EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

A MIÑA NOVA VIDA (8)

diciembre 28, 2012 by ANIMAIS, LITERARIO No Comments

  Era Ofelia. O meu pai non censeguira matala e ela estábao buscando desesperadamente. El estaba en perigo e nós non íamos permitir que lle pasara nada malo nin a el nin a miña nai, polo tanto, despois de que Ofelia se alonxara un pouco, comezamos a seguila. Esto parecía unha historia de nunca acabar, primeiro, comezamos a perseguir a miña nai, logo, tiñamos que vixiar ao meu pai, e para rematar, debíamos encargarnos da morte de Ofelia, eran moitas cousas para rapazas de 13 anos! Pero todo o malo desta historia concretábase nun único problema, un segredo. Ao fin e ao cabo a culpa de todo isto tíñana os meus pais, se eles non taparan o segredo e mo dixeran dende o principio eu ao mellor cambiaba de opinión con respecto á idea de convertirme nun monstro devorador. Pero por outra banda, tamén era a miña culpa por meter [...]

A MÁXICA VIDA DE PERLA (3)

diciembre 28, 2012 by LITERARIO No Comments

Nadia e Manu eran xente avariciosa que odiaban á nena por ter que cargar con ela. Tiñan un fillo cinco anos maior ca ela chamado Dani. Dani tampouco aturaba a Perla. Nadia e Manu dábanllo todo. Tiña todo aquilo que alguén se poida imaxinar e moito máis, moitísimo máis. Pola contra, Perla non tiña nada. A casa dos tíos era espaciosa e enorme con moitos armarios e mobles preciosos. As habitacións eran espaciosas e nelas durmíase coma nunha nube ou iso dician Nadia, Manu e Dani. Perla nun durmía na habitación. Durmía na buhardilla cos ratos e mobles vellos ou rotos cheos de teas de araña e po. Durmía no frío e húmedo suelo e tapábase cunha manta vella, rota e con algunha polilla dentro. Dani e ela ían á escola. Dani levaba os cromos de moda, cadernos, lapis, bolis … Perla levaba un carboncillo e un par de follas. [...]

A MÁXICA VIDA DE PERLA (2)

diciembre 28, 2012 by LITERARIO 2 Comments

Era 19 de decembro e toda a familia ía camiño da vila cercana onde estaba o centro comercial máis cercano. Ían a comprar a árbore de Nadal. Levaban trinta euros para mercalo e ían moi contentos. Chegaron tras unha hora camiñando. O centro comercial era bastante grande e tiña moitísimas luces e decoración navideña. Perla non daba crédito ao que vía. Como era xa noite e estaba escuro as luces resplandecían aínda máis. Esa tarde foran comer cuns veciños da vila e por iso chegaron tarde de máis. Entraron na tenda e comezaron a ver todo o que había. Pasara xa unha media hora dende que chegaron. Tiñan pensado o que ían comprar cando Perla dixo que tiña que ir ao baño. Levárona e entrou.Cando saíu pola porta non había ninguen. Comenzou a buscar por toda a tenda pero nada. Empezou a chorrar e a correr gritando papá e mamá. [...]

A MIÑA NOVA VIDA (7)

diciembre 28, 2012 by ANIMAIS, LITERARIO 1 Comment

  Esperamos a que pasara o perigo e baixamos da árbore. María estaba moi concentrada en sí mesma, eu dinme conta de que era porque lle estaba lendo o pensamento a Ofelia e ao meu pai. – Ségueme!- díxome María. – Que lle pasou a miña nai? – Agora cho vou explicar, acouga. – Como me podes pedir eso? Estás tola verdade? – Cala a boca e ségueme! Visto a súa reacción, calei de contado e seguina. Estabamos atravesando un bosque cheo de silvas e toxos, era moi difícil andar por el. Eu non paraba de comerme a cabeza pensando que lle pasara a miña e a onde me levaría María, ata que chegamos a un lugar. Era a mesma cabana na que me tiveran encerrada. Parecía unha casa normal por fora, pero dentro era un cárcere, ou polo menos así o pensaba eu. Intentei acercarme ata a cabana, pero [...]

O BURATO(1)

diciembre 27, 2012 by LITERARIO 3 Comments

Onte fun a casa dun dos meus primos. Cando estabamos xogando, el atopou un burato no xardín. Eu acerqueime a contemplar semexante furado que había na terra, e despois de pasarnos máis de vinte minutos mirando un ao outro eu conseguín decirlle: -Entramos no burato? -Vale!! Vou buscar unhas cousas para a viaxe e volvo deseguida- contestoume cheo de enerxía. Pasaron cinco minutos e ali estaba coa súa mochila vermella con estrelas de moitos cores, algunhas cordas na man esquerda, unha linterna, algunhas probisións e moitas outras cousas. -Pero debemos regresar pronto ou si non os nosos pais sospeitarán, o entendes non?- díxenlle eu vendo como a súa cara comenzaba a desilusionarse e comenzaba a quedarse moi triste. Asentiu, e  metémonos no burato. Descendemos moitísimo tempo sen ver absolutamente nada, ata que derrepente divisamos unha luz que cada vez se facía moito máis grande e supemos que a nosa viaxe [...]

A MÁXICA VIDA DE PERLA (1)

diciembre 27, 2012 by LITERARIO No Comments

Todas as historias comenzan igual, érase unha vez…, esta non. Porque? Non o sei. Simplemente por ser como é. En ela encóntrase unha das vidas máis máxicas que se escoitara ata agora, a de Perla. Naceu en Barcelona nun frío 12 de decembro, nunha casa pobre das aforas. Vivía coa súa nai Luna e o seu pai Ánxel. Non era moi grande e espaciosa pero querían que todo o que houbera fora para ela, dende libros e xogos ata regalos e roupa. Os dous pasaban todo o ano traballando para que, cando chegara o Nadal, tivera a visita dos Reis Magos igual ca o resto de amigos e amigas que ían con ela á escola. Non era un bo colexio pero non podíanse permitir un mellor. Perla, a pesar de todo, seguía sendo unha nena moi pequena que non entendía a situación económica dos pais. Era verdad que o máis [...]

A MIÑA NOVA VIDA (6)

diciembre 24, 2012 by ANIMAIS, LITERARIO 1 Comment

  Que sería eso? Quen estaría alí comigo? Non tiña resposta para tantas preguntas, unicamente tiña medo, medo de que me fixera dano. Non era capaz de pensar. Tiña na mente aqueles ollos amarelos, coma os de miña nai, e pensaba que ía ser Ofelia que me atopara e me quería convertir en loba pero, nese intre: – Ola! O meu nome é María. – Ahhhhh! – Non berres! Non che vou facer dano. – Que certeza teño para crer en ti se non sei quen es? – Ningunha, pero poderíasme contar que che pasa e así gañar máis confianza comigo. É unha boa idea, non? – Non estou segura. – Eu son un vampiro e teño 13 anos. Nacín en Noruega pero conseguín escapar ata aquí. – ES UN VAMPIRO! – Son. Xa cho dixen, e non pasa nada. Nós somos inofensivos. – Inofensivos? Poderíasme chupar agora mesmo cada [...]

HISTORIAS DE LOBO{||}

diciembre 24, 2012 by ANIMAIS, LITERARIO No Comments

Antes de nada, vou aclarar un par de conceptos: Neko:Según creo, a súa traducción literal de xaponés-español é “persoa gato”. Isto significa que é unha persoa con rasgos felinos, como orellas, rabo, bigotes e/ou zarpas. Nesta caso, Nándem ten orellas, rabo e algunhas raias na cara. PD:Se alguén quere coñecer o aspecto de Nándem ou de Beast, que me avise! Sen máis dilación: CAPÍTULO SEGUNDO- Nándem É dificil acostumbrarse a vivir neste bosque.. Dende logo, mira que ter que esconderme EU! Son Nandy, unha maldita estrela pop! E por enriba, son un neko-tigre. Un neko! Todos os xapoeses pelexando por tocar as miñas orellas ou o meu rabo! E agora, por culpa dun malentendido, véxome condeado a esta prisión feita de madeira! Polo menos tiveron a decencia de deixarme ben equipada a cociña. -Se soubera cociñar…-levanteime da mesa. A noite anterior houbera un grán estrépito. Debía asegurarme de que ningún [...]

A MIÑA NOVA VIDA (5)

diciembre 22, 2012 by ANIMAIS, LITERARIO 1 Comment

Era a miña nai. Estaba soñando, non podía ser certo! Os monstros non existen, son pura fantasía. Pero non, era a fría realidade. Ese era o segredo que me estiveran gardando todo este tempo, eles eran monstros despiadados e sen escrúpulos. Nese intre unha persoa comezou a falar comigo: – Ola! Me parece que xa descubriches o segredo dos teus pais. - Es Ofelia! Como te atreves a facernos isto? – Asegúroche que che estou facendo un favor. – Pois vaia favor, non ten mérito ningún para min. – Os teus pais mentíronche todos estes anos, e eu salveite das súas mentiras. Iso non ten mérito? – NON! Os meus pais seguro que tiveron as súas razóns para ocultarme este segredo. Nese intre quitáronlle a mordaza da boca aos meus pais e comezamos a falar: – Sentímolo moito filla, pero era necesario. – Por que non mo dixestes antes? – Porque podíamoste poñer [...]

A CRUDA REALIDADE DO NADAL

diciembre 22, 2012 by LITERARIO No Comments

Esta é a historia da verdade do Nadal. A historia de como Ana, de dez anos, deuse de conta de como todos os seus soños desaparecían na noite. Era o día vinte e catro de decembro pola noite. Ana esperaba con ilusión a chegada de Papa Noel. Levaba todo o ano esperándoo. Enviara unha carta ao Polo Norte con todos os seus regalos semanas atrás. Non era moito pero era o que quería. Pedira uns patíns en liña, un telescopio e unha boneca para peitear. As dez e media ou así a súa nai recibiu unha chamada do pai que lle dixo algo que lle fixo rir. Ana preguntou que quen era e que quería. Súa nai díxolle que era de Papa Noel que lle traería os regalos despois de cear. Ana díxolle:- Está xa a cea?-. A nai reíuse e díxolle que puxera a mesa. O seu pai non [...]