EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

A NENA QUE FALABA SOA (IV)

junio 15, 2013 by LITERARIO No Comments

María xa vai vella; pecha o libro que estaba escribindo. Ela non volveu viaxar nun bus, sempre procurara viaxar a pé. A nosa protagonista era xa unha escritora de 50 anos. Como en poucos anos xa tivera un cancro e unha case mortal ataque ó corazón, escribía libros para non pensar no escuro futuro que lle agardaba. María, en cada noite da súa vida, recordaba ós seus pantasmagóricos amigos que coñecera na montaña e con quenes ela pasara os seus peores días da súa vida. Pero, o certo é que escribía para olvidar, olvidar e para illar as imaxes dos seus pantasmagóricos amigos da súa cabeza.

A NENA QUE FALABA SOA (II)

junio 15, 2013 by LITERARIO No Comments

Cando espertou, o bus estaba boca abaixo. Case todo estaba cuberto de neve salvo os asentos baleiros e algo máis, o cinturón de seguridade que a salvara. Os meses seguintes que estivo alí, bebeu auga líquida que previamente quentara coa súa calor corporal e alguns alimentos que levaba a xente nas súas mochilas. Un día comezou a sentirse soa. Imaxinaba que no bus había homes sentados, falando con ela; fixéronse moi amigos, pero estes dixéronlle que se saía do autobús, perderíaos para sempre. Pasaron os anos e ninguén fora a rescatala, mais xa non lle importaba nada…

A NENA QUE FALABA SOA (I)

junio 13, 2013 by LITERARIO No Comments

María tiña sete anos, ía ao colexio a Oslo (Noruega). Seu irmán maior leváraa a súa casa, pero tiña que ir buscar á súa noiva; así que lle deu cartos para que ela poidera mercar un billete de bus para voltar. Como María vivía nun pobo moi lonxe, foron por un camino nas montañas. Entón cando estaban preto das montañas sentiu un ruído, Pouca xente que estaba no bus (menos de 20 persoas) notárao ou tiña medo por algo. O autobús tambaleouse, e, a xente, atemorizada, desabrochouse o cinturón de seguridade. Todos menos María…

UNHA VIAXE A PORTUGAL

junio 8, 2013 by ANECDOTAS No Comments

Vou contarvos uns días que pasei en Portugal. A pesar de estar moi cerca de onde vivimos, parece increible que o idioma sexa diferente, a pesar de que o portugués e o galego teñan moitas similitudes. Tíñamos o hotel en Braga. Pareceume unha cidade moi linda, ten moitos monumentos barrocos e praticamente toda a zona antigua é preciosa. A fortaleza, xusto na fonteira pareceume un lugar moi curioso.  Praticamente todo encontrase dentro das murallas, e os baixos dos edificios son todos tendas. Informeime un pouco ca miña tía e díxome que antes de que España e Portugal estiveran na Unión Europea, a moeda de Portugal eran os escudos é en España as pesetas. Compensaba ir a comprar alí xa que as cousas eran moi baratas. Co cambio de moeda xa non é o mesmo, aunque a xente de Galicia fai moitas excursións a Portugal para facer as súas compras e [...]

FIN DE SEMANA EN TARAMUNDI

junio 6, 2013 by ANECDOTAS No Comments

Quero recordar un fin de semana que estiven cos meus tios e meus primos nunha casa de turismo rural en Taramundi. Taramundi é un pobo que pertence a Asturias pero fai fronteira con Fonsagrada e Pontenova. Encóntranse dentro da conmarca de Oscos declarada Reserva da Biosfera. Estivemos nunha casa rural preciosa. Os maiores ían ca idea de descansar e desconectar do barullo da cidade.  Eu penso que desconectaron pero pouco descansaron, xa cos rapaces encargámonos  de que non se aburriran. Fixemos unha rutas en bicicleta. Hay moitas pendentes, as baixadas fanse ben pero as subidas… costaban un pouco. Algúns fixeron senderismo e outros fixeron rutas a cabalo. A paisaxe é incrible! Tame puidemos ver como fabrican coitelos e navallas xa que é terra de ferreiros. Hay cantidade de horreos e cabazos que son como horreos pero cadrados. A xenta restáuraos e incluso os alquila como apartamentos. Para min foi unha fin [...]

A MIÑA VIDA CAMBIOU.I.

mayo 30, 2013 by LITERARIO 1 Comment

Todo comenzou un día normal e corrente como calquera outro. Pero ese día, eu salira da miña casa moi cedo, antes do amanecer, quedara con Ana para sair a camiñar pola praia, e escoitar o romper das olas… E alí estabamos tan tranquilas camiñando, cando de súpeto apareceu unha ola xigante e engulliunos as dúas.Empezaba a non poder respirar, non podía nadar, mirei para Ana e parecía que lle pasaba o mesmo… todo se vía borroso, ata que se volveu escuro e perdín o coñecemento. Cando espertei estaba no fondo do mar, dentro dunha cúpula de cristal. A auga que estaba dentro era máis limpa ca que viñan nas botellas. A auga? Estaba respirando debaixo dela? Pois si, estaba respirando AUGA!!? Púxenme a buscar a Ana, onde estaba? Encontreina, non estaba a máis de dous pasos de min, pero… Desde cando Ana tiña cola?, si, unha cola como as das [...]

ONDE ESTOU? (8)

mayo 30, 2013 by VARIOS No Comments

Bueno, que gañaba catro a tres e seguía con superioridade, pero non houbo nada ata que quedamolos dous con unha vida. Había aparecido antes un obxecto flotante que parecía unha bola de discoteca de moitas  cores e cunha especie de cruz latina deitada. O caso é que ecando o golpeabas deseguido iluminábaseche o corpo desas cores e o ceo escurecía. Eu aprendín ausala cando cuxen lanzar as esferas de luz e… de súpeto tiña unha capa e un traxe blancos. Probeia saltar e pensei ou que tiña máis forza ou que era unha pluma. Intentei lanzar una das bolas luminosas e lancei un raio brutal que debastou medio escenario. E así a miña némesis, pero á inversa. Pero púxose emocionante (como dixen hai dez liñas), cando tiñamos unha vida cada un. o ceo escureceuse e eu pensei que ía chover, pero non, alí estaban dúas bolas smash.cada un de nós [...]

A MIÑA SAÍDA A PORTUGAL

mayo 9, 2013 by VARIOS No Comments

Fai catro semanas cumprín catorce anos,e aos meus pais ocurríuselles facer unha  saida a Portugal. Despois de recordar o divertido que é non poder durmir nun vehículo en marcha chegamos a nosa primeira parada:Aveiro. Aveiro é un sitio moi bonito e tranquilo. A xente e moito mais educada que en España,porque no que en España sería a tipica feira a gritos ali era unha feira pero en silencio. Había unha canle por onde ían uns barcos típicos(de turistas)chamados “Moliceiros”. O centro comercial que había alí era ao aire libre,polo que foi moi gracioso vr un paxariño na mesa do Burger King.Xusto enriba dese centro comercial estaba un xardín,que se lle sumamos as vistas era precioso. Despois de Aveiro fomos a Guimaraes(ou algo así) e habia un castelo no que estaban filmando unha película na que ou os actores eran pésimos ou o director perfeccionista,dado que despois de recorrer todo o [...]

ATRAPADAS NA TORRE DE LONDRES (I)

mayo 9, 2013 by LITERARIO 1 Comment

Era o noso primer día en Londres. Chegáramos onte ás seis da tarde e fóramos a Harrods ( uns grandes almacens moi famosos) para comprar os agasallos para os meus amigos e demáis, por se logo non tiñamos tempo. Hoxe tocábanos visitar a Torre de Londres, o Tower Bridge, o Britsh Museum e o Tate Modern ( un múseo de arte moderno ó que final non puidimos ir porque non nós deu tempo, alí os museos cerran moi temprano) Chegamos alí despois de tomar o almorzo e estar un monton de tempo no metro sen saber cal tiñamos que coller, menos mal que miña irma se apaña moi ben con esas cousas e ó final conseguimos chegar sanos e salvos. Non nós costou moito tempo encontrar a Torre, é moi grande, pero perdemos moito tempo vendo alguns edificios conmemorativos de non sei cal guerra, e perdéndonos por rúas moi bonitas [...]

ONDE ESTOU? (6)

mayo 7, 2013 by LITERARIO No Comments

Entón sucedeu algo incrible, unha plataforma sostíñame  sobre o escenario. Unha voz soou e dixo “Xogador un, catro vidas” . E decateime de que tiñamolos dous cinco vidas que usar sabiamente. Non o pensei. Din un chimpo e comencei a cargar unha esfera de luz. Cando estaba lista gardeina e ataquei o meu rival con unha patada voladora en vertical. Foi coma un lóstrego, dinlle pero lanzoume unha cadea e atrapoume, co que aproveitou para darme unha pequena malleira e lanzoume outra vez cara o barranco, pero eu estaba preparado. Din dous saltos no aire, cousa que me sorprendeu moito, pero non me parei a pensar niso, senón que estaba listopara agarrarme, cando, o demo do meu rival golpeoume e separoume do borde… Non sei como fixen nin de que maneira, pero concentreime e liberei un raio de luz cara abaixo, co que saín despedido hacia as plataformas superiores. No [...]