EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

UNHA LONGA VIAXE(1)

enero 13, 2013 by ANECDOTAS, ASÍ SON EU No Comments

  Capítulo I-”A Viaxe”  ¡Por fin chegou o día! Xa estábamos no aeroporto de Alvedro. Estaba moi nervioso, nunca fora nun avión. Cando quixen darme conta xa estábamos aterrando en Madrid, a viaxe fora muy curta. Cando chegamos ó aeroporto tiñamos que coller un voo internacional para república Dominicana. Pasamos todos os controis  de seguridade e de Aduanas. Só tiñamos que situarnos na porta correspondente. Esperábame unha longa viaxe, case nove horas. Xa estabamos no avión, era moi grande e viaxabamos moitas persoas. Poidemos ver un par de películas, tivemos tempo para escoitar a radio e incluso para durmir un pouco. !Xa quedaba menos para aterrar no noso destino! Ao chegar á República Dominicana a primeira impresión foi…¡ que me invadía una onda de calor! A sensacioón foi de moito agobio. Chegábamos con roupa de inverno e alí estabamos a 34ºC.  

ESTRELA (I)

enero 12, 2013 by ANECDOTAS, ASÍ SON EU No Comments

  Hola, chámome Estrela, en realidade non sei porque meus pais elixiron ese nome para min, disque é porque me pega moito, porque son como un estrela que alumea na noite e no dia tamén pero se non chamaríame sol non? Pero o sol alumea só polo día. Entón como debería chamarme? Esa dúbida nacería en meus pais cande tiveron que elixirme ese nome? Eso é cousa deles, supoño. Cantas dúbidas sen resposta……. E quen mas pode resolver? A miña vida, é un pouco difícil de comprender, teño 11 anos, e escribo para ver se alguén pode resolverme estas dúbidas pero creo que solo os meus pais mais eu podemos resolvelas. Voulles preguntar, e xa vos contarei………

O MEU GATO BILLY

enero 10, 2013 by ANECDOTAS, ANIMAIS, ASÍ SON EU 2 Comments

O Billy chámase así por o primeiro nome que lle puxemos, Bilitroque. É o fillo da miña gata Pilla que tuvo tres fillos, Moira ( a que está detras do Billy na foto), e o terceiro que morreu… Por tráxico que pareza, o Billy tamén estivo a piques de morrer, pois a miña cadela un día colleuno pola caluga e empezouno a zarandear de mala maneira, acabou internado unha semana no veterinario sobrevivindo a base de vitaminas. Na foto pareze un gato delgado pero iso e porque a foto fíxose fai un ano, o Billy de agora é un gato gordo que todas as mañas sube a miña cama rosmando e babandose: ese é o meu despertador. É moi agarimoso e moi falador: sempre esta a miañar para pedir cousas, que si xantar, que si saír ao xardín…. Tamén é moi gracioso porque cando estamos sentados na mesa súbese aos nosos xeonllos para pedir comida e bate contra a mesa. Pero, é o [...]

BRUNO

enero 7, 2013 by ASÍ SON EU No Comments

     Son un neno normal, e esta é nha historia real. Eu vin a un espírito. Un día na casa da miña avoa xogabamos meus tíos e meu primo Abel. Entón foise a luz, e quería irme da mesa. Levanteime,tiña as mans ergueitas e toquei o corpo dun neno. Abro os ollos e veo un neno de pelo negro, pel escura, roupa negra e tiña os ollos pechados e choraba. Entón case desmáiome. A noite seguinte soñei que me despertei  e fun cara o lugar onde o vin. Bruno estaba sentado no sofá, ergueuse e díxome “Adeus”, chorou un pouco máis e desapareceu. Esa noite decidín chamalo Bruno coma o do libro “O neno do pixama de raias”; gustaríame volver a velo.

A MÚSICA E MÁIS EU

diciembre 29, 2012 by ASÍ SON EU, OPINION No Comments

 Eu coa música, desafogome e exprésome. O tipo de música que eu escoito basicamente é o rock que descende do jazz, soul, do blues e do country. Naceu ao redor do ano 1950 nos E.E.U.U. E algúns dos seus subxéneros preferidos para min son, por exemplo  o grunge, o garage rock, o punk e o indie rock. Os grupos españois de rock que ultimamente escoito son: Loquillo, Barricada, Platero y Tú, Rosendo e máis Los Suaves que son ourensáns. E de fala inglesa: Guns and Roses, Nirvana, Neil Young, Pearl Jam, e moitos máis. Aínda que a música clásica axúdame a facer matemática, e os discos que escoito son os que encontro por casa.  

O DEPORTE

diciembre 26, 2012 by ASÍ SON EU No Comments

O deporte, que é o deporte? Para min o deporte é un estilo de vida que serve para divertirse e a vez, mellorar a condición fiísica. Eu todolos veráns fago vinte largos de natación ao día. A min o deporte encántame, eu creo que sin facer deporte non podería vivir. Ademais facendo deporte podes facer novos amigos e saber o que é xogar en equipo. Tamén grazas a el melloase a forma física, recoméndovolo.

PATINAXE

diciembre 24, 2012 by ASÍ SON EU No Comments

Algúns consideran a patinaxe coma un deporte máis. Para min, é unha forma de expresarme e de olvidar as cousas cando todo se complica. Cando poño os patíns e comezo a deslizarme pola pista, non son eu, son outra persoa diferente da que todo o mundo coñece normalmente. Cando remato os entrenos, salgo aliviada e  como nova. A verdade é que se poidera estar todo o rato cos patíns postos nos meus pes, non os quitaría nin tola. Xa sei que non a todo o mundo gústalle a patinaxe pero cada un ten a súa forma de expresarse e de olvidar as cousas, ben sexa escoitando música, compoñendo unha canción, pintando un cadro, baixando cos seus amigos, … Cada persoa é un mundo, e no seu mundo teñen os seus métodos.

INDIGNACIÓN

diciembre 24, 2012 by ASÍ SON EU No Comments

Síntome moi mal cando a xente non para de dicir cousas que non son certas, ao principio ignoro a estas persoas para poder estar feliz cos meus amigos, ata que estoupo e lle deixo moi clariño a xente todo o que  esta decindo e o que esta facendo mal e o moito que me molesta, e finalmente acabo indignada. Isto acaba poñendome de moi mal humor, e a xente que quero acaban pagando polas persoas que me fan enfadar, xa sei que é unha parvada pero non teño nada que facerlle, eu son asi, pero vou intentar cambiar.Por que me  fastidia moitísimo ver as persoas que me importan pasandoo mal, pola miña culpa.

AMIGOS

diciembre 19, 2012 by ASÍ SON EU 2 Comments

Posiblemente, moitas veces vos fixéchedes esta pregunta. ¿Que son os amigos? Para min os amigos son persoas que están contigo, tanto nas boas coma nas malas, os meus amigos teñen que ser sinceiros, divertidos, xenerosos…… Eu creo que ter amigos é a cousa mais bonita que podes ter, eles alégranche os días tristes e dante bós consexos…. Con eso,chega.  

UNHA EGUA SALVAXE

diciembre 17, 2012 by ASÍ SON EU No Comments

  O meu nome é Mora e son unha egua salvaxe. Gústanme os montes verdes e virxes, non me gusta que estén humanizados. Non aguanto as cadeas e tampouco me gusta que me monten, adoito tirar a todo o que se me sube enriba. Son de cor marrón e teño unha mancha branca na frente. Teño unha alzada de 1.5 metros e unha crin co pelo negro e longo. O meu rabo chégame aos cascos e tamén é de cor negro. Non me gusta a choiva e encántame correr polos prados e que o vento me peine a crin. Non son unha femia dócil, nacín nunha familia salvaxe e estou ensinada a desconfiar de todo, sobre todo dos humanos. A única vez que vin a un humano intentou capturarme, polo tanto, non os podo ver diante. Tamén son moi esixente, non me serve calquera cousa, e son moi teimuda, a [...]