EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

COMESTO. Relato de Anxo Suárez Lado. 4º D ESO.

noviembre 1, 2018 by LITERARIO, MEDO ME DÁS No Comments

COMESTO

Hoxe se mo permitides vouvos relatar algo que lle aconteceu a meu avó e que coido que

pode interesarvos.

Foi nunha desas noites negras coma a pel do demo, serían as tantas da mañá cando

de súpeto:  PLASSSS! Escoitouse o ruído seco de algo caendo e meu avó espertou sobresaltado.

Con apuro mirou ao seu carón para decatarse do que xa sabía, xa había anos que a súa muller

deixara ese lado da cama baleiro.

Abriu a xanela para atoparse con tal escuridade, o máis que podía ver era (como el lle dicía) o

“foque”, que xa facía anos que non iluminaba nada dende hai ben tempo.

Con medo agarrou o obxecto máis contundente que tiña na man, un reloxo de prata comesto

por unha ferruxe verde, e co corazón latexando tan forte que parecía que se lle ía saír do peito.

Aínda que a súa casa non era moi grande e a escuridade case total, imposible de percorrer,

agás para unha persoa que xa o fixera miles de veces. Aínda con iso, chocou coa a parede un

par de veces, que co renxer da madeira comesta pola humidade e o tempo era o

único que se atrevía a perturbar o solemne silencio da casa. Un silencio que parecía ser o seu

propio ruído, tan molesto que a única cousa peor que seguir aturándoo era rompelo.

Cando de súpeto, pasou diante dunha porta e veu moverse algo. Ficou quedo. Doíalle o

peito, non estaba afeito a tanta tensión. Entón comezou a revirar a cachola amodiño para

decatarse que pasara diante dunha porta con cristais, e xa co corazón máis calmo, fixouse no

cristal roto na parte de abaixo. Rompérao o seu netiño cando era ben pequeno. Só

escachara por dentro e case puido verse un sorriso reflectido no amarelo cristal

comesto polo pasar do tempo.

Cando ía chegar á entrada parecía que lle ía dar algo. O máis probable e que non houbera

nada, pero ese: “E se…?”

Aínda que estaba certo de que non había ningunha pantasma, sufría ao pensar que algo máis

perigoso podería estar aí: unha persoa.

Cando decidiu baixar, a visión que tería conxelaríalle o sangue e deixaríao no sitio. Foron

en realidade uns segundos que para el parecían horas. Diante da porta atopouse coa visión dun

home alto, cunha chaqueta de la gastada polo uso e unha boina.

O home non se moveu, aínda que era obvio que o vira. Cando xa pensaba que non había máis

nada que facer, ao mirar ben, decatouse de que era o colgador.

Ante iso subiu as escaleiras, meteuse na cama e atopouse a el mesmo escarallado polo

medo e comesto polo paso dos anos.

 

ANXO SUÁREZ LADO. 4º D ESO.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>