EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

A FESTA DAS FLORES EN ARTEIXO

junio 1, 2013 by VARIOS No Comments

O outro fin de semana foi a festa das flores en Arteixo. Esta festa é unha tradición e celébrase o último fin de semana de Maio. Caracterízase por adornar con alfombras florais todas as cercanías da igrexa de Arteixo. Este día algúns dos nenos da parroquia aprobeitan a vistosidade da festa para facer a súa Primeira Comunión. Nas pistas poñen atracións para os nenos e os xóvenes. Á noite hay unha verbena para bailar e na praza do Balneario celébranse algún concerto. É unha festa moi vistosa, pero…coincide ca tortura dos exames finais e non se pòde disfrutar ao cen por cen. Haberá que esperar a xullo ás festas do Apostolo para poder disfrutar.  

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

mayo 18, 2013 by LITERARIO No Comments

O día das letras galegas celébrase cada ano o 17 de Maio. Esta data é porque o 17 de maio de 1863 publícase o primeiro exemplar de “Cantares Gallegos” de Rosalía de Castro. Cada ano conmemóranse a un escritor que destaca pola súa defensa ó dioma galego. Este ano vai dedicado ó escritor Roberto Vidal Bolaño que naceu en Santiago no ano 1950 e faleceu no 2002. Todas as súas actividades xiraron arredor do teatro. Creou o seu propio grupo. As súas obras  caracterízanse polo compromiso ca lingua e con Galicia. El pensaba que facer teatro en galego era unha tarea posible. Usaba un estilo crítico no que predominaba o sentido do humor. Nas fotos aparece con sombreiro e un cigarro e a veces con nariz de paiaso.

17-05-2013:DÍA DAS LETRAS GALEGAS

mayo 17, 2013 by LITERARIO No Comments

  Hoxe é un día moi especial para nós, os galegos porque cada 17 de maio Galicia honra ás súas letras, a súa lingua e ós seus escritores máis significativos. Este ano adícaselle este día a Roberto Vidal Bolaño. Este naceu en Santiago de Compostela en 1950 e faleceu  na mesma cidade no 2002.  Foi empregado da banca , en 1974 fundou xunto Laura Ponte Santasmarinas (actriz galega nada en Bos Aires) o grupo de teatro Antroido. Con Antroido acudiu ás Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia (1973 – 1980) onde se deu a coñecer como dramaturgo e escenógrafo ( isto último co pseudónimo de Julia Brens). Destacou como actor, director, escenógrafo e iluminador. Ten unha co seu nome como dramaturgo:    

A FOLGA DOS ESTUDANTES VAGOS

mayo 12, 2013 by ASÍ SON EU No Comments

Hai uns días ao ano no que a xente se divide en dous grupos. Os primeiros os que son vagos e os segundos os que se fan os vagos. Eu definitivamente non estou en ningunha. Estes días son os días de folga. Neles a xente está moi leda porque non ten que ir á escola pero… saben en realidade porque fan folga? Eu creo que non. Estiven buscando varias fotos para facer este post. Tiña a idea de poñer unha foto dunha manifestación e falar da última que se fixo e porque. Ao final decidín cambialo por outro porque me din de conta da mala idea da xente sobre as folgas. Esta imaxe de arriba foi a que apareceu de primeiriña ao poñer en google “folga xeral”. Parécevos ben? A min non e por iso eu non fago folga para iso.

A TRADICIÓN EN GALICIA(6)

abril 1, 2013 by VARIOS No Comments

5- “Queimada Galega”   É unha bebida de tradición galega. Según a tradición a queimada alexa os malos espíritus. Calquera ocasión é boa para facer unha queimada. É moito máis vistosa facela cara a noite na oscuridade, cando as chammas resaltan moito máis. Os ingredientes principais son a caña, o azucre, uns grans de café e despois cada un agrégalle diferentes froitas. Unha persoa encárgase de mezclar ben o azucre ca caña para que se quente e se queime ben todo o alcohol da caña. Mentres se fai iso pronunciase o conxuro da queimada. A queimada non só froma parte da gastronomía galega se non tamén da cultura.

A TRADICIÓN EN GALICIA(5)

marzo 31, 2013 by VARIOS No Comments

4- “Artesanía de Galicia” En Galicia hai moitos oficios artesáns. Os productos da artesanía galega son moy variados. Unha das artesanías máis antigas son os encaxe de Camariñas, que son encaxes que se fan con bolillos. Son moi apreciados polo traballo que levan confecionalos. Outra tradición é a cerámica da fábrica de Sargadelos. A cerámica do barro de Buño realizadas por oleiros que traballan o barro cas súas mans e despois o cocen e o pintan. A xoiería é unha tradición en Galicia, sobre todo os traballos dos orfebres compostelanos que usan a plata e o azabache. A cestería tamén é típica en Galicia, antigamente a usaban os campesiños no campo e actualmente se usa como decoración. Vivimos nuha terra chea de tradicións artesáns.

A TRADICIÓN EN GALICIA(4)

marzo 31, 2013 by VARIOS No Comments

3- “Traxe rexional galego” O traxe rexional gallego agora utilízase para actos folclóricos. Esta vestimenta usábana os campesiños. Tiñan dous traxes, un para as tarefas de cada día e outro para as festas. As mulleres usaban unha falda larga que soe ser vermella con unhas cintas negra, unha enagua branca e unhas medias negras. Por encima de todo isto colócase un mandil negro. Na parte superior usaban unha blusa blanca con un corpiño ou chaleco e encima unha especie de capa que se chama dengue que vai decorado con avalorios negros. Os zapatos son negros ou poden usar zocos de madeira. Na cabeza soían levar un pano de cores ou unha cofia branca. Os homes levaban unha camisa blanca con un chaleco negro, pantalón e polainas negras que cubren a parte  de arriba do zapato. Na cabeza soen levar a monteira que despois se sustituio polo sombreiro. Rodeando la cintura [...]

A TRADICIÓN EN GALICIA(3)

marzo 28, 2013 by VARIOS 1 Comment

2- “A Gastronomía”   Galicia é unha terra na que a  gastronomía está moi valorada. Un producto de moita tradición son os queixos, hay moitos tipos de queixo con moita calidade e moitos deles teñen denominación de orixen. Normalmente son suaves e feitos con leite de vaca. Da terra obtense gran parte de productos da nosa alimentación como a pataca, as cebolas, os grelos, os pementos. En Galicia hai moitas zonas rurais en donde se crían vacas e cerdos. A súa alimentación fixo que as carnes das nosas vacas sexa  moi apreciada no resto dos lugares. No mar temos moita variedade de especies de peixes e mariscos. O pan é moi importante en Galicia, en cada zona é diferente. A enpanada é moi coñecida e pode facerse de diferentes ingredientes. Nos postres destacan as filloas, a tarta de Santiago, orellas , rosquillas, etc. Esto é só un  pequeno viaxe pola [...]

FORMAS DE FESTEXAR O ANO NOVO

diciembre 29, 2012 by VARIOS No Comments

Ola amig@s, hoxe vou falar da Noite Vella. Pode haber xente que pense que a nosa forma de festexar o ano novo é a que se emprega en todos os demais países. Pois non e certo. Hai infinitas formas de festexalo, e a cada cal máis estraña ( bueno para nós, porque para eles será o máis normal do mundo) A continuación vouvos contar algunhas das formas que máis me chamaron a atención: En Australia, por exemplo celebran principalmente o 1 de xaneiro, non coma aquí, que se festexa máis o 31 de decembro. Coma alá é verán aproveintan e sáen a praia a facer grelladas e a practicar o deporte por excelencia de alí: o surf. Na China, non teñen o mesmo calendario ca nós. Eles empezan a celebrar o Ano Novo a finais de xaneiro ou a principios de febreiro, no que eles chaman o mes lunar, as [...]