EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

Poema de amor. Lydia Blanco e Emma Balbís. 4º B ESO.

marzo 16, 2018 by ACTIVIDADES, LITERARIO No Comments

Queriámosnos.

O suficiente como para sentirnos sen vernos.

Un amor deses que rabuñan a alma,

que deixan sen respiración,

que te fan sorrir cos ollos pechados.

 

Queriámosnos.

 

Cando nos mirabamos por uns segundos

e esqueciamos que aí,

fóra dos nosos corpos,

seguía a vida apestando amores que non sabían nada de quererse.

 

Queriámosnos.

 

como se queren dous amantes que nunca se despiden

porque saben que volverán os bicos

produto do destino xogando coas súas vidas,

ou coma aqueles que nunca se despiden

aínda que non se volvan ver.

 

Queríate.

Queríasme.

Queriámosnos tanto e tan forte,

tan imposible,

que a cagamos

exactamente

coa mesma intensidade.

 

Lydia Blanco e Emma Balbía. 4º B ESO.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>