EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Baixa (14)

MUTANTE CREATIVO E O NOSO ALUMNADO DÉIXANNNOS UN FERMOSO MURAL NO MURGUÍA.

octubre 16, 2018 by BANDA DESEÑADA, VARIOS Sen comentarios

Esta semana estiveron connosco os polifacéticos artistas de MUTANTE CREATIVO, moi activos e coñecidos no mundo do graffiti e o muralismo, dentro e fóra das nosas fronteiras. Ademais son responsables da organización de eventos tan coñecidos neste eido como os festivais:  DesOrdes Creativas (Ordes), ou RExenera Fest (Carballo), por poner algún exemplo. Sokram e Mou impartiron un obradoiro de arte urbana, no que explicaron a historia desta corrente plástica, e ensináronlle, de maneira práctica, á rapazada do IES MANUEL MURGUÍA como se realiza un mural. Familiarizámonos co uso de aerosois e como resultado deixáronnos un excelente traballo que podedes ver nas fotos que engadimos máis abaixo. Temos que agradecer tamén á Deputación da Coruña a súa colaboración connosco a través da campaña “O galego a nosa lingua propia”, por facer posible esta actividade. Moitas grazas a toda a xente que participou dun xeito ou outro nesta actividade!!

DSC_0459

FERMOSO AGASALLO DA PROFESORA ROSA MOSQUERA COTO

octubre 14, 2018 by POESÍA, VARIOS Sen comentarios

Esta semana a nosa queridísima compañeira, a profesora Rosa Mosquera Coto, entregounos un magnífico libro, elaborado de xeito artesanal por ela mesma, onde se recollen os traballos poéticos que o noso alumnado realizou no mes de febreiro de 2018, co gallo da celebración do Día dos Namorados. Neste volume II, continuación  daquel co que ela tamén nos agasallou no 2017, os mozos e mozas do IES Manuel Murguía amósannos que en Arteixo hai futuro para a poesía. Convidámosvos a que veñades á nosa biblioteca, para ver o exemplar deste ano e tamén o do ano anterior, ambos de belísima factura.   MIL GRAZAS, ROSA!!! NON TE ESQUECEMOS!!!  

DSC_0030

RECITAL POÉTICO DE PURA TEJELO NO IES MANUEL MURGUÍA

junio 3, 2018 by POESÍA Sen comentarios

Hoxe, tivemos o inmenso pracer de que volvera ó noso instituto a profesora e compañeira , Pura Tejelo. A autora de A elegancia do século (obra coa que gañou o Premio Johán Carballeira no ano 2016), fixo as delicias dos presentes no acto cun magnífico recital poético, acompañada de antigos alumnos, e unha excelente análise da obra. Tamén tivo tempo para falar distendidamente coa rapazada sobre poesía e curiosidades relacionadas co mundo literario. Foi un acto moi emotivo e que nos colmou de ledicia. Queremos agradecer aos asistentes ao acto o seu comportamento, e a Pura Tejelo a súa simpatía. Tamén desexamos felicitala pola segunda edición deste magnífico libro. Moitas Grazas!!!    

DSC_0026

PRESENTACIÓN DO DOCUMENTAL VÉRTICE DE VERSOS E ENTREGA DE PREMIOS DO EDL

junio 3, 2018 by POESÍA Sen comentarios

O director de cine, Carlos Lorenzo, presentou no noso centro o excelente traballo documental, VÉRTICE DE VERSOS. Trátase dun filme que dá conta do fantástico momento que vive a nosa poesía, xurdida da man de poetas novos que están conquistando, non só lectores en Galicia, senón tamén máis aló das nosas fronteiras. A profesora Teresa Seara foi quen conduciu a presentación e fixo posible que esta obra se proxectara no IES Manuel Murguía. Aproveitando a ocasión, pedímoslle a Carlos que fixera entrega dos premios do Equipo de Dinamización Lingüística, ó que accedeu moi amablemente. Os galardoados foron: -David Sánchez Ferrol, como gañador do II Certame de Poesía Viveiro de Poetas do IES Manuel Murguía. -Azahara Díaz Rodríguez, vencedora no II Certame de Deseños Adhírete ás Letras. -Verónica Rodríguez Rossi, accésit no certame de debuxos citado arriba.

DSC_0003

ESTÍBALIZ ESPINOSA NO IES MANUEL MURGUÍA

junio 3, 2018 by POESÍA Sen comentarios

O 2 de maio tivemos a sorte de que nos visitara a poeta Estíbaliz Espinosa, que no seu currículo xa conta con premios como o Esquío, Espiral Maior, ou recentemente, o premio Afundación. Falamos dunha escritora que conxuga á perfección literatura e ciencia, como o demostra nalgunhas das súas obras:  número e, Zoommm,  ou  Curiosidade; por citar algún título da súa importante produción poética. A conferencia xirou arredor do mundo da ciencia, a astronomía e sobre todo da relevancia de grandes mulleres, aínda hoxe esquecidas, no ámbito científico. O alumnado de 1º Bacharelato puido así achegarse a un mundo onde os números e as letras se conxugan de maneira maxistral, da man desta excelente autora. Moitas grazas, Estíbaliz. Agardamos que vos gustara!  

DSC_0328

MARÍA CANOSA ESTIVO NO MURGUÍA

abril 13, 2018 by NOVELA, VARIOS Sen comentarios

O 13 de abril estivo no IES Manuel Murguía a escritora María Canosa que nos agasallou coa súa simpatía e falou co alumnado sobre unha das obras que tiveron que ler neste curso en 1º ESO: O neno Inverno. A rapazada puido preguntar sobre a novela e todo aquilo que a rodea, ademais de interesarse polo oficio de escribir e a vida da autora. Agardamos que vos gustara e aproveitamos para agradecer de corazón a visita a María Canosa.   Moitas Grazas!!!  

DSC_0263

O ESCRITOR XAVIER ALCALÁ VISITOU O MURGUÍA

abril 4, 2018 by VARIOS Sen comentarios

O 4 de abril estivo no noso instituto o escritor Xavier Alcalá, charlando co alumnado de 4º ESO, sobre a súa vida e tamén sobre a novela Cárcere Verde coa que traballamos este curso. Esta visita é froito, unha vez máis, da colaboración entre o Departemento de Actividades de Biblioteca, Club de Lectura, Equipo de Dinamización Lingüística e Departamentos de Lingua Galega e de Lingua Castelá. Agardamos que vos gustara!

DSC_0258

O LIBRO E A LECTURA EN FRASES DE AUTORES E PENSADORES

marzo 17, 2018 by EXPOSICIÓNS, VARIOS Sen comentarios

Aquí tedes algunhas mostras dos adhesivos con frases sobre o mundo da lectura que fomos colocando nas portas das aulas. Convidámosvos a que as leades e reflexionedes sobre elas. Trátase dunha actividade do Equipo de Dinamización Lingüística do noso instituto en colaboración co Departamento de Actividades de Biblioteca e co Club de Lectura. Agardamos que vos gusten!

DSC_0103

LUCÍA ALDAO E MARÍA LADO AGASÁLLANNOS COA SÚA POESÍA

enero 24, 2018 by MÚSICA, POESÍA Sen comentarios

O mércores 24 de xaneiro estiveron connosco o dúo AldaoLado para dar a coñecer ó noso alumnado a súa fermosa poesía por medio dunha actuación chea de humor, música e creatividade. A rapazada do Manuel Murguía puido decatarse de que a poesía pode ser un produto accesible e divertido, algo que tanto Lucía como María deixaron moi claro cunha actuación que nos fixo rir e emocionarnos. Agradecemos dende o Equipo de Dinamización Lingüística, Club de Lectura e Departamento de Actividades de Biblioteca, o comportamento exemplar do rapaces e rapazas, e por suposto, tamén damos as grazas ás poetas polo traballo ben feito, desexando que volvan por Arteixo moi pronto. Queremos agradecer tamén ó concello de Arteixo a cesión do Centro Cívico para este recital. Agardamos que vos gustara!!!

DSC_0076

GAÑADORAS DO CERTAME “MEDO ME DÁS!”

diciembre 16, 2017 by VARIOS Sen comentarios

  O 4 de decembro tivo lugar na biblioteca do centro a entrega de premios do certame de relatos Medo me dás! As gañadoras foron: 1º Premio: Lucía Méndez Carracedo,  de 4º C ESO. 2º Premio: Estela Varela Souto, de 1º E ESO. Parabéns!!

DSC_0006

LIBRO COS VOSOS POEMAS, ELABORADO POLA PROFESORA ROSA MOSQUERA COTO

noviembre 3, 2017 by POESÍA Sen comentarios

Amigos lectores, a profesora Rosa Mosquera Coto agasallounos con esta obra de arte que contén os vosos traballos sobre o amor que realizastes o ano pasado. En breve, poderedes consultalo e ver impresos os vosos textos. Moitas grazas, Rosa, e por extensión a todo o Departemento de Actividades da Biblioteca, que sempre colabora co EDL do Murguía. Aquí vos deixamos algunhas fotos.

DSC_0339

ENTREGA DE PREMIOS DO EDL DO CENTRO E BIBLIOTECA

mayo 17, 2017 by POESÍA, VARIOS Sen comentarios

O día 16 de maio fixemos entrega dos premios dos certames de poesía e deseños convocados polo EDL do centro, en colaboración co Departamento de Actividades de Biblioteca. Tamén se leron textos de Carlos Casares e recoñeceuse con agasallos o traballo do alumnado na elaboración de caligramas e aos finalistas do certame de poesía non premiados. Agardamos que vos gustase o acto. Parabéns a tod@s!!!  

DSC_0241

Exposición sobre Carlos Casares na Biblioteca.

mayo 8, 2017 by EXPOSICIÓNS, VARIOS Sen comentarios

Convidámosvos a visitar a biblioteca do centro, onde temos unha fermosa exposición sobre Carlos Casares: libros, debuxos, obxectos relacionados coa súa vida… Aquí vos deixamos unhas fotos para abrir boca.  

DSC_0068

EXPOSICIÓN DE CALIGRAMAS DO ALUMNADO DE 4º ESO.

marzo 19, 2017 by VARIOS Sen comentarios

Aquí tedes un ano máis as obras de arte coas que nos deleitan os mozos e mozas de 4º ESO do IES Manuel Murguía. Trátase dunha homenaxe ás vangardas de comezos do s. XX. Esperamos que vos gusten e sobre todo que veñades contemplar os seus magníficos traballos. Agardámosvos.                                  

DSC_0010

HOMENAXE A ROSALÍA COA ACTRIZ ANA HERMIDA

febrero 24, 2017 by POESÍA, TEATRO, VARIOS Sen comentarios

A actriz Ana Hermida e o noso alumnado fixeron unha emotiva e divertida homenaxe á máis grande autora das nosas letras, Rosalía de Castro. O acto tivo lugar no centro cívico de Arteixo onde se repasaron vivencias e poemas da escritora. Os rapaces e rapazas participaron activamente e achegáronse dunha maneira divertida ó universo rosaliano. Moitas grazas, Ana, pola túa simpatía e ó Departamento de Biblioteca pola organización da actividade.  

DSC_0004

ANDREA MACEIRAS E PAULA CARBALLEIRA ESTIVERON ESTA SEMANA NO NOSO CENTRO

febrero 21, 2017 by NOVELA, POESÍA, TEATRO, VARIOS 1 comentario

Esta semana pasaron polo noso centro dúas excelentes escritoras que nos deixaron a súa simpatía e o regusto das historias que son capaces de crear. Por un lado Paula Carballeira, que nos fixo rir a cachón e tamén pasar moito medo coa súa mestría no eido do relato oral; e por outra banda Andrea Maceiras que nos contou como foi o proceso de elaboración da súa novela Europa Express, (Premio Jules Verne 2015). Agradecemento infinito para as dúas, e tamén para o alumnado polo seu magnífico comportamento! Parabéns!!              

DSC_0065

EXPOSICIÓNS NA BIBLIOTECA

febrero 9, 2017 by VARIOS Sen comentarios

Na biblioteca do centro podedes visitar durante este mes varias exposicións: sobre Paula Carballeira (que nos visitará o día 17), sobre libros con temática amorosa e tamén a de corazóns de San Valentín. Agardamos que vos gusten!

Fotograma de Un monstruo viene a verme  de J  A  Bayona

Un monstro vén a verme, en galego, na nosa biblioteca.

noviembre 26, 2016 by VARIOS Sen comentarios

A editorial Kalandraka acaba de publicar en galego a obra de Patrick Ness, UN MOSTRO VÉN A VERME, traducida por Xesús Fraga. Xa a temos na bibliteca do noso centro. Convidámosvos a lela!

frankestein

Medo na Biblioteca!!!

octubre 27, 2016 by VARIOS Sen comentarios

Se queredes pasar moito medo convidámosvos a achegarvos á biblioteca para deleitarvos coa magnífica exposición elaborada polas persoas responsables de dinamizar a biblioteca. Terrorífico!!!

IMG_20160602_101750

Retratos de Manuel María

junio 5, 2016 by VARIOS Sen comentarios

No corredor da biblioteca tedes a visión dos nosos alumnos de Manuel María ao Andy  Warhol.Parabéns para os artistas.