EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

QUE É O AMOR?

O amor é un sentimento, que nos acompaña na felicidade durante a viaxe da nosa vida, ese fiel compañeiro desta gran aventura chea de diferentes momentos: momentos melancólicos, nos que persoas importantes para nós abandonan este traxecto. Sen embargo, permanecen no noso corazón porque a fin e ao cabo, eso é o amor. Momentos de xúbilo, nos cales o amor forma as notas da melodía que une os nosos sentimentos…

Amor en despedidas, amor nun mesmo, amor en familia, amor en parella, amor en amizade, amor ás tardes de verán, amor á vida, amor á comida da avoa, amor ás viaxes, amor á nosa terra, amor ó mundo.

O amor é a cor da nosa vida, a bandeira da unión mundial.

E ao final deste traxecto é bonito recordar todo o amor que damos e recibimos.

Como ben di Pablo Neruda: ¨Enamoreime da vida, é a única que non me deixará sen antes facelo

Lucía Rega Domato

Carla Aldao Otero

Carla Piñeiro Martínez

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>