EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

A PANTASMA DO CEMITERIO. Mateo Souto Souto. 1º F ESO.

Unha vez, no 31 de outubro de 1966, había dous irmáns chamados Pablo e Leo, que ían ir cos seus amigos polas casas a pedir truco ou trato. Cando saíron da casa, atopáronse no medio do camiño. Colleron moitas lambetadas, ata que encontraron unha casa preto do cemiterio e foron cara a ela. Ían entrar alí, pero a casa era de mentira e quedaron atrapados dentro do cemiterio. Estaban moi asustados. Entón escoitaron un ruído horripilante, uns pasos moi fortes e unha risa moi grave. Os pasos soaban cada vez máis fortes, a risa máis grave e o ruído máis horripilante. Entón, pola porta do cemiterio, entrou unha sombra moi estraña. Parecía que tiña unha capa de cor negra, a súa cara semellaba unha criatura saída do inferno, tiña os ollos da cor do sangue e a súa cara era moi pálida. Intentaron fuxir, pero a sombra foi tras deles. [...]

EDDLG principal

A NOVA CREACIÓN DO BRUXO. Carmela Lareo Varela. 1 G ESO.

Había unha vez, nunha vila moi afastada, situada nas montañas máis silenciosas do mundo, un bruxo moi malvado. Este bruxo vivía alí, dende había anos, nun castelo moi antigo. El nunca fixera dano a ninguén ata entón. Na vila só se vían os paxaros cantar e a auga baixar polo río. As súas xentes nunca corrían nin gritaban por nada. Ata que un día, en pleno agosto, o bruxo abriu a porta do seu castelo e deixou ver ao resto da poboación  a súa creación, a súa creación máis grande. Nese intre un xigante con oito brazos e catro patas saíu lentamente do castelo. De súpeto, o xigante chamado Destro, comezou a esnaquizar todo o que se lle metía polo camiño. A xente da vila, moi espantada, gritou e correu por primeira vez cara ás súas pequenas casas a refuxiarse. O bruxo, moi satisfeito da súa nova creación, pasaba o [...]

EDDLG principal

POEMA DE AMOR. Lucía Vidal Gómez e Álvaro González López. 4º A ESO.

Poema de amor A miña avoa díxome, -Ten coidado co amor, que pode ir en contra túa. Moito caso lle fixen pois non fallaba unha. E así seguín, con iso na cabeza, día e noite lembrando o que a miña avoa me dixera. Pero co tempo adecuado todo se esquece e na mente non todo permanece. Igual coa inocencia, ao pasaren os anos desaparece. Fun crecendo, pois, e un rapaz atopei. Os consellos da miña avoa ignorei. Fíxome sentir diferente, sabía que o sentía el tamén… Moito tempo pasou ata que me decatei: Este rapaz xa non me quere, mais eu si aínda a el. E un día cheguei a casa, non apareceu por ningún lado. Rapaz que te fixo… Non o podía crer. Por Lucía Vidal Gómez e Álvaro González López – 4ºA

EDDLG principal

Marta Gómez Salza 4º B ESO. Poema de amor.

febrero 7, 2018 by VARIOS No Comments

E de súpeto, miráchesme, con eses ollos tan fermosos e cheos de vida, que resplandecían cada vez que te atopabas preto de min, e cando te acercaches, e sentía o teu respirar, preto dos meus beizos, a punto de rozarse , espertei do meu soño…

Quéreme ou non me quere?

febrero 20, 2017 by VARIOS No Comments

-Muller- Oh, meu amado, canto te quero. Non te me afastes quédate preto. Oh, meu home, non te me acerques, quédate lonxe non quero verte. -Home- Non sei que quere, síntome raro. Quere que quede ou marche do seu lado? Téñolle medo, Que está ocorrendo? Estou aterrado, vai co coitelo. -Muller- Onde te agochas? Por que tes medo? Non me temas, que eu te quero. -Home- Que estás dicindo? Se ai un momento ías matarme con ese cuberto. Véxoa confusa, mirando o obxecto. Vou escapar, é o meu momento. -Muller- Ves como foxe? Miroute con noxo. Xa non lle importas, teras que matalo. Por que me mentes? El sempre me amou. Xa mo prometeu, cando comigo casou. -Home- Véxoa falando, mais non hai ninguén, pero debo aproveitalo e correr polo meu ben. -Muller- Vaia, que risa, escondeuse no armario, teño pendente matalo de contado. Oh, meu querido, Pero que fixen?! [...]

Poema de Nicole Alvariño e María García 4º E.

febrero 15, 2017 by VARIOS No Comments

QUÉROTE Amo todas as túas coincidencias, amo cun sorriso na alma, incluso as diferenzas porque, por moito ou pouco, ao final, é o que a ti e a min nos complementa. Quizais sexa difícil, complicado, para a persoa que rompe as palabras, para quen fractura as promesas, mirando ós ollos a alguén, e fai tanto que perdeu o camiño dese alguén. Pregúntome se pensas que somos covardes ou terribles por distanciarnos, despois de todo. Nicole Alvariño Castro e María García Torres. 4º E ESO.

O amor

febrero 15, 2017 by VARIOS No Comments

  O amor é díficil. É dificil ser correspondido. E dificil ser amado. E dificil falar de amor. E dÍficil expresar o amor. E por suposto é dÍficil decir “te quero” mirando aos ollos a outra persoa. Silvia Fernández 4ºD  ESO

A muller

octubre 19, 2016 by VARIOS No Comments

Era unha tarde de outono, unha desas tardes grises, que parece que vai chover: pero sò queda iso en parecer. Soou telefono eran os meus amigos que me preguntaban se quería baixa a dar unha volta; non tiña moitas ganas pero tampouco me apetecía quedar na casa e fun e dixenlles que si. Ao momento encontramos no parque. Alí botamos pouco tempo, pois como tiñamos medo a que chovera marchamos. Fomos ría abaixo, xa que levabamos un anaco andando. Cando empezaran a caer unhas pingueiras gordas, todos botamos a correr, e, de pronto, Xan parou e dixonos, vide e imos abrigarnos nesa casa abandonada. Todos botamos a correr, pois non queriamos mollarnos. Pero entrar na casa xa era outra cousa. Ninguén se atrevía a ser o primeiro. Xan, coma sempre foi o que tomou a iniciativa, e todos of seguimos. A casa era vella, e ainda con servaba todos os [...]

Cociñando con Escarlatina

mayo 12, 2016 by LITERARIO, VARIOS No Comments

Nas aulas de 1º ESO D e 1º ESO E lemos Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas. E, xa que logo, o noso alumnado tivo que meterse en fariña, quixera ou non. Velaquí tedes unha pequena mostra do que fixeron. Bo proveito!!!  

O PESADELO MÁIS TERRORÍFICA DA MIÑA VIDA

febrero 12, 2016 by VARIOS No Comments

Onte pola noite ás tres da mañá estaba na cama. Cando de repente, escoitei un ruido moi raro na cociña erguinme e fun mirar a ver que era, pero resulta que non había ninguén así que volvín para a cama. Unha hora despois volvín escoitar ese ruido tan raro e fun outra vez mirar o que era… Cando crucei a porta vin que era un pallaso cun cogombro pintado de cor vermella na nariz e un disfraz de píntega de cor verde e amarelo. Cando o mirei peguei un berro que creo que escoituse ata en Londres. Entón o pallaso saiu correndo da casa, pero non o conseguin ver do medo que tiña. Metinme na cama tapeime toda e intentei durmir, pero non puiden. Quería saber onde se fora. Así que me vestin, e fun tras del a ver cal era o seu refuxio. Seguino ata averiguar que o seu [...]

PHP Fatal error: Internal zval's can't be arrays, objects or resources in Unknown on line 0