EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

POEMAS, CARTAS E REFLEXIÓNS DO ALUMNADO SOBRE O AMOR

febrero 12, 2017 by LITERARIO, OPINION 1 Comment

 

 

QUÉROTE MEU AMOR

Ámote tanto,

que non podo negalo,

ámote tanto,

que non podo ocúltalo.

Este amor é tan grande,

como un marabilloso océano,

e tan fermoso

como as follas en outono.

Es una persoa única,

incrible en todos os sentidos,

e cada vez que te miro,

creo máis no que digo.

Eu sei que sentes o mesmo,

pero ás veces non o demostras,

pero cando o fas,

volvese todo máis lindo.

Prefiro afogarme no mar,

ou morrer de frío,

pero sen antes dicirche,

quérote meu amor.

Uxía Lema Grela, Safae Lemsahri Taiz, Carla López Iglesias. 4º D ESO

 

QUÉROTE

 

 

Véxote cada día co teu grupo de amigos. Engaiólame a túa mirada, encántame a túa personalidade e namórame a túa risa. Unicamente quero estar contigo para abrazarte e sentirte sempre ó meu lado. Non sei como dicircho, pero quérote. Cando ti ris eu río, cando choras, choro, cando estás triste, estou triste. Cando te vexo, noto no peito un tremor, noto como se me faltase o aire. Cando me falas póñome nervioso, ruborízome, nin eu mesmo sei como son capaz de falar. Se ti desapareces, parte do meu corazón desaparecería.

 

Con estas miñas frases quero dicirche que te quero, que quero estar ao teu carón e que non son capaz de aguantar a angustia de non ter comigo a túa presenza. Quero que se xunten as nosas miradas e se convertan nunha. Quero compartir contigo os meus sentimentos. Quero que sexas un dos piares da miña vida.

 

Esteban García Fórneas. 4º E ESO

 

 

Co “a” de amor

unha aperta moi longa

Co “m” de amor

estendo a man para acariñar

un soño de felicidade

Co “o” de amor

ollos,oídos e olfacto ningún sentido

me vai faltar

Co “r” de amor

roubareiche o corazón

para sempre xamais.

Kati Vilar Duarte. 4º C ESO.

“Boas noites Princesa”

 

Coñecéronse sen imaxinalo, na clase de literatura

cando menos o esperaban

as súas miradas encontráronse sen decatarse

A ela  puxéronselle as meixelas arroibadas.

E el aparta a mirada con orgullo e con un pouco de estrañeza ,

polo incomodo que se sentía.

Non podía crer a  mensaxe que lle chegou

o 14 de febreiro ás 11:30 da noite

dicíndolle Boas Noites Princesa

Ela quedou perplexa e deulle unha volta o corazón.

0º baixo cero ela acercase a el

e pregúntalle o porqué da mensaxe

el queda mirando embobado coa mirada fixa nela.

Ela ao instante perde o frío

e queda desconcertada co seu comportamento,

Entón el, sen máis, empeza a rir con delicadeza e respóndelle

“que porque lle apetecía”

Xusto entón el dá un paso cara a ela , ata que

os seus ollos están a moi poucos centímetros

E sen máis os dous acércanse un pouco máis e os seus beizos chocan

caendo os dous nun bico do cal ningún deles …

sentira ata entón.

AUTORAS: Irina Brito,  Alba Casariego e Rahela Ciucurean. 4º D ESO

Unha pequena historia de dous

 

 

Eu mírote, e miro o que agochan os teus ollos

Ollos que gardan estrelas

As mesmas estrelas que observamos xuntos.

Ese amor no que tanto tempo pensei

o mesmo amor que xuramos coidar

o mesmo amor que ambos decidimos custodiar

Miro, e véxote cun sorriso,

un sorriso que quero que gardes

un sorriso que quero que me dediques.

Aitana, Carlota e Cristina 4ºC

Reflexión sobre o amor

 

Na miña opinión o amor importante é o que un ten cara á súa familia, do outro amor pódese prescindir (pero axuda a facer o día a día máis levadío), xa que cando nacemos si temos o amor cara á familia, pero non cara ningunha persoa allea ao noso contorno, nese momento.

 

Álvaro Calviño García. 3º C ESO.

 

Poema de amor

 

Amors, mercé no sia

 

no t’abandonasses,

 

Que lo meu cor desire

 

membrando me matasses

 

E non e credería

 

que t’amor me faltasse,

 

Ne a la vita mía

 

per altres me camiases.

 

Tradución


Amor, concédeme o favor
de non abandonarme nunca,
Que o meu corazón desexa
recordar como me mataches
non podería crer
que o teu amor me faltase
 Nin que a miña vida
por outras a cambiases.

 

Lucia López Rodríguez 3º B ESO

 

 

 

Esta é a triste realidade

 

Xuntos camiñando pola praia

xuntos dende neniños

 

deitados con medo

a perdernos nos soños

 

medo a quedarnos sos

rezando perdón …

 

Un perdón que nunca chegará.

 

María Cedeira Varela. 4º C ESO.

 

 

 

Poesía de San Valentín

 

12/2/1996

Estarei, estarei,

estarei namorado?

Estarei, estarei,

estarei enfeitizado?

Non sei o que pasa

será un meigallo?

Ti, linda rapaza,

tesme namorado!

14/2/1996

Querida, queridiña,

queridísima namorada

de longos e escuros cabelos,

pel branca e fermosa mirada

Toleáchesme, neniña!

Toleáchesme; ruliña!

Por iso eu che escribo

querida, queridiña,

queridísima namorada

téñote na mente

téñote na alma.

18/2/1996

Cando queiras que te queira

e chores coma unha nena.

Corre, vai e dillo a calquera

o porqué da túa pena.

Chora nena, nena chora

cando vexas o que te desacouga

ese home de ollos verdes

e sorriso que namora

Marchou e levou o teu corazón.

Marchou e levou a túa ilusión.

Xogou contigo coma ti,

cun humilde servidor.

Carla Rama Carballo 4º D

 

 

 

POEMA

 

O AMOR NON SEMPRE É CORRESPONDIDO

 

Se ti souberas o que eu sinto por ti …

Quérote tanto que esa palabra non me cabe no corazón

Intentei esquecer o amor que eu sinto por ti,

pero non podo esquecelo.

Hai amores que duran para sempre,

Aínda que non estean xuntos.

Non quero volver a verte ,

quero verte volver.

O que eu non quería era

namorarme desa maneira …

 

Carla Pardo, Nerea Cabrejo, Óscar Cabrejo, Pablo Atrio 4º D

 

 

 

Poesía de San Valentín

Soldado do Amor

 

Soldado da linguaxe chamada AMOR,

tesouro que se AMORtiza,

tesouro que non te AMARga.

Provocador de noites en vilo,

seguidas dun suspiro.

Creador de impaciencia

por non saber se é correspondido.

AMARse,

querer ou non querer.

O primeiro bico AMARrase,

grávase,

gárdase no máis profundo do teu ser,

querer ou non querer.

Sentimento que provoca risa e AMEniza,

Que se volve  AMO de nós

e nós AMORdaza,

créanos dependencia

rompendo a coiraza do corazón,

anicándoa.

Querer ou non querer.

 

 

 

David Sánchez, Inés Rey, Martín Lorenzo, Iago Ramallo. 4º B

 

 

 

 

A carta que nunca che escribín

 

Os teus ollos firmes e fríos

coma o noso amor,

aquel que pouco durou

marchando con gran parte do meu corazón.

Cando xuntos estabamos, todo semellaba branco.

Cando marchaches, tinguiches o meu mundo de negro.

E agora que de ti xa me estou esquecendo,

estou a descubrir as bonitas cores que hai no medio.

O amor é un sentimento recíproco.

Quizais non era o momento,

quizais non era contigo.

Quizais só procurabamos darlle á nosa vida un pouco de sentido.

Mellor busquemos a nosa felicidade,

pode que non sexa xuntos,

pode que sexa sos.

Pero recorda sempre o que foi o noso amor.

Andrea Alvedro Canedo

Isabel Cibrán Martínez

Carmen Martínez Canedo

Soraya Rivas Tomé

 

4º E ESO.

 

 

 

QUE É O AMOR?

 

O amor é un sentimento, que nos acompaña na felicidade durante a viaxe da nosa vida, ese fiel compañeiro desta gran aventura chea de diferentes momentos: momentos melancólicos, nos que persoas importantes para nós abandonan este traxecto. Non obstante, permanecen no noso corazón porque a fin e ao cabo, iso é o amor. Momentos de xúbilo, nos cales o amor forma as notas da melodía que une os nosos sentimentos …

 

Amor en despedidas, amor nun mesmo, amor en familia, amor en parella, amor en amizade, amor ás tardes de verán, amor á vida, amor á comida da avoa, amor ás viaxes, amor á nosa terra, amor ó mundo.

 

O amor é a cor da nosa vida, a bandeira da unión mundial.

 

E ao final deste traxecto é bonito recordar todo o amor que damos e recibimos.

Como ben di Pablo Neruda: ¨namoreime da vida, é a única que non me deixará sen antes facelo”.

 

Lucía Rega Domato

Carla Aldao Otero

Carla Piñeiro Martínez

4º E ESO.

 

 

 

ACHÉGATE RAPARIGO

 

Raparigo achégate e déixame murmurarche,

todo aquilo que non puiden darche.

Achégate raparigo, pecha os ollos e déixame confesarche

todo aquilo que non puiden antes.

Raparigo achégate e móstrame o teu mar,

calmo e plácido que me sabe a fogar.

                                                      Achégate raparigo,

acaríñame os beizos coa túa pel,

pequena lingua que me sabe a mel.

 

Andrea Rodríguez e Nerea Cotelo (4ºC)

 

 

 

Poema Que Non Rima

 

Non existe tal maxestosidade no universo cal vós

fasme sentir así por estar na túa soa presenza

 

O meu mundo derrúbase só con pensar que non estás ao meu lado

O teu rostro é  pálido como a luz da lúa reflectida no mar

 e o teu cabelo é tan vermello coma o máis bonito dos amenceres

 

A aurora que vexo nos teus ollos,  semella estelas de luz que me guían no meu sendeiro para  encontrarte en calquera lugar,

sexa o máis escuro ou inhóspito desta vida

 

Necesito que sexas a esperanza dos corazóns que perderon o amor verdadeiro, necesito que sexas o poder do noso primeiro bico, necesito un propósito e necesito unha razón para que o noso amor siga  latexando

 

 

 

Nicolás Castro Santos e  Kristian Banús 4ºD

ALMA PERDIDA

 

Vida, que significado tes?

Se só cos teus ollos me mantés

nin deixas amar nin ser amada

toda a miña vida por ti téñoa arruinada

ALMA PERDIDA

 

Cando te miro sorrir

o meu corazón vai a mil

E cando te vexo chorar

O meu corazón xa non pode máis, vai explotar

ALMA PERDIDA

 

 

 

Flor de Lotto, ollos de vidro

corpo de seda coma diamantes cultivados in vitro

nada do doce froito da amabilidade

beleza, harmonía e serenidade

ALMA PERDIDA

 

 

Nin as adversidades do tempo

nin a nostalxia do afastamento

Conseguirán parar o meu sentimento onda ti

Por que a vida é amar, e o soño es ti

ALMA PERDIDA

 

 

Abdelhadi Daanouni 4 º ESO B

ASÍ É O AMOR

Todas as veces que te vexo, párase o tempo e con el os latexos do corazón , nese segundo só existimos ti e eu, nós, sos, os dous…
Igual que nos meus soños, pena que só sexan iso e ao espertar darme conta de que todo iso non é  a realidade. E as miñas ilusión vanse, desaparecen como as gotas de chuvia que escorregan nun cristal, neses días grises e escuros, nubrados pola miña tristeza é cando a realidade volve a min.

 

Un día, 24 horas, 12 que paso pensando en ti , 12 soñando neses soños nos que ti apareces.
Coa túa risa fasme feliz, non sabes canto. Felicidade que contrasta coa miña tristeza, xa que ao meu lado faltas ti, desexaría que estiveras compartindo os teus sorrisos comigo.
Nós, sos, os dous…sería unha alegría para a miña vida nubrada, uns raios de sol que farían o meu soño feito realidade.
Soñando sigo, ata cando non durmo. Nós, sos, os dous xuntos
Pero volta a empezar, día escuro, vida nubrada. A realidade vén a min.

 

Lucía García Iglesias. 4º E ESO

 

QUE É O AMOR?

 

 

O amor é un sentimento que vivimos todos os días, en moitas formas diferentes. Podes atopalo en quen menos esperas, e en cada persoa coñecida que está ao seu redor.

 

RODRIGO PINHEIRO AZEVEDO. 3º A ESO.

 

 

 

Sensación de moita comodidade cunha persoa, cariño recíproco, necesidade de estar con esa persoa coa que queres estar.

 

ALEX ANTELO MOURO. 3º C ESO.

 

 

O amor é unha das cousas máis bonitas do mundo, porque non e só unha atracción física, senón quererse tal como é a outra persoa. Non todo no amor vai saír perfecto, senón que hai que ter moita paciencia.

 

DANIEL GARRIDO MARTÍNEZ. 3º A ESO.

 

 

O amor é dúas vidas que se encontran, un sentimento de estar completo de non estar só. Cando sentes amor realmente sabes que todo vai ir ben, sénteste a gusto, acompañado, feliz…
Cando sentes amor sentes todo.
Pero non sempre é así, todo ó mundo sofre algunha vez por amor, o primeiro amor sempre doe.

 

NEREA AMADO FACAL. 3º A ESO.

 

 

 

Querido ti:

 

Podería dicir que isto é fácil, que soamente son palabras elixidas ó azar, xa que eu non podería escribilas por min mesma sen que se me escapase algunha parvada, desas que non soportabas, pero aquí estou, e asegúroche que nada do que che vou dicir é inventado ou sacado doutra persoa que non sexa eu.

Tiven moito tempo para reflexionar sobre o porqué da nosa separación. Houbo un tempo no que te odiaba, ti eras o único culpable desa situación de angustia que tiña no corpo e que por moito que intentaba liberarme dela, aí seguía, lembrándome de que ti non volverías. Despois diso, empecei a culparme a min mesma, quizais fora eu a persoa tóxica da relación. Era difícil de crer, pero sempre pensei en min antes que ninguén. Ata que me dei conta de que, ás veces, o destino separa ás persoas para reunirnos con outras que pensan que son mellores. E así foi. Non digo que ti sexas malo ou bo … Digo que con el son máis feliz e estou completamente segura de que ti con ela pasa o mesmo.

Recorda que, aínda que o noso camiño discorra por rúas separadas, podes recorrer a min cando o necesites,

 

Eu.

 

ELENA IGLESIAS LILLO. 4º E ESO.

 

 

 

Corazón partido

 

Un día namoreime dun descoñecido

cando tiña o corazón partido

se non non faría tal cousa sen sentido.

Ai miña nai que lea na que estou metido.

 

Xa non teño corazón para tomar a decisión

nin podo encontrar a razón da miña perdición,

que cousa podo facer: vivir, morrer

ou intentar entender o que está a suceder.

 

Antes ensináchesme a quererte

antes tamén me ensinaches a amarte.

Pero agora que me pides esquecerte

non podo, porque isto non mo ensinaches.

 

Corazón partido, corazón partido

tanto necesito para te ter entretido.

Tanto desexara que isto fora un chiste,

para  non estar triste polo meu despiste.

 

IKRAM EL ARCHI. 4º B ESO.

CARLA GONZÁLEZ. 4º E ESO.

ZHOUR NAJIB. 4º E ESO.

 

 

 

A contradición do amor

Que duro é o amor

que dura é a vida

que belo ver o solpor

co amor da miña vida.

Que belo é o amor

que bela é a vida

que duro ver o solpor

sen o amor da miña vida.

Teño unha grave dor

no interior do corazón

a causa da túa ida

un insomnio no meu día a día.

Rebeca Castro Rodríguez e Claudia Varela Vázquez 4ºB

 

 

 

A choiva nas túas pestanas

 

Dis que amas a choiva,  pero abres o teu paraugas cando chove, mentres as gotas se coan polas túas pestanas. E quen me dera ser elas, para poder ir morrer á túa boca.

Pero deixemos por un momento esas cousas de lado e dime: como se inspira a xente para escribir unha carta de amor?

Non minto se che digo que mentres penso nunha resposta a miña mente só se centra nos teus ollos, porque xúroche que nin no infinito do universo hai estrela que brille máis ca eles.

Non me xulgues, xa sei que non é esta a forma de escribirche poesía, pero éme inevitable imaxinarme rozando o latexo do teu corazón, reducindo todo así a unha única sensación. A min queréndote.

E xa que decidín recordar como aquel día me bicaches, podo deducir que se no meu mundo ti es todo, iso baste como resposta.

 

Carla Rodríguez Varela, Antía Corral Ricoy  4ºE

 

 

Quilómetros por ti

 

Percorro quilómetros

supero obstáculos

tan só por ti

tan só por ti.

Meu AMOR!

Dásme alegría ao meu corazón

porque San Valentín xa chegou.

Eu poño a alma e o corazón

douno todo por ti.

A miña paixón!

Daniel Campos Soto e Iván Brea Regueira 4ºB

 

 

 

O don da palabra

 

O don da palabra, aquilo que consegue
todos os propósitos do ser humano,
o que move a sociedade ao seu antollo,
capaz de conquistar calquera cousa se é ben utilizada,
o don da palabra.
Tendemos a infravalorala
sen saber realmente de que é capaz,
todos os altos cargos do mundo
saben perfectamente como utilizala,
o arma máis potente de todas,
o don da palabra.

 

Juan Darío Souto Pombo
Samuel Balseiro Díaz
José David Rodríguez Reyes

 

 

 

Sentinme traizoado

xa non te vexo por ningún lado,

Deixáchesme abandonado,

como un can rexeitado

porque, a verdade, amar sen ser amado

é como limpar o cu sen ter cagado.

 

Christian Bermúdez

4º B

 

 

  

Tiven un corazón,

ata que mo roubou un mal amor.

Ela era unha fermosura

pero acabou enchéndome de amargura.

Deixoume por Arón

porque era un ricachón.

Caín nunha gran depresión,

e veume a inspiración

para escribir esta canción,

sobre o meu desamor

e a perda do meu corazón,

por culpa dun mal amor.

 

 

Diego Moledo

Borja Cancela

4º B

 

 

Ter amor é un logro, 

telo toda a vida o noso soño, 

vivilo contigo o meu tesouro, 

coidalo máis ca un pirata o ouro. 

A mañá o río de ouro, 

a noite o mar de prata,

eu por sempre voute amar,

coma un pirata o mar. 

 

 

Rodrigo Rial Martínez  4°B

 

 

Así é o amor

Todas as veces que te vexo, párase o tempo e con el os latexos do corazón , nese segundo só existimos ti e eu, nós, sos, os dous…
Igual que nos meus soños, pena que só sexan iso e ao espertar darme conta de que todo iso non é  a realidade. E as miñas ilusión vanse, desaparecen como as gotas de chuvia que escorregan nun cristal, neses días grises e escuros, nubrados pola miña tristeza é cando a realidade volve a min.

Un día, 24 horas, 12 que paso pensando en ti , 12 soñando neses soños nos que ti apareces.
Coa túa risa fasme feliz, non sabes canto. Felicidade que contrasta coa miña tristeza, xa que ao meu lado faltas ti, desexaría que estiveras compartindo os teus sorrisos comigo.
Nós, sos, os dous…sería unha alegría para a miña vida nubrada, uns raios de sol que farían o meu soño feito realidade.
Soñando sigo, ata cando non durmo. Nós, sos, os dous xuntos
Pero volta a empezar, día escuro, vida nubrada. A realidade vén a min.

 

Lucía García Iglesias

Uxía Verdía Pereiro

Marisol Rama Mosquera

4º E ESO

 

 

 

 

QUÉROTE

 

Amo todas as túas coincidencias,

amo cun sorriso na alma, incluso as diferenzas

porque, por moito ou pouco, ao final,

é o que a ti e a min nos complementa.

Quizais sexa difícil, complicado,

para a persoa que rompe as palabras,

para quen fractura as promesas,

mirando ós ollos a alguén,

e fai tanto que perdeu o camiño dese alguén.

Pregúntome se pensas que somos covardes ou terribles

por distanciarnos, despois de todo.

 

 

Nicole Alvariño Castro e María García Torres. 4º E ESO.

 

 

 

O amor

O amor é difícil.

 

É difícil ser correspondido.

 

E difícil ser amado.

 

E difícil falar de amor.

 

E difícil expresar o amor.

 

E por suposto é difícil dicir “quérote” mirando aos ollos a outra persoa.

 

 

 

Silvia Fernández 4ºD  ESO

 

 

 

Poema non amoroso

 

Non vou morrer se ti non estás aquí,
podo andar ben camiñando sen ti
non me fas falta,
nin es a miña media laranxa,
pero contigo
é certo que o mundo faise menos feo.
Aprendo contigo, e contigo camiño.
Encántame todo o que compartimos.

 

Regiane Oliveira Araujo

José Ventura Roel Canosa.

4º B ESO

 

 

Quéreme ou non me quere?

 

-Muller-

 

Oh, meu amado,

canto te quero.

Non te me afastes

queda  preto.

Oh, meu home,

non te me acerques,

queda lonxe

non quero verte.

 

-Home-

 

Non sei que quere,

síntome raro.

Quere que quede

ou marche do seu lado?

Téñolle medo,

Que está ocorrendo?

Estou aterrado,

vai co coitelo.

 

-Muller-

 

Onde te agochas?

Por que tes medo?

Non me temas,

que eu te quero.

  

-Home-

 

Que estás dicindo?

Se hai un momento

ías matarme

con ese cuberto.

Véxoa confusa,

mirando o obxecto.

Vou escapar,

é o meu momento.

 

-Muller-

 

Ves como foxe?

Miroute con noxo.

Xa non lle importas,

terás que matalo.

Por que me mentes?

El sempre me amou.

Xa mo prometeu,

cando comigo casou.

 

-Home-

 

Véxoa falando,

mais non hai ninguén,

pero debo aproveitalo

e correr polo meu ben.

 

-Muller-

 

Vaia, que risa,

escondeuse no armario,

teño pendente

matalo de contado.

Oh, meu querido,

Pero que fixen?!

Veo o coitelo cravado,

diante dos meus narices.

 

-Home-

 

Quédame pouco,

xa estou morrendo,

pésame o corpo,

mais sígoa querendo.

 

-Muller-

 

Que felicidade!

Chegou ao seu fin!

Poderei durmir tranquila,

xa que me satisfixen.

 

Oh, meu amado,

acabarei comigo,

quitareime a vida

e poderei ir contigo.

 

De Yael Martínez y Nerea Cotelo, de 4ºB

 

 

Reflexión sobre o amor

 

Que é o amor?  Eu aínda non son quen de definilo ben, é o sentimento que todos queremos algunha vez sentir e gozar. O amor é máis ca un sentimento xa que ten o poder de facer sorrir, pero tamén de facer chorar. O amor, ás veces, tamén decepciona, doe e arde por dentro. Un sentimento, unha sensación, esa pola que todos sofren e ninguén quere sufrir. Pero o amor tamén dá bos recordos, boas experiencias e ás veces é perpetuo, aférrase a un coma quen non quere marchar. Isto é una parte do amor, xa que é considerado “múltiple” porque non só ten un contexto. Tamén existe o amor propio, ese é o máis importante, porque ninguén pode quererte, comprenderte e axudarte máis que ti mesmo. Se ti non te queres quen te vai querer? NINGUÉN pode facelo.

Quererte a ti mesmo é o primeiro paso para aprender e comezar a amar aos demais.

 

María Rodo, María Marán, e Julia López. 4º C ESO

 

  

Reflexión sobre o amor

 

Ás veces pregúntome que é realmente o amor. Algúns dirán que é una perda de tempo, outros que é o mellor que che pode pasar na vida, que sen el non estás realmente completo. Mais eu, simplemente penso que é un complemento da vida, que por ti mesmo tes que saber ser feliz sen depender de ninguén.

Moitos pensan que ter unha relación é entregarse por competo á persoa e crear unha vida xuntos, que iso é o verdadeiro amor. Máis eu penso que cada un ten a súa vida independente máis alá da súa parella, que cada un ten o seu espazo.

A nosa definición do amor reside na nosa parella, non obstante, tamén o podemos atopar na nosa familia e amigos, o amor máis puro e real. Pero ás veces, estamos tan obcecados en atopar o amor de parella que non vemos outros tipos de amor igualmente importantes.

Temos que aprender a valorar os pequenos momentos que nos regala a vida coas persoas que queremos. Porque moitas veces non o facemos e despois e demasiado tarde. Definir o amor quédanos moi grande.

 

Tamara López e Carla López 4º C ESO

A máis fermosa historia

 

Esta é unha fermosa historia que é capaz de transcender o tempo.

Nalgún lugar, nalgún tempo, dous amantes víanse na beira dun pequeno rego xunto a un salgueiro.

Bastan un par de minutos para esquecer as dores do día a día.

Era o seu lugar, lugar do seu pecado, lugar do seu eterno segredo.

Cruces de discretas miradas, fugaces sorrisos, palabras ocultas.

No lugar ela era a máis fermosa rosa do xardín, el a espiña máis daniña.

Aciaga sorte.

Un terceiro oído decatouse do fermoso segredo, a moza sería del.

Próximo encontro, ela corre, ela chora.

Baixo o salgueiro, lúgubre vista.

Lágrimas caen.

El non respira.

Horas máis tarde,

ela non vive.

 

Rocío Pereiro Szollosy

4º E ESO

 

 

POEMA DE AMOR

Dixéchesme asómate e mira ben as estrelas

o meu corazón mandouche unha mensaxe, nunha delas

Saín mirar,

moi feliz, veloz coma un raio

véxote tan bonita, tan perfecta

e tan preciosa que calquera cousa que teñas,

a min paréceme preciosa.

Es tan preciosa

que a vida non quixo que no teu camiño

as cousas sexan de cor de rosa.

Desexos na vida,

desexos mil temos

desexos de praceres

desexos de diñeiro

desexos de avaricia.

 

David López López

Carlos Catrufo Rega

4º D ESO

 

 

 

 

 

 

 

One comment on “POEMAS, CARTAS E REFLEXIÓNS DO ALUMNADO SOBRE O AMOR

  1. on febrero 15, 2017
    Silvia Fernández dice:

    O amor é díficil.

    É dificil ser correspondido.

    E dificil ser amado.

    E dificil falar de amor.

    E dÍficil expresar o amor.

    E por suposto é dÍficil decir “te quero” mirando aos ollos a outra persoa.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>