EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Un sons aterradores

Existía un camposanto bastante afastado, moi afastado. Estaba situado ao pé dun bosque, un gran e xa non tan fermoso bosque. A xente tiña medo do camposanto xa que escoitan sons estraños, moi, moi estraños. A xente estaba de acordo en que estes sons non eran deste mundo,uns dicían que eran pantasmas, outros que eran bruxas e trasnos, e outros chegaron a pensar que eran seres doutros planetas que se botaron a invadirnos. Aos veciños da parroquia dáballes arrepío falar do tema, xa que pensaban que as pantasmas ou bruxas, o que fora, os estiveran escoitando sen darse conta, xa que non sabían onde estaban. A xente empezaba a mudarse, xa que apareceran moitas pedras moles e portas manchadas de vermello, tamén apareceron cogomelos por arte de maxia no chan de varias casas. Tamén pola imposibilidade de durmir, pois os gritos, risas, alaridos, en fin, todos os sons que proviñan do camposanto escoitábanse todo o día e incluso toda a noite. Ademais os nenos estaban mortos de medo, choraban toda a noite, outra razón pola que non podían durmir.
A xente da parroquia estaba cada vez máis enfadados co alcalde, pois non facía nada, el tamén estaba morto de medo, así que aos veciños tocoulles tomar as rendas do asunto, despois de varios anos de medo.
Os veciños fixeron unha xuntanza e desta saíron oito homes valentes para entrar no camposanto e investigalo, para saber de onde viñan os sons estraños.
Estiveron case todo o día no camposanto sen nada diferente que pedras moles, cogomelos, píntegas e lápidas manchadas de vermello ata que, antes do anoitecer, o mais novo pegou un berro inesperado. Os seus amigos preguntáronlle que pasou e el dixo que vira unha muller moi rara, facendo zigzag entre os nichos. Tódolos outros quedáronse paralizados, encontráronse con algo que non sabían manexar, ademais era de noite. Non pasou moito tempo para que volvera aparecer a muller e esta vez vírona todos; quedaron paralizados, outra vez, non podían moverse, ante eles había algo que xamais viran, unha figura humana resplandecente, ao vela de cerca déronse conta que a súa cara estaba deformada, era igual que a descrición do seu amigo, pero de súpeto a muller acercouse a eles e preguntoulles que facían no camposanto a esas horas; eles contestaron que andaban buscando o ruído que non lles deixaban durmir. A muller díxolles que puxesen arredor da parroquia anacos de cogombros. Os veciños marcharon coa intriga de saber quen era esa muller.
Ao día seguinte os veciños fixeron outra xuntanza para falar do que lles dixera a muller. Os veciños puxérono en práctica porque, como di o dito, “non se perde nada por intentalo”. Ao minuto de poñelo en práctica empezaron a saír píntegas de todos os recunchos. Pero de súpeto saíron dous fantasmas, un home e un neno, parecían buscar algo ou a alguén. Á media hora apareceu outra pantasma, era a muller do camposanto; os tres fantasmas víronse e déronse unha aperta moi grande e ao facelo… desapareceron, cun alarido moi agudo como o que escoitaban todas as noites.
Pasaron os días, os meses e incluso anos e non volveron aparecer os sons estraños.

One comment on “Un sons aterradores

  1. on febrero 18, 2016
    Almudena Falcón Folgueira dice:

    Xa está corrixido.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>