EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

HISTORIAS DO MEU AVÓ (IV)

octubre 4, 2013 by LITERARIO No Comments

No día de fin de ano, un señor bastante vello bailaba coa súa muller (cun vestido negro e coa cara chea de potingues) nun dos hoteis máis luxosos de toda a Coruña. Pasadas as 2 da mañá do 1 de Xaneiro, ese señor que bailaba entre a multitude coa súa flamante muller, sufríu un infarto. Morreu decontado, xa non se molestaron en chamar a un médico; non tiña solución alguna. O seu corazón deixara de latir. Morrera mentres a xente, asustada por ver a un señor, aparentemente sen vida, desplomado no medio do salón de baile. Ás 3:15 AM a familia do defunto chamou á compañía de taxis para que o taxista de garda levase ó pobre señor ó seu lugar de descanso eterno, é dicir, ó seu pobo natal. Meu avó contestou e ao quarto de hora xa tiña na parte de atrás do Citroën Tiburón ó defunto. O traxecto foi [...]

A EVOLUCIÓN

marzo 6, 2013 by MUNDO 2 Comments

As veces, cando vou no coche ou vexo a televisión, párome a pensar en como uns monos con paus e pedras acabaron construindo estas cousas que nos facilitan tanto a vida. Teño en conta que houbo o denominado “eslabón perdido” pero despois del ainda houbo outros que o seu máximo descubrimento é o lume . Estes pensamentos sempre acaban nos reinos medievais. Teño entendido que estos usaban a pólvora pero en moi poucas ocasiones(normalmente na creación de bombas) e diso a miña mente da un salto ao carro tirado por cabalos cando comezaba a industralización. Pero a gasolina?. A quen se lle ocurriu excavar no solo para adquirir o (daquela extraño) petroleo,porque,daquela todo o industrial era feito con carbón. E ainda peor… o gasoil. Debeu de ser un ciéntifico despistado coma Flemming(inventor da penicilina). Conseguiuno mesturando uns compoñentes ao azar? Ou levaríalle anos de perfeccionamento? Tamen podeu ser alguen do [...]

TODA A VIDA DIANTE NOSA

enero 19, 2013 by ANECDOTAS 2 Comments

O mércores pasado íamos meu pai máis eu á academia de inglés. Eran as 15:56 cando xiramos na esquina en fronte da farmacia Ana Torres. O coche da pediatra Carmen Bermúdez saía de alí en nos entrabamos. Ela metíuse moi ao medio da clazada e meu pai tivo que parar. Uns segundos despois un coche que viña despistado xirou sen se decatar que estábamos alí. O coche vermello envestíunos por detras e rompeunos a defensa e un faro. A doutora marchou e o meu pai baixou do coche a falar co home. De súpeto tras nosa (eu aínda no coche) apareceu unha caravana de 12 coches! Dous dos coches eran coches de policía e foron arranxalo. Os catro prepararon o parte e eu cheguei á clase de inglés as 16:13. O bo foi que solo foi un susto e todos estamos ben.

O MORTO VIVENTE NO EDIFICIO DESHABITADO

diciembre 20, 2012 by LITERARIO 5 Comments

  Nunha tarde de outono uns nenos xaponeses chamados Yuto, Daisuke e Hiroshi chegaron a un edificio. Diante do edificio atopábase un cartel que dicía: “Non pasar. PERIGO”. Os nenos, que desexaban un lugar illado no que realizar as súas carreiras de coches teledirixidos concluíron que pasarían alí a noite. O primeiro piso estaba cheo de escombros e anacos de mobles antigos que parecían do século XII. Xa que non había nada interesante no primeiro piso, ascenderon ó segundo. Alí había moitas habitacións pequenas que os nenos crían que eran os cuartos de baño. Como nese piso había un gran pasillo chán os nenos prepararon os seus coches e comezou a carreira! A carreira alongouse ata as 12:00 da noite xa que os nenos quixeron practicar para a competición que se ía celebrar o vindeiro día. De súpeto, as luces que os nenos que os nenos encenderan para que lles [...]