EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

UNHA CLASE DE BALLET

mayo 17, 2013 by ASÍ SON EU No Comments

Ola! Eu son Alba e dende os 3 anos bailo. Encántame bailar. Vou a todas as actuación e paso o día ensaiando. Hoxe quero falarvos do que en verdade se fai nunha clase de ballet. Poderíase dicir que nunha clase de ballet hai 3 partes principais, dentro das cales hai partes máis pequenas. Se vos tivera que falar de todas as partes pequenas é posible que me levara máis duha libreta. Como é tan extenso só vos falarei das miñas preferidas. A primeira parte dunha clase pódese dicir que é a elasticidade; o quentamento para un futbolista. Nesta parte estiramos e preparamos todos os músculos para comenzar co verdadeiro esforzo. Facemos abdominais, flexións estiramentos e traballamos o equilirio. A segunda parte xa é de ballet e é a barra. Chamámoslle barra aos exercicios que facemos agarradas a uha para comenzar a traballar. Eu estudo unha carreira de ballet francesa e [...]

A FOLGA DOS ESTUDANTES VAGOS

mayo 12, 2013 by ASÍ SON EU No Comments

Hai uns días ao ano no que a xente se divide en dous grupos. Os primeiros os que son vagos e os segundos os que se fan os vagos. Eu definitivamente non estou en ningunha. Estes días son os días de folga. Neles a xente está moi leda porque non ten que ir á escola pero… saben en realidade porque fan folga? Eu creo que non. Estiven buscando varias fotos para facer este post. Tiña a idea de poñer unha foto dunha manifestación e falar da última que se fixo e porque. Ao final decidín cambialo por outro porque me din de conta da mala idea da xente sobre as folgas. Esta imaxe de arriba foi a que apareceu de primeiriña ao poñer en google “folga xeral”. Parécevos ben? A min non e por iso eu non fago folga para iso.

TORNEO INFANTIL LARACHA 2013 (2)

mayo 2, 2013 by ASÍ SON EU, OPINION No Comments

Despois da fase de grupos pasámos a semifinais, enfrontámonos contra o Laracha que xogaba na casa e que pasara como primeiro no outro grupo,  a outra semifinal era Orillamar-Sporting Coruñés. A semifinal foi o partido máis tranquilo da competición, empezamos adelantándonos 2-0 na primeira parte, o que nos permitiu ter unha segunda parte moi tranquila sen pasar apuros fronte a un equipo inferior. Na outra semifinal o Orillamar gañou 1-0 ó Sporting Coruñés e sería o equipo ó que nos teríamos que enfrontar na final. Chegou o momento decisivo, era todo ou nada, gañar o torneo ou non, en definitiva era o momento esperando por todo o equipo. Na final pasaron moitas cousas. Empezou adelantándose o Orillamar 2-0 cun gol de falta ( con tragada do noso porteiro incluída) e outro cunha falta no medio do campo non pitada. Pero na segunda parte reaccionamos e nun gol de falta, outro [...]

TORNEO INFANTIL LARACHA 2013 (1)

mayo 1, 2013 by ASÍ SON EU, OPINION No Comments

Hoxe tiven un torneo en Laracha de fútbol 7. Dende as dez da mañá oito equipos distribuidos en dous grupos de catro equipos loitando por pasar as semifinais. Os equipos estaban distribuidos da seguinte maneira: no primeir grupo estaban o Cabana de Bergantiños, Sporting Coruñés, Laracha e Baio; e no segundo grupo estabamos o Ponteceso que non se presentou, o Xallas de Santa Comba, o Orillamar e o meu equipo o Atlético Arteixo. Como non se presentou o Ponteceso o primeiro partido déronnolo por ganado tres a cero. No segundo enfrentámonos contra o Xallas, que viña de perder dous un fronte ó Orillamar, tiña un equipo moi físico. Gáñamos un cero nos minutos finais do partido, xa que os partidos son moi cortos, so doce minutos cada parte. Despois deste partido xa estábamos clasificados para semifinais. Pero tíñamos que xogarnos o primeiro posto co Orillamar. Foi un partido, igual co [...]

A SÍNDROME DE DOWN

mayo 1, 2013 by ASÍ SON EU 2 Comments

    O outro día lin unha entrada de este blog sobre unha nena e a súa irmá con síndrome de Down. Díxenlle que o meu tio tamén a tiña e era moi complicado de entender. Iso fíxome preguntarme o seguinte: que é en realidade iso? Estiven investigando e cheguei a recoller a seguinte información. É un trastorno nos cromosomas que consiste na variación do cromosoma 21, en vez de ter dous ter tres. Aínda que non está moi claro din que se dá sobre todo nos embarazos de nais de máis de 35 anos. Afecta principalmente ao cerebro e cambia algúns rasgos físicos. As principais características apreciables son o peso, o padar e o curto dos brazos, pernas e pescozo. A rapaza da entrada que lin tiña un gran interese co deportivo. O meu tío tamén. Está toliño con dúas cousas, unha máis ca outra. A primeira é a que [...]

AUTOBIOGRAFIA

abril 29, 2013 by ANECDOTAS, ASÍ SON EU No Comments

    Sempre me gustou non parar quieto, choutar e andar polas árbores e dende que era pequeno miña avoa dime que son como era ela: unha cabra. E onde vai vivir unha cabra? No campo. Vivo nunha casa de campo en Fortesende, e ben acompañado que estou, ca miña cadela: Brisca, os catro gatos:Billy, Moira, Pilla e Onyx. Meu pai e mais miña nai. Sempre me din que me parezo ao meu pai no físico: longueirón, alto e que roe, roe e roe pero non engorda. E no carácter a miña nai; un pouco fugillas.   E, entre todas as cousas que fago, vouvos contar  as máis importantes. O body; as praias que máis frecuento son; Barrañan e Caión. As miñas favoritas son  Pantín, Fisterra e Patos. Tamén monto a cabalo: levo oito anos montando, pero non nunha hípica cursi con fusta dando voltas, non, eu onde monto e casi [...]

OS DENTISTAS

marzo 31, 2013 by ASÍ SON EU 2 Comments

Os dentistas son unha especie de medico dos dentes como o oculista e o médico dos ollos.Pero os primeiros danme con diferencia mais medo ca os oculistas. Non me fai ningunha graza ver un home serio escarvando cun garfiño na miña boca,ou o taladriño ese que fai un ruido moi desagradable. Eu levo aparato, e non me fai ningún chiste,porque cada mes teño que facerme unha revisión,nesa revisión aprétame os brackets e ponme uns ferros novos,pero o que mais odio de todo e cando ten que axustar os  ferros.Nesa operación o dentista méteme unhas pinzas na boca e corta os ferros na medida xusta. En xeneral eu vexo aos dentistas coma xente extraña,se eu fose dentista non lles diría aos nenos que lavasen os dentes senon todo o contrario,diríalles que comeran chucherias todo o día ou que senon morrian. Eu creo que os cromañóns tiveron que pasalo moi mal cós [...]

ESTRELA (III)

marzo 12, 2013 by ANECDOTAS, ASÍ SON EU 3 Comments

                                  Eu sempre cas miñas dúbidas, en vez de chamarme Estrela deberia de chamarme “questiongirl” pero eso sería quitarlle o mote a unha que vai na miña clase chamada Lúa Sofía , dentro de pouco a miña clase parece un planetario. ¿Ou non? Nunca coincidírame de ter tantos na clase con nomes de astros, planetas…etc Mirade, comezo a lista: Xúpiter (é un pouco rariño a verdad, pero cáeme ben) ; Plutón, que aunque din que xa non o consideran un planeta ata agora mandáronme estudalo así que…..  el tamén conta ; Eu, Estrela, supoño que eso quedaríavos claro ; Lúa que aínda que tamén teña un segundo nome que é Sofía segue levando Lúa diante e por último Sol, que é unha das miñas mellores amigas, din que é porque o sol e as [...]

LONGBOARD

marzo 6, 2013 by ASÍ SON EU 2 Comments

Non…non sei describir ben o que é o Longboard…só che podo dicir que para min é máis que un deporte, é un estilo de vida. Practícase sobre unha tabla de madera e catro rodas…é como un skate pero máis longo e con formas máis variadas. Cando me subo a unha tabla de esas, sinto como a adrenalina comeza a facer efecto, cando colles unha grande velocidade descendendo unha colina, cando comezas escoitar o ruido das rodas que rozan contra o asfalto, xa non che importa nada, xa nin sentes ningúun peso encima túa, só queres sentir esa sensación eternamente, non separarte de ela. É unha sensación indescriptible, algo que recorre todo o corpo ata o máis profundo do teu ser, pero é algo moi fascinante. E poco a pouco vas vendo unha curba, es sabes que vas ter que frear, e acércaste ao asfalto e o rozas coas luvas das [...]

ESTRELA (II)

enero 28, 2013 by ANECDOTAS, ASÍ SON EU No Comments

    Hola internautas, cantáravos o outro día todas as miñas dúbidas sobre o meu nome, pois resulta que lles preguntei ós meus pais  (de  novo) porque mo deran e contestáronme o mesmo, por eso a miña conclusión é que nin eles saben porque mo puxeron (nin porque brillara coma elas nin nada, gustoulles o nome e punto). O outro día cavilando nas miñas dúbidas entrou a nosa tutora nova (porque o noso de verdade está enfermo) .Entra a  nova tutora, moi agradable por certo e para a miña sorpresa, como se chamaba?  Non o adiviñades? ESTRELA , coma min aunque dixo que tamen se chamaba Estela. Outra dúbida máis para a miña testa.