EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

POEMAS, CARTAS E REFLEXIÓNS DO ALUMNADO SOBRE O AMOR

febrero 12, 2017 by LITERARIO, OPINION 1 Comment

    QUÉROTE MEU AMOR Ámote tanto, que non podo negalo, ámote tanto, que non podo ocúltalo. Este amor é tan grande, como un marabilloso océano, e tan fermoso como as follas en outono. Es una persoa única, incrible en todos os sentidos, e cada vez que te miro, creo máis no que digo. Eu sei que sentes o mesmo, pero ás veces non o demostras, pero cando o fas, volvese todo máis lindo. Prefiro afogarme no mar, ou morrer de frío, pero sen antes dicirche, quérote meu amor. Uxía Lema Grela, Safae Lemsahri Taiz, Carla López Iglesias. 4º D ESO   QUÉROTE     Véxote cada día co teu grupo de amigos. Engaiólame a túa mirada, encántame a túa personalidade e namórame a túa risa. Unicamente quero estar contigo para abrazarte e sentirte sempre ó meu lado. Non sei como dicircho, pero quérote. Cando ti ris eu río, cando [...]

QUE É O AMOR? (reflexións dos alumnos de 3º ESO)

febrero 12, 2017 by LITERARIO, OPINION No Comments

QUE É O AMOR?    O amor é un sentimento que vivimos todos os días, en moitas formas diferentes. Podes atopalo en quen menos esperas, e en cada persoa coñecida que está ao seu redor.   RODRIGO PINHEIRO AZEVEDO. 3º A ESO.     Sensación de moita comodidade cunha persoa, cariño recíproco, necesidade de estar con esa persoa coa que queres estar.   ALEX ANTELO MOURO. 3º C ESO.     O amor é unha das cousas máis bonitas do mundo, por que non e só unha atracción física, senón quererse tal como é a outra persoa. Non todo no amor vai saír perfecto, senón que hai que ter moita paciencia.   DANIEL GARRIDO MARTÍNEZ. 3º A ESO.     O amor é dúas vidas que se encontran, un sentimento de estar completo de non estar só. Cando sentes amor realmente sabes que todo vai a ir ben, sénteste a gusto, [...]

Para a miña amiga Xulia

Hoxe quero pedirlle perdón a unha nena da miña clase chamada Xulia, que pese a todas as nosas disputas con temas de cantantes é a miña amiga, e quérolle pese a que é unha testuda e se se lle mete algo na cabeza non hai quen llo quite jajajaja. Dedícolle estes temas que tanto lle gustan (os dous por igual jajaja): www.youtube.com/watch?v=W-TE_Ys4iwM QUÉROTE TESTANA!!!

UN ARMA CHAMADA CAN

junio 16, 2013 by OPINION No Comments

Os cans, descendentes dos lobos, aparte de seren os mellores amigos do home, son e foron dende os tempos máis remotos, una mortal arma. A nosa historia comeza na vida de Núñez de Balboa (primer europeo en chegar ó océano Pacífico). Despois das conquistas, a Núñez de Balboa respetábase pola súa diplomacia e respeto no trato cos indíxenas americanos, e ata fíxose amigo de moitos deles. Non obstante, empregou por primeira vez no Novo Mundo ós cans como arma de combate para, en principio, matar ós indíxenas rebeldes que se negaban a cederlle as súas minas ós conquistadores. Estes animais causaban a norte dos indíxenas coas súas fortes mandíbulas, xa que eles nunca viran a semellantes animais. Uns dos cans mías famosos neses tempos foi Leoncico, o can do mismísimo Balboa, que era tan eficaz nas batallas que ata lle pagaban por cada batalla e lle cedían parte do botín! [...]

O SILENCIO

junio 12, 2013 by OPINION No Comments

Isto é unha historia real, moitos non a coñecedes pero é digna de mencionar. Acontece en Libya, un país que está en guerra. Nun campo de refuxiados, está unha nena coa súa familia; non tiña nin tan sequera 6 anos. Ela aburríase e afastouse, nun momento de descuido por parte da súa familia, para xogar un pouco. Anda por alí; entón, unha bomba explota diante súa e quédase aturdida. Cando a súa familia dase conta de que falta, vana buscar e a atopan tirada no chan. A levan ó campamento, e danse conta de que non pode falar. O susto que levou fixo que levou fixo que se quedase completamente muda, aparte das gravísimas queimaduras que aquela bomba infenal lle causara. Agora xa coñecedes o silencio desta nena. Isto non lle pasa a calquera, aquí polo menos non. Iso agardo…

O HEAVY, UNHA NOVA TITULACIÓN

junio 7, 2013 by ANECDOTAS, ASÍ SON EU, OPINION No Comments

Unha cidade de Reino Unido, Nottigham, impartirá dende o próximo mes de septembre o primeiro curso de educación superior en todo o mundo dedicado á historia e composición do heavy metal. En Nottingham naceron moitos vocalistas de grupos de rock moi coñecidos e é cuna das bandas pioneiras no no rock heavy; como Led Zeppelin,Iron Maiden, Deep Purple e, sobre todo, Black Sabbath. A historia destas bandas forma parte do temario que estudarán os futuros alumnos desta titulación. Tamén aprenderán a compoñer e interpretar cancións de ‘heavy metal’, e como examen final deberán superar con éxito unha xira de actuacións por salas do Reino Unido. A pesar destes argumentos a asignatura non se tomará en serio: “Pódese estudar música en Oxford, Cambridge e en todas as cidades de todo oReino Unido, pero aquí en Nottingham queríamos ofrecer algo especial que reflexe a cultura da ciudade”, explicou o profesor de interpretación musical e [...]

O TEMPO

junio 5, 2013 by OPINION No Comments

  Un dos temas máis falados nestos días é o tempo. E como anda o tempo? Pois tolo, igual que as persoas co seu comportamento. Esta semana foi unha das máis calorosas do ano. No telexornal din :  ” O miniverán ya rematou” . E todos caímos niso porque cambiou moito da mañá á tarde  aínda que moita xente dí: Mentres siga así… pero a verdade é que somos un pouquiño protestóns porque imos pola rúa e oímos: Que calor teño! ou: Que frío fai! Non estamos contentos con nada pero a min non me importa así que vou dicir: Mentres siga así.. todo vai ben. Aínda que se estades un p0ouco confundidos podedes mirar o tempo en : MeteoGalicia

SALTÓNS MMM…

junio 4, 2013 by ANIMAIS, OPINION 1 Comment

Xa vai tempo, a miña profe de inglés díxome que tiña un libro cun par de recetas, un tanto especiais, que ó mellor gustábanme. O caso é que ao cabo dun tempo, a profesora tróuxome á receta. Eran saltóns fritidos! Esta cousa que vedes tan rara, asquerosa e extravagante, probeina eu unha vez, nunha piruleta nun bar de A Coruña e certo é que non saben mal, é máis saben a cacahuetes! Aquí deixovos a receta por se a queredes, ou se queredes sustituir ás palomitas (dudo que ninguén a quera, pero e que necesito mais palabras, sintoo): -Trescentos gramos de saltóns FRESCOS -Unha culleriña de sal -Metade dunha culleriña de curri -Un ou dous chiles verdes (opcional) Agora hai que quitarlles as ás e as patas máis longas ós saltóns. Meteos en auga fervendo uns poucos minutos e logo sacalos para que escorran. Despois, ponos nunha satén cun gran [...]

A MÚSICA

junio 4, 2013 by ASÍ SON EU, OPINION 1 Comment

Para min a música é unha forma de expresarme, de sentirme libre . Non todo o mundo o entenderá. Hai xente á que lles guste moito a música e a outras menos, pero todos temos unha canción que cando esteamos tristes nos alegre ou algunha que nos trasmita tristeza ou calquera das moitas emocións que pode trasmitir a música. Non sempre ten que ser igual, coma as matemáticas (2+2=4 ) si  ou si! Pero a música non é así, experimentas copn ela e eso é unha cousa extraordinaria! En resumidas contas: a música é imprescindible na miña vida, se ela non estivera… non sei que faría!  

O FESTIVAL DE EUROVISIÓN

junio 1, 2013 by OPINION 1 Comment

Ola internautas. Hoxe quero falar sobre o festival de Eurovisión. Celebrouse o sábado deza e oito de maio, e gañou Dinamarca. España quedou no “maravilloso” posto de de segundos… segundos pola cola. É un pouco triste porque para facer o ridículo é mellor non ir, coma Portugal, que non se presentou este ano, polos motivos económicos que o impulsaron a tomar esa decisión. Ademais, xa non é só que fagamos o ridículo, senon que os millóns que se gastan en quedar penúltimos, podíamolos  aforrar e gastalos en cousas moito máis prácticas. Saíndo do tema político, a ausencia de Portugal notouse e moito. Dado que sen os seus doce puntos ( todos os países veciños vótanse entre eles, facendon así que o gañador non sexa sempre o que mellor cantou) só obtimos 8. Seis de parte de Albania ,polos cales quedei moi sorprendida e agradecida ó mesmo tempo, e dous de [...]