EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

POEMAS, CARTAS E REFLEXIÓNS DO ALUMNADO SOBRE O AMOR

febrero 12, 2017 by LITERARIO, OPINION 1 Comment

    QUÉROTE MEU AMOR Ámote tanto, que non podo negalo, ámote tanto, que non podo ocúltalo. Este amor é tan grande, como un marabilloso océano, e tan fermoso como as follas en outono. Es una persoa única, incrible en todos os sentidos, e cada vez que te miro, creo máis no que digo. Eu sei que sentes o mesmo, pero ás veces non o demostras, pero cando o fas, volvese todo máis lindo. Prefiro afogarme no mar, ou morrer de frío, pero sen antes dicirche, quérote meu amor. Uxía Lema Grela, Safae Lemsahri Taiz, Carla López Iglesias. 4º D ESO   QUÉROTE     Véxote cada día co teu grupo de amigos. Engaiólame a túa mirada, encántame a túa personalidade e namórame a túa risa. Unicamente quero estar contigo para abrazarte e sentirte sempre ó meu lado. Non sei como dicircho, pero quérote. Cando ti ris eu río, cando [...]

QUE É O AMOR? (reflexións dos alumnos de 3º ESO)

febrero 12, 2017 by LITERARIO, OPINION No Comments

QUE É O AMOR?    O amor é un sentimento que vivimos todos os días, en moitas formas diferentes. Podes atopalo en quen menos esperas, e en cada persoa coñecida que está ao seu redor.   RODRIGO PINHEIRO AZEVEDO. 3º A ESO.     Sensación de moita comodidade cunha persoa, cariño recíproco, necesidade de estar con esa persoa coa que queres estar.   ALEX ANTELO MOURO. 3º C ESO.     O amor é unha das cousas máis bonitas do mundo, por que non e só unha atracción física, senón quererse tal como é a outra persoa. Non todo no amor vai saír perfecto, senón que hai que ter moita paciencia.   DANIEL GARRIDO MARTÍNEZ. 3º A ESO.     O amor é dúas vidas que se encontran, un sentimento de estar completo de non estar só. Cando sentes amor realmente sabes que todo vai a ir ben, sénteste a gusto, [...]

Querido ti:

febrero 12, 2017 by LITERARIO No Comments

Podería dicir que isto é fácil, que soamente son palabras elixidas ó azar, xa que eu non podería escribirlas por min mesma sen que se me escapase algunha parvada, desas que non soportabas, pero aquí estou, e asegúroche que nada do que che vou dicir é inventado ou sacado doutra persoa que non sexa eu. Tiven moito tempo para reflexionar sobre o por qué da nosa separación. Houbo un tempo no que te odiaba, ti eras o único culpable desa situación de angustia que tiña no corpo e que por moito que intentaba liberarme dela, ahí seguía, lembrándome que ti non volverías. Despois diso, empecei a culparme a min mesma, quizais fora eu a persoa tóxica da relación. Era difícil de crer, pero sempre pensei en min antes que nadie. Ata que me din conta de que, ás veces, o destino separa ás persoas para reunirnos con outras que pensan [...]

Corazón partido

febrero 12, 2017 by LITERARIO No Comments

Un día enamoreime dun descoñecido cando tiña o corazón partido senón non faría tal cousa sen sentido. Ai miña nai que lío no que estou metido.   Xa non teño corazón para tomala decisión nin podo encontrala razón da miña perdición, que cousa podo facer;vivir,morrer ou intentar entender o que está a suceder.   Antes me ensinaches a quererte antes tamén me ensinaches a amarte. Pero agora que me pides olvidarche non podo,porque isto non mo ensinaches.   Corazón partido,corazón partido tanto necesito para che ter entretido. Tanto desexara que isto fora un chiste, pra  non estar triste polo meu despiste.   IKRAM EL ARCHI CARLA GONZÁLEZ ZHOUR NAJIB          

Poema Que Non Rima

febrero 9, 2017 by LITERARIO No Comments

Non existe tal maxestuosidade no universo cal vos fasme sentir por estar na túa soa presenza O meu mundo derrúbase só con pensar que non estás ao meu lado O teu rostro é  pálido como a luz da lúa reflexada no mar e o teu cabelo é tan vermello como o máis bonito dos amenceres A aurora vexo nos teus ollos, que semellan estelas de luz que me guían no meu sendeiro para  encontrarte en calquera lugar, sexa o máis escuro ou inóspito desta vida Necesito que sexas a esperanza dos corazóns que perderon o amor verdadeiro, necesito que sexas o poder do noso primer bico, necesito un propósito e necesito unha razón para que o noso amor siga latindo Coa colaboración de Kristian Banús

QUE É O AMOR?

Poesía de San Valentín- Soldado do Amor

febrero 2, 2017 by LITERARIO No Comments

Soldado da linguaxe chamada AMOR, tesouro que se AMORtiza, tesouro que non te AMARga. Provocador de noites en vilo, seguidas dun suspiro. Creador de impaciencia por non saber se é correspondido. AMARse, quere ou  non querer. O primeiro bico AMARrase, grávase, gárdase no máis profundo do teu ser, querer ou non querer. Sentimento que provoca risa e AMEniza, que vólvese  AMO de nós e nós AMORdaza. Creanos dependencia rompendo a coraza do corazón, anicandoa. Querer ou non querer David Sánchez Inés Rey Martín Lorenzo Iago Ramallo 4ºB

Cociñando con Escarlatina

mayo 12, 2016 by LITERARIO, VARIOS No Comments

Nas aulas de 1º ESO D e 1º ESO E lemos Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas. E, xa que logo, o noso alumnado tivo que meterse en fariña, quixera ou non. Velaquí tedes unha pequena mostra do que fixeron. Bo proveito!!!  

Un día moi especial.

Un día moi especial Nós eramos uns nenos normais , nunca viviramos unha aventura nin nos pasara nada estraño …. Ata aquel verán . Era xullo de 1982 , eu aprobara todo polos pelos e non estaba castigada; é máis , na miña familia estaban contentos , pois aquel ano fora difícil para min. Chámome Ana, teño quince anos e vivo nunha pequena vila chamada Farume. Os meus mellores amigos son: Miku, Álex , Dani e Nerea . Miku é da nosa vila ; pero o seu nome é xaponés, xa que aos seus pais gústalles moito a súa cultura. Álex vén de Camariñas e só o coñezo dende fai dous anos, pero bastoume para saber que é a persoa máis humilde e boa do mundo. Nerea é a miña mellor amiga, coñecémonos na gardaría e xa non nos separamos nunca. Dani é un fedello total. Non ten cabeza ningunha nin [...]

Un sons aterradores

Existía un camposanto bastante afastado, moi afastado. Estaba situado ao pé dun bosque, un gran e xa non tan fermoso bosque. A xente tiña medo do camposanto xa que escoitan sons estraños, moi, moi estraños. A xente estaba de acordo en que estes sons non eran deste mundo,uns dicían que eran pantasmas, outros que eran bruxas e trasnos, e outros chegaron a pensar que eran seres doutros planetas que se botaron a invadirnos. Aos veciños da parroquia dáballes arrepío falar do tema, xa que pensaban que as pantasmas ou bruxas, o que fora, os estiveran escoitando sen darse conta, xa que non sabían onde estaban. A xente empezaba a mudarse, xa que apareceran moitas pedras moles e portas manchadas de vermello, tamén apareceron cogomelos por arte de maxia no chan de varias casas. Tamén pola imposibilidade de durmir, pois os gritos, risas, alaridos, en fin, todos os sons que proviñan [...]