EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Cita no camposanto

CITA NO CAMPOSANTO

Vouche falar dunha historia tenebrosa, monstruosa, horrible e todas as cousas  espantosas que te poidas imaxinar.

Todo empeza unha simple e corrente  tarde  como todas as demais. Eu estaba comprando na froitería da esquina, cando me chamaron por teléfono do traballo, para avisarme doutro homicidio, pero este homicidio non era un calquera, era aquí onde empezaba a historia de verdade, onde sucedía todo.

Fun ao lugar dos feitos, a ver que pasaba e encontrei algo que non vira nunca, algo INCRIBLE, algo diferente, diferente aos demais asasinatos, algo que nunca ía esquecer…

Cando cheguei á urbanización de casas e o vin, quedei impactada: era o maior asasinato da historia. Non o creredes, pero eran quince mortos en tres lugares diferentes: na primeira casa había seis corpos, todos asasinados da mesma forma, na segunda os corpos estaban na piscina, había dous na auga e cinco fóra, na terceira casa encontraron a unha parella de anciáns.

Fun ao segundo lugar e alí descubrín que o asasino deixara unha píntega gravada no bordo da piscina. Volvín aos outros dous escenarios e atopei o mesmo gravado: unha píntega perfectamente debuxada. Así cheguei á conclusión de que aquela era a súa marca.

Despois de cinco horas volvín á miña casa, e cal foi a miña sorpresa cando ao chegar á porta atopei a mesma figura gravada, esta vez de cor vermella e cunha nota que dicía:

No camposanto ás 5 da noite, ven soa.

Sentín o frío xearme o sangue.

Entrei á casa e preparei a cea: unha ensalada con cogombro, leituga, cenoria e olivas. Apenas a comín, seguía a pensar en todas esas persoas mortas e sobre todo, na nota da miña porta. Senteime no sofá a ver a tele. As imaxes empezaron a cortarse e de súpeto foise a luz. Ás apalpadas fun cara ao cadro da luz,  ía apalpando a parede cando toquei algo mol. Peguei un grito ao tempo que aquela cousa tamén o pegaba. Ao escoitar aquel grito desgarrado volvinme tola pensando que o asasino estaba alí. Tentei volver ao salón para coller a  miña pistola pero unha man agarroume forte do brazo. Eu gritaba: “Sóltame, sóltame, asasino” pero unha man tapoume a boca. Soltei unha patada para liberarme pero non o conseguín. Mentres loitaba escoitei unha voz, unha voz que me era familiar, pero que no conseguín identificar. Na miña cabeza só podía pensar nas cousas horribles que me ía facer: como a aquelas persoas decapitadas e en anacos. Íame secuestrar, facerme sufrir e matarme. Naquel intre volvín escoitar a voz, decateime de que era a miña nai. Acendeuse a luz e vin a expresión de terror na súa cara. Tranquilizámonos as dúas e vimos cara ao salón. Estaba contándolle o dos asasinatos e o da nota na miña porta cando vin unha sombra moverse rápido polo rabo do ollo.

Despois só recordo a escuridade…

Un mes despois atopáronnos nun edificio abandonado. Contáronme todo o que sucedera: encontraron ao asasino e metérono en cadea perpetua.

Sigo tendo recordos  daquela fase de miña vida e onte volvín ver aquelas mans que me agarraron  e me retiveron durante un mes a saber onde. Estaba sentada nunha mesa da cafetería e unha persoa sentouse en fronte de min e díxome:

- Non viñeches aquel día ao camposanto…

 

 

                                                                                

One comment on “Cita no camposanto

  1. on febrero 5, 2016
    Almudena Falcón Folgueira dice:

    Xa está corrixido.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>