Un día moi especial.
Un día moi especial
Nós eramos uns nenos normais , nunca viviramos unha aventura nin nos pasara nada estraño ….
Ata aquel verán . Era xullo de 1982 , eu aprobara todo polos pelos e non estaba castigada; é máis , na miña familia estaban contentos , pois aquel ano fora difícil para min.
Chámome Ana, teño quince anos e vivo nunha pequena vila chamada Farume. Os meus mellores amigos son: Miku, Álex , Dani e Nerea .
Miku é da nosa vila ; pero o seu nome é xaponés, xa que aos seus pais gústalles moito a súa cultura.
Álex vén de Camariñas e só o coñezo dende fai dous anos, pero bastoume para saber que é a persoa máis humilde e boa do mundo.
Nerea é a miña mellor amiga, coñecémonos na gardaría e xa non nos separamos nunca.
Dani é un fedello total. Non ten cabeza ningunha nin pensa as cousas antes de facelas, pero é un bo neno e sen el o grupo non estaría unido; xa que foi el quen nos presentou (a Nerea e a min) a Miku e máis Álex.
Ese verán non parecía ser moi prometedor; Dani non aprobara , entón estaba “ preparando “ o exame de setembro .
Eu coma sempre, recostada no meu mol sofá estaba a escoitar un pouco de música, cando a miña nai chamou á porta do meu cuarto :
-Ana , están aquí Daniel e Álex, veñen visitarte. – Os nenos entraron no meu cuarto, desordenado e cheo de pósters por todas partes.
- Dani ! Que fas aquí ? Deberías estar estudando. – Estrañeime eu.
- Cala a boca, que pareces miña nai!- contestoume el. – Estaba farto de quedar na casa. Escapei aproveitando unha distracción da miña nai.
- A min non me pareceu moi boa idea, pero… – comentou Álex indeciso.
Eu , aínda incrédula, fixen un repaso da situación e dixen o máis tranquila posible :
-Non é por chafarvos a festa, pero eu, sendo a nai de Dani, o primeiro sitio onde iría buscarte cando me dera conta , sería aquí.
Os dous nenos quedaron con cara de pampos e Dani reaccionou o máis rápido posible que lle permitía o seu cerebro :
-É verdade , case se me esquece !
-Pois imos – dixen eu confiada.
-Si , pero , a onde? – preguntaron os dous á vez.
-Pois , primeiro a buscar a Miku e Nerea, non? – contestei eu estrañada.
-De acordo, pois imos alá – Dani, coma sempre , sen pensar as cousas .
Cando fomos buscalas , xa estaban xuntas porque quedaran para falar, e nós, aproveitamos e aforramos tempo.
Explicámoslles rápido o ocorrido mentres iamos á praza da vila.
Cando chegamos , atopámonos cun problema:
-E agora , que facemos?
Dani non quería volver para casa pensando na reprimenda que lle ía caer ; xa que , a estas alturas, a súa nai xa estaría informada da súa escapada . Nós, coma bos amigos que somos, non o iamos delatar.
O único que se nos ocorreu , foi ir dar un paseo polo bosque, que estaba preto.
Introducímonos nel, falando de cousas sen importancia: o instituto, con quen nos tocaría na clase en setembro…
Cando nos demos conta xa era tarde e tiñamos fame. Había por alí uns cogombros, collemos uns poucos froitos e seguimos cara diante sen pensar que nun intre xa escurecería.
Era as dez e media , xa que Dani e Álex viñeran buscarme sobre as sete. En Farume (o noso pobo) non escurecía cedo no verán , pero nuns cinco minutos xa era noite pechada. Grazas a que eu levo unha lanterna sempre comigo , puidemos seguir a andaina ata que chegamos ao cemiterio . Era un camposanto lúgubre e escuro , case ninguén ía; só a xente , de vez en cando , para pórlle flores aos seus defuntos.
A verdade é que daba un pouco de medo ; pero seguimos andando entre as lápidas, grises, chantadas no chan. Miku , moi acostumada a ler novelas de aventura, berrou alporizada : – Unha pantasma !
-Non te preocupes – tranquilizouna Nerea – aquí non hai nada. Estás demasiado acostumada a esas estupideces que les nas novelas de terror.
- Tes razón , aquí non hai ninguén – repetía ela para darse seguridade.
Proseguimos sen atopar nada interesante , esquecendo unha píntega que camiñaba con présa entre os defuntos.
Estabamos chegando ao final do camposanto, xa todos máis confiados, cando unha voz descoñecida sobresaltounos :
-Quen sodes vós e que facedes no meu cemiterio?
Mentres Nerea intentaba convencer aos demais de que non era unha pantasma , eu respondinlle como boa galega :
-Non , quen es ti? Achégate á luz da miña lanterna para que poidamos verte.
-Oh ! Si claro. Deixádeme presentarme – dixo a voz achegándose – Son Alberte, o enterrador de Farume.
-Claro ! – dixo Álex – é verdade ! Xa nin nos acordabamos de que a túa casa está aquí.
-Que facedes a estas horas por aquí ? – estrañouse el.
-É que nos puxemos a pasear e logo era moi tarde para volver – mentiu Dani.
-Non vos preocupedes , podedes durmir na miña casa e logo , pola mañá , volver para a vila.
Decidimos quedar, xa que non eran horas para poñernos a andar un camiño tan longo.
A casa de Alberte estaba xusto ao remate do camposanto . Era unha casa granate e pequerrecha, aínda que tiña tres dormitorios, unha cociña e un baño. Ao seu lado había unha pequena caseta vermella , chea de ferramentas para o seu traballo e un par de bicicletas .
Deunos algo de cear. Eu non probei nada máis ca un anaquiño por non ser maleducada, mentres todos os demais parecían animais devorando o que queira que fose o que Alberte lles puxera no prato.
Asignounos dous cuartos; tan pronto abrimos a porta, Miku e Nerea caeron ao chan. Pareceume estraño , pero non lle dei moita importancia, pois estaban cansas. Fun ata o cuarto onde estaban os nenos , para que me axudaran a arrastralas ata a cama. Petei á porta , pero ninguén respondeu. Abrín a porta e … eles tamén caeran redondos ao chan!
Isto non podía ser unha coincidencia. Lembrei como enguliran esa noxenta comida e que eu fora a única que non a rematara. Nese intre, sentín como comezaba a marearme, pero intentei non desfalecer.
Observei como Alberte me miraba cuns ollos malignos.
Pedinlle ao enterrador se podía ir ao pozo a por auga e el aceptou de mala gana.
Mentres, eu intentei espertalos; pero non había xeito . Rebusquei pola casa pero non atopei nada . Xa me estaba a poñer no peor, imaxinando o que eses ollos malignos estaban pensando facer con nós ; cando de súpeto deime conta de que me esquecera de mirar nun armario da cociña. Non podía poñerme a buscar nel , xa que Alberte estaría a chegar.
Metinme na cama coma quen que estaba a intentar durmir. Pouco despois , o aterrador enterrador entrou na casa cun caldeiro de auga. Ofreceume un vaso e bebín uns grolos ata rematar o que había nel. Foise da habitación e eu quedei queda, sen mover un só músculo , na cama. De alí a un bo anaco , Alberte abriu a porta sixilosamente, eu non podía quedar durmida, e el decatouse.
-Pero que fas aínda esperta meniña? – preguntoume el inquedo .
-É que …
-Fala , fala !
-Gustaríame tomar uns froitos dos cogombros que había no bosque.
-Que pesadiña me es , volvo nun intre ; vou buscalos.
Cando pechou a porta tras de si, eu fun a fume de carozo ata o armario que non explorara e alí atopei un motón de frascos con etiquetas. Linas todas : para durmir, veleno, para a dor , para provocar dor e mil cousas máis ata que atopei unha que poñía xusto o que buscaba… para espertar !
Collín o frasco e introducinlle a todos os meus amigos unha culler dese beberaxe. O momento espertaron todos. Eu non lles din explicacións ; so lles dixen que tiñamos que escapar de alí como fose e que Alberte non era tan bo como parecía.
Pero atopamos un inconveniente : a porta estaba pechada. Abrimos unha xanela e logramos saír por alí . Fomos á caseta ao pé da casa e atopamos dúas bicicletas, pero non eran suficientes. Rebuscando fora atopamos unha motocicleta na que Dani iría. Os demais arranxámonos como puidemos coas bicicletas; mentres montabamos Nerea logrou divisar a Alberte correndo coma un tolo detrás de nós.
Escapamos todo o rápido que puidemos , Miku e eu pedaleábamos todo o que podíamos , coa carga de Alex e Nerea ; mentres Dani facíao moi ben coa motocicleta.
Cando logramos chegar á vila atopámonos cuns policías que ían comezar a nosa busca .
Tan pronto chegamos, as nosas nais apertáronnos ata case estrangularnos ( e nos libramos dunha boa reprimenda ) , mentres que a Alberte non lle foi tan ben, pero iso… iso xa é outra historia.
Este foi o día que máis medo pasei, e axudounos a todos a aprender unha lección que as nais están cheas de repetir : non se hai que fiar dos estraños.
Sempre recordarei esta anécdota, e non polo ben que queda como historia de terror , senón por todo o que aprendemos e o que maduramos.
Ao corrixilo, mudei o tipo de letra; se queres pona de novo ao teu gusto. Tes que revisar isto: os signos de puntuación deben ir pegados á letra inmediatamente anterior e seguidos de espazo.
Gustoume moito o relato.