EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

RELATO DE MEDO DE UXÍA VECINO CARRO (2º B ESO).

DIARIO DA NENA DEFUNTA

Despois de xustamente tres anos da desaparición da rapaza uns nenos encontraron este diario, pero…tamén escoitaron cousas.

Estes, co medo no corpo, entregaron o diario no concello da vila. O rumor estendeuse entre os veciños e…conta a lenda que se sobes a aquel monte un venres 13 xamais volverás a casa…

14 de outubro, 1987.

Era una noite escura dun venres 13, ás 00:00 h, ía soa, de camiño á casa da miña avoa, no medio do bosque. Antes diso quedara coas miñas amigas para tomar algo. Logo tiña que volver á casa da miña avoa, xa que meus pais marcharan de cea. Empecei o camino con normalidade, ata que cheguei a un punto onde todo era escuridade e só se distinguían sombras. Encontrei una grande árbore e decidín parar a descansar e …cando abrín os ollos xa era día!

Non sei onde estou, nin onde pode haber unha casa preto, só teño este papel, este boli e mais unha botelliña de auga que traía da escola.

17:00 h.

Este sitio e moi sinistro, non hai nada no que apañar para encontrar comida, seguirei comendo follas…

 

17 de outubro, 1987.

Os días transcorren con normalidade esperando a que alguén pase por aquí e me axude a encontrar a miña familia. Agora aliméntome de bichos e, se hai sorte, dalgún coello. Todo funciona ben (dentro do que cabe), excepto por una cousa…Veredes, pola noite, antes de conciliar o sono sempre escoito unhas voces agudas que din: “tilín, tilín has de fuxir de aquí”; “tilín, tilín non vas sobrevivir”.

 

20 de decembro, 1987.

As voces cada vez son máis fortes e nótoas máis preto de min. Teño medo. Unhas mans frías cóbrenme o pescozo e un calafrío faime tremer todo o corpo. Non son capaz de mirar cara a atrás.

Se alguén encontra isto non vos cansedes de buscar por min.

 

UXÍA VECINO CARRO. 2º ESO B

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>