EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Para a miña amiga Xulia

Hoxe quero pedirlle perdón a unha nena da miña clase chamada Xulia, que pese a todas as nosas disputas con temas de cantantes é a miña amiga, e quérolle pese a que é unha testuda e se se lle mete algo na cabeza non hai quen llo quite jajajaja. Dedícolle estes temas que tanto lle gustan (os dous por igual jajaja): www.youtube.com/watch?v=W-TE_Ys4iwM QUÉROTE TESTANA!!!

A AMIZADE

junio 12, 2013 by ASÍ SON EU, IDEAS 1 Comment

  Cada cal ten a súa percepción da amizade. A miña é que é o mellor ben que podes ter. Dan igual os cartos, a vida que leves… etc mentres teñas amigos de verdade. Penso que cando te das conta de que un amigo é de verdade é cando estás pasando por un mal momento ou non te encontras ben de todo, eles arríncante un sonriso que ti só sen a súa axuda non serías capaz. Ás veces hai que mirar o lado positivo das cousas aínda que non sexa moi sinxelo. Incluso persoas cas que non falas moi a miúdo cando estás nun mal momento axúdanche e é ahí cando te das conta de que son boas persoas. Eu estou segura de que podo sentirme afortunada por que síntome querida, e podo dicir que teño amigos de verdade.

OS DEBUXOS ANIMADOS DE AGORA E DE ANTES

junio 5, 2013 by IDEAS 1 Comment

Cando de pequeno eu vía a televisión estaba esperando ver o Rato Mickey o ao Pato Donald ata as veces quería ver a Mazinger Z e os seus “puños fora”.Tamén estaba Son Goku,pero iso segue estando agora. Hai pouco mirei que pasaban no canle Disney e quedei alucinado ao descubrir que non botaban nada que tivera que ver cos debuxos de antes. Non foi polo feito de que non estiveran os personaxes anteriormente mencionados senon porque xa non se podian chamar “debuxos animados”. Digo isto porque para que sexan debuxos animados unha condición que deben cumprir e estar debuxados,pero agora a maioria de series para nenos pequenos están protagonizados por actores e non por unha caricatura. E unha opinión persoal,pero eu prefiro aos debuxos porque nalgunhas series con actores a actuación e pésima,en cambio un debuxo animado actuara sempre coma pense o debuxante. Ademais do persoal que traballa nunha serie [...]

CUMPREANOS SORPESA

junio 2, 2013 by IDEAS No Comments

Este ano, todos os cumpreanos aos que fun, foron sorpresa. As cumpreañeiras non sospeitaron nada, porque estaba todo moi ben organizado, pero o ano pasado, cando intentaron facerme a min un cumprenos sorpresa, o único que me sorprendiu foi o mal que actuaban as miñas amigas e o mal que organizaban as cousas hahahaha. Unha amiga enterouse sete horas antes do meu cumpre de que o estaban a organizar. Outras apareceron por sorpresa no sitio co que tiña pensado “baixar” con dúas amigas. Un desastre. Pero pasámolo moi ben, eu ía pingando de auga, e todo tipo de refrescos. O peor é que todos tiñan roupa coa que cambiarse menos eu. E claro, por moito que fora verán, frío facía igual, que esto é Galicia señores. Cando andaba facía ruído cos pés porque estaban empapadiños, cando sentaba, mollaba alí onde puxese o cú… Bueno, ao que ía, adoro celebrarlle o [...]

PORQUE NON SER AMIGOS?

junio 1, 2013 by IDEAS 1 Comment

Hai cousas que xamais entenderei. Basta que dúas cidades que esten próximas compitan, para que esa rivalidade sexa máxima. Si amig@s, refírome ó Depor e ó Celta. Non vos gustaría que dous equipos de Galicia estiveran en primeira división? Non sería eso unha mostra de que Galicia, coma outras moitas comunidades autónomas, ten calidade? Pois non señores, a nos o que nos gusta é  ser o enemigo máis aférrimo da provicia colindante, desexando o seu descendo, é que nunca máis volva a ascender. Hai rivalidades, que, aínda de estar lonxe da comprensión, son aceptables. O Real Madrid e o Barcelona téñense que levar mal a forza, porque son os dous equipos máis grandes do fútbol, loitan polas mesmas competicións , pero… porque se teñen que levar mal, por exemplo o Getafe e o Madrid, ¡ Se nas duas únicas competicións nas que se enfrentan, e non polos mesmos obxectivos, son [...]

A MALDITA LEI WERT

mayo 18, 2013 by IDEAS No Comments

Seguro que vós xa sabedes algo sobre esta nova lei, pero se alguén non sabe de que se trata explícollo: é unha nova lei que quita selectividade, e fai un exame final despois de rematar primaria, secundaria e bachiller. É unha parvada xa que non quitan selectividade senón que suman máis exames aínda, quitan moitas materias e agora se suspendes dúas importantes, repites e ademais antes tiñas que suspender unha lingua e mate pra repetir, agora se suspendes as dúas linguas tamén repites! Logo o que fastidia é que esta o ministro de educación dicindo que necesitamos máis formación para encontrar traballo, cando teñas a carreira que teñas a non ser que sexas un enchufado, prácticamente non tes posibilidades. Non sei se vos pasa, pero a min danme ganas de collelo documento das narices e darlle con el na cara ó ministro, ademais hai moito ministro que  sen estudos gaña [...]

OS EXAMES

mayo 14, 2013 by IDEAS, OPINION 3 Comments

Un exame é un papel con preguntas que tes que responder. Pero os exames non son so iso, son moito máis. Antes do exame tes eses días nos que non fas nada máis que estar diante dun libro de texto. Horas e horas vendo o mesmo, as mesmas palabras, textos, imaxes que a hora anterior. Pero despois disto chega un momento non moi fai de aguantar, o momento exame. Este momento pasa por diferentes fases: a fase na que so podes pensar no exame, cando entra o profesor pola porta, cando fas o exame; e a peor, cando pensas o que che foi mal no exame. Porque sempre despois dun exame lle comentas a un amigo ” fallei na unha, na tres e na catro”. Ese momento non o aturo. Pero mentres non che dan a nota vives un momento de paz e tranquilidade brutal, sen pensar na nota, no [...]

AS LEMBRANZAS DE ALICIA (2)

mayo 8, 2013 by IDEAS 1 Comment

Porfín chegara o día, era o meu cumpleanos, estaba que non mexaba. Ían vir os meus amigos e íamolo pasar moi ben, pero o que con máis entusiasmo esperaba eran os agasallos. Non podía esperar nin 5 minutos máis, tíña que abrir eses paquetes que me trouxeran. Que sería? Alguén me regalaría o xogo que quero para a DS?Non podía máis, tiña que ver o que me regalaran, érame imposible esperar unha hora e media ata que fora a hora de merendar. – Nenas, vou buscar un xogo que vos vai encantar, veño agora -dixen. -Vale, non tardes Fun correndo á cociña, collín unhas texoiras e coidadosamente metinme na habitación na que estaban os agasallos. Había 7, un de cada rapáz. Collín o máis grande e abrino. Era unha Nancy, que trapallada! se xa tiña un cento de bonecas e nunca xogaba con ningunha. Sen darlle importancia abrín os outros [...]

A LAGOA DE BALDAIO

mayo 7, 2013 by IDEAS No Comments

O outro día a profesora de ciencias da natureza díxonos que na lagoa de Baldaio estaba completamente chea de aves migratorias, ela dixo que se queríamos que fósemos a velas, eu non é que tivese una interese enorme, pero xa que é ó lado da casa dos meus avós decidín ir. Esa lagoa normalmente xa ten una boa biodiversidade de aves e de animais, eu lémbrome de que cando era un cativo gustábame ir có meu avó a coller cangrexos e alguna langosta, ou polo menos eu cría que eran langostas, ó mellor eran peixes pero é que naqueles tempos eu tiña moita imaxinación. Nesa lagoa tamén hai una pequeña e cara caseta de madeira, canto máis pequeña máis cara, onde poden entrar os paxaros e na cal hai una especie de cartel cos tipos de aves migratorias que veñen aquí. Eu recomendaría que fórades, porque hai moita xente que [...]

LIBROS? MELLOR UN E-BOOK

abril 29, 2013 by IDEAS 1 Comment

Por que a día de hoxe , cos adiantos que temos o noso alcance , e co involucrados que estamos todos na informática? como é que a ninguén se lle ocorre facer tódolos libros das asignaturas que temos en edición dixital? A verdade é que se nos paramos a pensar ten moito máis sentido que che deran un e-book, ademais aforrarías moito máis papel e este dispositivo serviríache para cursos superiores. Tamén esta o concepto de que somos atraídos polas novas tecnoloxías, a min por exemplo, se teño que ler un libro en papel, dame moita pereza, en cambio se é un e-book, cámbiache o conto! Sería un aforro de cartos e recursos naturais, por non falar de que probablemente non precisaríamos nin de mochilas nin lapis nin de bolígrafo, todo se faría coas novas tecnoloxías. O incrible é que din que non se poden permitir iso, pero o que [...]