EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

A muller

octubre 19, 2016 by VARIOS No Comments

Era unha tarde de outono, unha desas tardes grises, que parece que vai chover: pero sò queda iso en parecer. Soou telefono eran os meus amigos que me preguntaban se quería baixa a dar unha volta; non tiña moitas ganas pero tampouco me apetecía quedar na casa e fun e dixenlles que si. Ao momento encontramos no parque. Alí botamos pouco tempo, pois como tiñamos medo a que chovera marchamos. Fomos ría abaixo, xa que levabamos un anaco andando. Cando empezaran a caer unhas pingueiras gordas, todos botamos a correr, e, de pronto, Xan parou e dixonos, vide e imos abrigarnos nesa casa abandonada. Todos botamos a correr, pois non queriamos mollarnos. Pero entrar na casa xa era outra cousa. Ninguén se atrevía a ser o primeiro. Xan, coma sempre foi o que tomou a iniciativa, e todos of seguimos. A casa era vella, e ainda con servaba todos os [...]

Cociñando con Escarlatina

mayo 12, 2016 by LITERARIO, VARIOS No Comments

Nas aulas de 1º ESO D e 1º ESO E lemos Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas. E, xa que logo, o noso alumnado tivo que meterse en fariña, quixera ou non. Velaquí tedes unha pequena mostra do que fixeron. Bo proveito!!!  

Un día moi especial.

Un día moi especial Nós eramos uns nenos normais , nunca viviramos unha aventura nin nos pasara nada estraño …. Ata aquel verán . Era xullo de 1982 , eu aprobara todo polos pelos e non estaba castigada; é máis , na miña familia estaban contentos , pois aquel ano fora difícil para min. Chámome Ana, teño quince anos e vivo nunha pequena vila chamada Farume. Os meus mellores amigos son: Miku, Álex , Dani e Nerea . Miku é da nosa vila ; pero o seu nome é xaponés, xa que aos seus pais gústalles moito a súa cultura. Álex vén de Camariñas e só o coñezo dende fai dous anos, pero bastoume para saber que é a persoa máis humilde e boa do mundo. Nerea é a miña mellor amiga, coñecémonos na gardaría e xa non nos separamos nunca. Dani é un fedello total. Non ten cabeza ningunha nin [...]

O PESADELO MÁIS TERRORÍFICA DA MIÑA VIDA

febrero 12, 2016 by VARIOS No Comments

Onte pola noite ás tres da mañá estaba na cama. Cando de repente, escoitei un ruido moi raro na cociña erguinme e fun mirar a ver que era, pero resulta que non había ninguén así que volvín para a cama. Unha hora despois volvín escoitar ese ruido tan raro e fun outra vez mirar o que era… Cando crucei a porta vin que era un pallaso cun cogombro pintado de cor vermella na nariz e un disfraz de píntega de cor verde e amarelo. Cando o mirei peguei un berro que creo que escoituse ata en Londres. Entón o pallaso saiu correndo da casa, pero non o conseguin ver do medo que tiña. Metinme na cama tapeime toda e intentei durmir, pero non puiden. Quería saber onde se fora. Así que me vestin, e fun tras del a ver cal era o seu refuxio. Seguino ata averiguar que o seu [...]

Xoán e o esqueleto misterioso.

Había cinco anos que a bisavoa de Xoán morrera, e cada semana, ía ó camposanto a levarlle flores frescas. Levaba moitísimas semanas facéndoo. Un día, como sempre, foi ó camposanto, pero… notou algo, algo que non era normal no ambiente… De súpeto, deuse de conta de que había píntegas e cogombros por todas partes e, Xoán asustouse. Cando chegou á tumba da súa bisavoa e ía poñer as flores, deuse conta de que a tumba era mol, máis do normal, no ambiente notábase que o aire era algo vermello, como se esparcisen sangue pola zona. Xoán xa estaba moi asustado e decidiu deixar as flores e irse correndo. Pero cando ía facelo, un home esquelético apareceu detrás de Xoán. O primeiro que fixo foi sacar do seu peto un móbil para pedir axuda, xa que ese home non tiña pintas moi boas. De súpeto, o home esquelético intentou atacar cun [...]

Viase no campo santo

Hai dous días no samaín estaba no camposanto cando vin unha píntega. Fun tras dela, pero, de repente, vin algo vermello e a pintega empezou a mutar. Intentaba comerme, pero antes diso dinlle un golpe cun cogomelo, pargouse e alegreime moit, pero sendarme conta un zombi mordeume e fun un zombi con el.

NA MEMORIA

Perseguíannos, non sabiamos o que facer, corremos… Ben, mellor empezarei polo principio. Chámome Martín e tiña 12 anos cando me pasou unha cousa que non lle debería pasar a un neno daquela idade. Miña irmá Marta e mais eu decidíramos ir ao cine xa que non tiñamos nada mellor que facer ao ser verán. Quedáramos cos nosos amigos e amigas, pero ao ser un venres 13 non querían saír da casa polo que lles puidera pasar. Marta e mais eu non criamos niso e por iso fomos os dous sós. Fóramos ver un filme de medo porque non había doutros tipos ao ser tal día como aquel. O filme chamábase “Os monstros das escuridades”. Fomos vela no modo 3D porque desa forma era máis interesante e polo simple feito de que non sabiamos o que nos esperaba. Cando estaba a piques de rematar, de súpeto toda a pantalla iluminouse, non [...]

Un sons aterradores

Existía un camposanto bastante afastado, moi afastado. Estaba situado ao pé dun bosque, un gran e xa non tan fermoso bosque. A xente tiña medo do camposanto xa que escoitan sons estraños, moi, moi estraños. A xente estaba de acordo en que estes sons non eran deste mundo,uns dicían que eran pantasmas, outros que eran bruxas e trasnos, e outros chegaron a pensar que eran seres doutros planetas que se botaron a invadirnos. Aos veciños da parroquia dáballes arrepío falar do tema, xa que pensaban que as pantasmas ou bruxas, o que fora, os estiveran escoitando sen darse conta, xa que non sabían onde estaban. A xente empezaba a mudarse, xa que apareceran moitas pedras moles e portas manchadas de vermello, tamén apareceron cogomelos por arte de maxia no chan de varias casas. Tamén pola imposibilidade de durmir, pois os gritos, risas, alaridos, en fin, todos os sons que proviñan [...]

Cita no camposanto

CITA NO CAMPOSANTO Vouche falar dunha historia tenebrosa, monstruosa, horrible e todas as cousas  espantosas que te poidas imaxinar. Todo empeza unha simple e corrente  tarde  como todas as demais. Eu estaba comprando na froitería da esquina, cando me chamaron por teléfono do traballo, para avisarme doutro homicidio, pero este homicidio non era un calquera, era aquí onde empezaba a historia de verdade, onde sucedía todo. Fun ao lugar dos feitos, a ver que pasaba e encontrei algo que non vira nunca, algo INCRIBLE, algo diferente, diferente aos demais asasinatos, algo que nunca ía esquecer… Cando cheguei á urbanización de casas e o vin, quedei impactada: era o maior asasinato da historia. Non o creredes, pero eran quince mortos en tres lugares diferentes: na primeira casa había seis corpos, todos asasinados da mesma forma, na segunda os corpos estaban na piscina, había dous na auga e cinco fóra, na terceira [...]

A casa da bruxa encantada

Érase unha vez un grupo de cinco nenos, que se xuntaban as familias as fin da semana, eles tiñan trece e catorce anos, Non sempre facían caso aos seus país, ata que un día ocorríuselles facer unha excursión, por un lugar, onde se atopaba a chamada “ casa da bruxa”, onde moi preto, estaba o campo santo. Xa non era a primeira vez que iban, sempre había na porta do campo santo, dúas píntegas, sempre tiñan un cestiño de cor vermello con cogombros,mols  pero aquel día fíxoselles moi tarde, eles tiveron moito medo, porque os ruídos que sentían, non eran para menos, estaban acostumados a nunca sentir nada, e tiveron que votar a correr porque catro píntegas estabanlle quitando a comida as píntegas,  e foron a tras deles. Cando chegaron as súas casas, tremían co medo, contáronllo aos seus país, e dixéronlle que nunca mais volverían facer iso.