
CÁLIDO INVERNO. Fátima Martínez España. 4º A ESO.
Cálido inverno.
Cunha simple mirada comeza todo;
ás veces, cun sorriso tímido de por medio.
E se confesamos o que sentimos
a ver se sucede o que nunca imaxinaramos?
Quizais non haxa próxima vez,
é cuestión dunha única decisión?
Unha soa conversa pode cambiar o meu mundo,
cun pouco de sorte, o noso universo.
En plural sempre soa mellor.
Fátima Martínez España. 4º A ESO.