EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Poema de Nicole Alvariño e María García 4º E.

febrero 15, 2017 by VARIOS No Comments

QUÉROTE Amo todas as túas coincidencias, amo cun sorriso na alma, incluso as diferenzas porque, por moito ou pouco, ao final, é o que a ti e a min nos complementa. Quizais sexa difícil, complicado, para a persoa que rompe as palabras, para quen fractura as promesas, mirando ós ollos a alguén, e fai tanto que perdeu o camiño dese alguén. Pregúntome se pensas que somos covardes ou terribles por distanciarnos, despois de todo. Nicole Alvariño Castro e María García Torres. 4º E ESO.

POEMAS, CARTAS E REFLEXIÓNS DO ALUMNADO SOBRE O AMOR

febrero 12, 2017 by LITERARIO, OPINION 1 Comment

    QUÉROTE MEU AMOR Ámote tanto, que non podo negalo, ámote tanto, que non podo ocúltalo. Este amor é tan grande, como un marabilloso océano, e tan fermoso como as follas en outono. Es una persoa única, incrible en todos os sentidos, e cada vez que te miro, creo máis no que digo. Eu sei que sentes o mesmo, pero ás veces non o demostras, pero cando o fas, volvese todo máis lindo. Prefiro afogarme no mar, ou morrer de frío, pero sen antes dicirche, quérote meu amor. Uxía Lema Grela, Safae Lemsahri Taiz, Carla López Iglesias. 4º D ESO   QUÉROTE     Véxote cada día co teu grupo de amigos. Engaiólame a túa mirada, encántame a túa personalidade e namórame a túa risa. Unicamente quero estar contigo para abrazarte e sentirte sempre ó meu lado. Non sei como dicircho, pero quérote. Cando ti ris eu río, cando [...]

QUE É O AMOR? (reflexións dos alumnos de 3º ESO)

febrero 12, 2017 by LITERARIO, OPINION No Comments

QUE É O AMOR?    O amor é un sentimento que vivimos todos os días, en moitas formas diferentes. Podes atopalo en quen menos esperas, e en cada persoa coñecida que está ao seu redor.   RODRIGO PINHEIRO AZEVEDO. 3º A ESO.     Sensación de moita comodidade cunha persoa, cariño recíproco, necesidade de estar con esa persoa coa que queres estar.   ALEX ANTELO MOURO. 3º C ESO.     O amor é unha das cousas máis bonitas do mundo, por que non e só unha atracción física, senón quererse tal como é a outra persoa. Non todo no amor vai saír perfecto, senón que hai que ter moita paciencia.   DANIEL GARRIDO MARTÍNEZ. 3º A ESO.     O amor é dúas vidas que se encontran, un sentimento de estar completo de non estar só. Cando sentes amor realmente sabes que todo vai a ir ben, sénteste a gusto, [...]

… E AGASALLOS

diciembre 24, 2012 by VARIOS 1 Comment

Ti, Papá Noel, ou ti, Apalpador, ou tanto ten, queridos Reis Magos… Déixanos algo: este ano portámonos moi ben!  A nosa promesa para o 2013: seguiremos a falar de raio, a falarvos moito e de moitas cousas.    

PAZ, LEDICIA, ILUSIÓN…

diciembre 24, 2012 by VARIOS No Comments

En Fala de Raio queremos desexarlles ás nosas familias e a todos os amigos e simpatizantes unhas boas festas e esperamos que o Ano Novo traia un Novo Ano no que todos recobremos o benestar, a ledicia e a ilusión.