EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

POEMA DE AMOR. Lucía Vidal Gómez e Álvaro González López. 4º A ESO.

Poema de amor

A miña avoa díxome,
-Ten coidado co amor,
que pode ir en contra túa.
Moito caso lle fixen
pois non fallaba unha.
E así seguín,
con iso na cabeza,
día e noite lembrando
o que a miña avoa me dixera.
Pero co tempo adecuado todo se esquece
e na mente non todo permanece.
Igual coa inocencia,
ao pasaren os anos desaparece.
Fun crecendo, pois,
e un rapaz atopei.
Os consellos da miña avoa ignorei.
Fíxome sentir diferente,
sabía que o sentía el tamén…
Moito tempo pasou
ata que me decatei:
Este rapaz xa non me quere,
mais eu si aínda a el.
E un día cheguei a casa,
non apareceu por ningún lado.
Rapaz que te fixo…
Non o podía crer.

Por Lucía Vidal Gómez e Álvaro González López – 4ºA

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>