
AGARIMO. Jacobo Amado e Yago Calvete Bujía. 4º B ESO.
“AGARIMO”
Somos, a luz ao final da escuridade,
a ledicia, despois da dor.
Senlleiros, sentindo unha profunda saudade,
cunha bágoa e un simple bico conmovedor.
Somos, dúas ánimas bailando co vento,
dous corazóns, esperando o amencer.
Brétemas, devorando o quérote dun último alento,
treboadas, esquecendo deixar as flores crecer.
Jacobo Amado Calvo e Yago Calviño. 4º B ESO.