EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

POEMAS DE AMOR. Iria García Olveira. 4º D.

Poemas de amor

 

I

Dous mundos distintos

dúas formas de sentir diferentes,

dúas vidas sen nada en común,

dúas maneiras de vivir,

dúas persoas que se encontran

e todo iso que nunca se uniría

algo que xamais imaxinarías

únese, para vivir algo

marabilloso que é “o amor”.

Amor é non ter que perdoar

amar é abandonalo todo

para seguir a quen amas

vivir cousas diferentes

sen que ningún teña

que reprochalo xamais.

 

II

 

O amor é tolerancia

é vivir con ledicia

é sufrir polo que lle

pasa á persoa amada

é rir sen ter por que

e chorar por chorar

O amor é tolerar

os defectos do outro,

sen dicir nada.

O amor é soñar

cunha vida xuntos

é unha ilusión día a día

unha convivencia compartida

un loitar día a día

un reñer e un volver

a reencontrarse sen dicir

síntoo, nin pedir perdón.

O amor é non poder vivir

sen ela, nin estar sen el.

Amar, amar, sen amor,

sen amor non hai felicidade

amor é vida.

 

 

Iria García Olveira. 4º D.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

PHP Fatal error: Internal zval's can't be arrays, objects or resources in Unknown on line 0