EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Poema Que Non Rima

febrero 9, 2017 by LITERARIO No Comments

Non existe tal maxestuosidade no universo cal vos fasme sentir por estar na túa soa presenza O meu mundo derrúbase só con pensar que non estás ao meu lado O teu rostro é  pálido como a luz da lúa reflexada no mar e o teu cabelo é tan vermello como o máis bonito dos amenceres A aurora vexo nos teus ollos, que semellan estelas de luz que me guían no meu sendeiro para  encontrarte en calquera lugar, sexa o máis escuro ou inóspito desta vida Necesito que sexas a esperanza dos corazóns que perderon o amor verdadeiro, necesito que sexas o poder do noso primer bico, necesito un propósito e necesito unha razón para que o noso amor siga latindo Coa colaboración de Kristian Banús

Poesía de San Valentín- Soldado do Amor

febrero 2, 2017 by LITERARIO No Comments

Soldado da linguaxe chamada AMOR, tesouro que se AMORtiza, tesouro que non te AMARga. Provocador de noites en vilo, seguidas dun suspiro. Creador de impaciencia por non saber se é correspondido. AMARse, quere ou  non querer. O primeiro bico AMARrase, grávase, gárdase no máis profundo do teu ser, querer ou non querer. Sentimento que provoca risa e AMEniza, que vólvese  AMO de nós e nós AMORdaza. Creanos dependencia rompendo a coraza do corazón, anicandoa. Querer ou non querer David Sánchez Inés Rey Martín Lorenzo Iago Ramallo 4ºB

ACORDEIME DE TI ROSALÍA

marzo 12, 2013 by LITERARIO 5 Comments

Querida Rosalia:acórdaste canndo escribias poemas?Pois eu si,acórdome sobre todo de aquel que dicía: -Como chove miudiño -como miudiño chove… Se o escribiras agora sería: -Como chove moitiño -como moitiño chove… Porque agora o que se di sequía, non hai,polo menos non en Galicia. Van uns días do mas pesados,choiva choiva e mais choiva,isto chega a ser deprimente. Botámoste de menos,ainda que xa non estés segues sendo un icono. As túas palabras eran fermosas,deberías de ser unha das grandes poetas nacionais.Pero o maior recoñecemento de todos recibíchelo aqui,no teu pobo:Galicia. No teu enterro había poucas persoas,pero as poucas que había eran as que estan feitas para durar . Esas son as típicas persoas que algunhas parecen insignificantes ata que as coñeces, ata que sabes que o darían todo por ti, e o mais importante,que son sabias.Tan sabias que poden atopar o talento oculto dunha persoa e confian nela porque saben que [...]

MELLOR CAMIÑAR AO TEU CARÓN, NON CRES?

enero 4, 2013 by LITERARIO No Comments

Camiños sen final, sen lugar onde parar soamente camiñar e camiñar en total soidade e derrepente chegaches, vas me acompañar e ainda que non vaia chegar, ao teu caron mellor vou estar hata chegar alí, ao mar, que non nos deixa seguir pero xuntas…

POESÍAS EXTRAÑAS; “MADE BY ME” {II} – LÚA

diciembre 18, 2012 by LITERARIO No Comments

Mira á lúa. Vira a lúa. Móvese e móvese. Sen deixar un descoñecido obxectivo. Mira e mira para o chan o rapaz, Sen fixarse na lúa, que o mira atentamente. Acércase a lúa. e lévase ó rapaz.