EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

POEMA DE AMOR. Sara García Vega e Samuel Bao Oliva. 4º B ESO.

Poema de amor. O teu pelo rozando os meus beizos noutra noite de paixón a túa cabeza inclinada no meu peito as túas palabras cravadas no corazón recordos fugaces inundan a miña mente mentres me abrazas e me bicas na fronte mentres estamos no banco de sempre pero sinto non ser o de sempre poesía son as túas curvas e esos ollos vidrosos poesía son as túas meixelas vermellas e os teus abrazos melosos non quero irme de aquí, así desexo o mellor para ti, feliz San Valentín. Sara García Vega e Samuel Bao Oliva 4º B ESO.

EDDLG principal

Cantiga de amor. Brais Gil. 3º F ESO.

Cantiga de amor Senhor mía, que coita teño eu non podo durmir polo teu amor non podo comer polo teu amor morro de amor. Senhor mía, que coita teño eu por non me poder querer. Senhor mía, que coita teño eu que fermosa ti es entre todas as mulleres que bon parecer ti tes senhor mía, que coita teño eu por non me poder querer.   Brais Gil Lamas. 3º F ESO

EDDLG principal

POEMA DE AMOR. Uxía Bello Castro. 3º B ESO.

Poema de amor Ai ondas, ondas do alto mar se meu amigo amara como eu amar eu leda estaría. Non sabes ti, amigo o feliz que sería se estiveses comigo. Só as ondas do mar alto saben do meu corazón coitado. Uxía Bello Castro. 3º B ESO.  

EDDLG principal

POEMA DE AMOR. Jessica López. 3º F ESO.

Poema de amor Cando te vin namoreime de ti. Semellabas unha estrela, máis estabas con ela. Aquela rapaza tan guapa máis presumida ca unha gata. Aquela moza que dos teus beizos goza. Aquela moza que non te quere, aquela que nin te valora. Ai, se ti souberas! Que os meus beizos por ti morren, que os meus ollos por ti choran e que o meu corazón por ti latexa… Se ti souberas que estou tola, que estou tola por amarte. Un 14 de febreiro o meu corazón por ti latexa e o meu cerebro debate os pros e os contras deste amor, deste amor tan derradeiro que deixa en min un oco baleiro este 14 de febreiro Jessica López. 3º F ESO.

EDDLG principal

POEMA DE AMOR. Lucía Vidal Gómez e Álvaro González López. 4º A ESO.

Poema de amor A miña avoa díxome, -Ten coidado co amor, que pode ir en contra túa. Moito caso lle fixen pois non fallaba unha. E así seguín, con iso na cabeza, día e noite lembrando o que a miña avoa me dixera. Pero co tempo adecuado todo se esquece e na mente non todo permanece. Igual coa inocencia, ao pasaren os anos desaparece. Fun crecendo, pois, e un rapaz atopei. Os consellos da miña avoa ignorei. Fíxome sentir diferente, sabía que o sentía el tamén… Moito tempo pasou ata que me decatei: Este rapaz xa non me quere, mais eu si aínda a el. E un día cheguei a casa, non apareceu por ningún lado. Rapaz que te fixo… Non o podía crer. Por Lucía Vidal Gómez e Álvaro González López – 4ºA

EDDLG principal

POEMA DE AMOR. Ainara Pérez Caamaño. 3º F ESO.

Poema de amor E ti pregúntasme que é o AMOR? Amor é non pensar máis que nesa persoa Morrer de ganas de estar xuntos Onte, mañá é sempre Rompendo as trabas que atopemos. O mais importante é… Aínda que queiras, sempre quérete máis. Mentres ti esteas ben, farás ben ó teu arredor. O que consigas con amor durará por sempre. Respecta sempre e non permitas que non o fagan contigo. Pero sobre todo….que cada un teña a liberdade de elixir a persoa coa que compartir o viaxe da vida Ainara Pérez Caamaño 3°E

EDDLG principal

POEMA DE AMOR. Claudia Doel Malvárez. 4º B ESO.

Poema de amor   Por moito que non quixen acabei facéndoo, Deixei de quererme e só te quixen a ti. O peor de todo é que foi inconscientemente. Que dor. Pero chega o inverno e ti xa quedaches atrás, e volvemos a eses sentimentos medo, medo a deixar de ser suficiente, medo a que non exista o interese. Medo a perder. Así que poño punto e final á historia Oxalá encontres a unha persoa Que sexa como un paraíso, cheo de felicidade e amor. Conténtome con saber que non encontrarás Un desastre coma min. Así que agora deixando as pantasmas atrás Deixo unha mensaxe para min mesma: Non necesitas a ninguén, Mais que a ti mesmo É difícil, seino Pero o amor propio é o mais importante.   Claudia Doel Malvárez. 4º B ESO.

EDDLG principal

UNHA ROSA VERMELLA. Pablo Varela Guimarey e Christian Blanco Lago. 4º B ESO.

UNHA ROSA VERMELLA    Unha rosa vermella que non se fai vella, un amor de película parecido a dor de clavícula. Ela asemellaba que baixou do ceo sendo unha estrela rodeada de xeo, o meu corazón xa non ten alegría é unha poesía fría. As perlas da súa cara fan que eu teña unha tara non será fácil conquistala é unha muller mala. Pablo Varela Guimarey e Christian Blanco Lago. 4ºB ESO

EDDLG principal

POEMA DE AMOR. Diego Villaverde Vilas. 3º F ESO.

Poema de amor Cando estou contigo, todo xira no teu arredor, pero ás veces aínda, estando ó teu carón, síntome tan lonxe, que creo que te perdín, e póñome entristecido. Eu só quero estar contigo, os meus días e as miñas noites, a ti chas dedico. Se non é coa tua presenza, e sen ela non vivo, pero todo isto que sinto, eu non sei como dicircho. Con todo este amor que eu sinto, dáme medo non ser correspondido. Diego Villaverde Vilas. 3º F ESO.

EDDLG principal

POEMA DE AMOR. Daniel Garrido Martínez e Maruan Charouni. 4º C ESO.

Poema de amor Os teus bicos son doces coma un amorodo dáme amor e eu doucho todo, todas as apertas de onte sempre quedarán gardadas na fonte. Es a única que abre desa maneira o meu corazón só che digo unha cousiña ti roubas o meu corazón chamareite ladrón e é que me derrito con ese sorrisiño. Ti só queda comigo un ratiño e eu xa che bailo o “despaciño”, a min non me importa nada só ti e bailar contigo moitas baladas. Daniel Garrido Martínez e Maruan Charouni. 4º C ESO.