EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

POEMA DE AMOR. Óscar Calo Otero. 4º B ESO.

Poema de amor

 

Esas marabillosas tardes de xullo,

os dous sós, sen ninguén molestando.

ti e mais eu,

eu e mais ti.

 

O tempo pasa voando,

tres horas que parecen tres minutos.

Os dous bicándonos, baixo un sol abrasador,

escoitando de fondo,

as ondas do mar.

Marcho para a miña casa,

desexando volverte a ver canto antes.

Durmo pensando no sabor a fresas da túa boca,

na textura dos teus beizos.

Cando penso en ti,

sempre se me debuxa un sorriso na miña cara.

Grazas a ti, podo dicir

que xa sei o que é a felicidade.

 

Óscar Calo Otero. 4º B ESO.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>