EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

NA MEMORIA

Perseguíannos, non sabiamos o que facer, corremos…

Ben, mellor empezarei polo principio. Chámome Martín e tiña 12 anos cando me pasou unha cousa que non lle debería pasar a un neno daquela idade.

Miña irmá Marta e mais eu decidíramos ir ao cine xa que non tiñamos nada mellor que facer ao ser verán. Quedáramos cos nosos amigos e amigas, pero ao ser un venres 13 non querían saír da casa polo que lles puidera pasar. Marta e mais eu non criamos niso e por iso fomos os dous sós. Fóramos ver un filme de medo porque non había doutros tipos ao ser tal día como aquel. O filme chamábase “Os monstros das escuridades”. Fomos vela no modo 3D porque desa forma era máis interesante e polo simple feito de que non sabiamos o que nos esperaba. Cando estaba a piques de rematar, de súpeto toda a pantalla iluminouse, non se vía nada de nada. Cando por fin se vía algo cada vez o filme parecía máis real que de 3D. Fun acercándome lentamente, de súpeto choquei contra algo peludo e grande, quitei os lentes do cine lentamente, alcei a mirada cara arriba e gritei o máis forte que puiden. Non o podía crer, como podía estar a pasar algo así, como puido aparecer un lobo xigante alí mesmo. Collín a miña irmá do brazo e empezamos a correr como toda a xente alí presente.

Perseguíanos,non sabiamos o que facer, corremos e corremos ata chegar ao camposanto da cidade.Escondémonos detrás do que puidera taparnos. Empezamos a respirar profundo e a coller aire, estabamos sentados enriba de algo mol, non sabiamos o que era, mais dábanos igual. Escoitamos unhas pisadas moi grandes e estabamos seguros que non eran de humanos.Levantouse o obxecto que nos tapaba, tiñamos medo mais miramos cara atrás. Non sabiamos moi ben o que era, mais si sabiamos unha cousa: que tiñamos que correr. Despois de cinco minutos correndo tropecei e caín por un burato. Marta colleume polo brazo mais non resistiu e caeu ela tamén. Ao chegar ao chan, puxémonos de pé; pensabamos que estariamos a salvo mais non era así. Caeunos unha gota por enriba da cabeza de cor vermello, supuxemos que era unha especie de píntega pero 100 veces o seu tamaño normal, era xigante! Vin un obxecto a carón de min e collino, era un cogombro, non serviría de moito pero ao menos distraeríao; tireillo, non serviu de nada,pensamos que era a fin, nunca imaxinamos que acabaría desa maneira. Colleunos,estaba disposto a comernos, cerramos os ollos e, de súpeto, abrímolos e vimos que seguíamos vivos e que estaba pasando algo estraño, soltounos, e caín na auga dos sumidoiros, mergulleime do alto que caemos. Subín a superficie e non vin a píntega por ningunha parte, foi como se tivese desaparecido por arte de maxia. Só vira a miña irmá morta no chan. Non parei de chorar e chorar. Collina e leveina á superficie, xa era de día e supuxen que os monstros desapareceran por iso, aínda que a verdade non me importara moito con tanto de que se foran. Levei a Marta ao campo santo e enterreina, porque sabía que ela faría o mesmo se tivese morto eu, recei e logo funme moi triste. Busquei e busquei mais non había ninguén nin nas rúas nin nos fogares, todos morreran. Era o único supervivinte,non o podía crer. Funme de alí sen pensalo o máis lonxe posible. A Coruña desaparecera do mapa para sempre, ninguén sabía o porqué, había moitas hipóteses pero ningunha certa, todo o mundo cría sabelo pero só unha persoa sabía a verdade, ese son eu. Escondinme do mundo, non tiña a ninguén, só eramos eu e a memoria da miña irmá Marta.

Cada venres 13,de cada mes,de cada ano cóntome esta historia para recordarme a min mesmo porque tiven que ser eu, porque tiven que o único supervivente daquela catástrofe.

One comment on “NA MEMORIA

  1. on febrero 12, 2016
    Almudena Falcón Folgueira dice:

    Corrixido. Hai que deixar un espazo en branco despois das comas e dos puntos, que tiven que ir poñéndochos eu.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>