabo o seu cometido a meiga. Noraboa Maruxa

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>