EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

DSC_0076

GAÑADORAS DO CERTAME “MEDO ME DÁS!”

diciembre 16, 2017 by VARIOS Sen comentarios

  O 4 de decembro tivo lugar na biblioteca do centro a entrega de premios do certame de relatos Medo me dás! As gañadoras foron: 1º Premio: Lucía Méndez Carracedo,  de 4º C ESO. 2º Premio: Estela Varela Souto, de 1º E ESO. Parabéns!!

DSC_0339

ENTREGA DE PREMIOS DO EDL DO CENTRO E BIBLIOTECA

mayo 17, 2017 by POESÍA, VARIOS Sen comentarios

O día 16 de maio fixemos entrega dos premios dos certames de poesía e deseños convocados polo EDL do centro, en colaboración co Departamento de Actividades de Biblioteca. Tamén se leron textos de Carlos Casares e recoñeceuse con agasallos o traballo do alumnado na elaboración de caligramas e aos finalistas do certame de poesía non premiados. Agardamos que vos gustase o acto. Parabéns a tod@s!!!  

DSC_0241

Exposición sobre Carlos Casares na Biblioteca.

mayo 8, 2017 by EXPOSICIÓNS, VARIOS Sen comentarios

Convidámosvos a visitar a biblioteca do centro, onde temos unha fermosa exposición sobre Carlos Casares: libros, debuxos, obxectos relacionados coa súa vida… Aquí vos deixamos unhas fotos para abrir boca.  

DSC_0068

EXPOSICIÓN DE CALIGRAMAS DO ALUMNADO DE 4º ESO.

marzo 19, 2017 by VARIOS Sen comentarios

Aquí tedes un ano máis as obras de arte coas que nos deleitan os mozos e mozas de 4º ESO do IES Manuel Murguía. Trátase dunha homenaxe ás vangardas de comezos do s. XX. Esperamos que vos gusten e sobre todo que veñades contemplar os seus magníficos traballos. Agardámosvos.                                  

DSC_0010

HOMENAXE A ROSALÍA COA ACTRIZ ANA HERMIDA

febrero 24, 2017 by POESÍA, TEATRO, VARIOS Sen comentarios

A actriz Ana Hermida e o noso alumnado fixeron unha emotiva e divertida homenaxe á máis grande autora das nosas letras, Rosalía de Castro. O acto tivo lugar no centro cívico de Arteixo onde se repasaron vivencias e poemas da escritora. Os rapaces e rapazas participaron activamente e achegáronse dunha maneira divertida ó universo rosaliano. Moitas grazas, Ana, pola túa simpatía e ó Departamento de Biblioteca pola organización da actividade.  

DSC_0004

ANDREA MACEIRAS E PAULA CARBALLEIRA ESTIVERON ESTA SEMANA NO NOSO CENTRO

febrero 21, 2017 by NOVELA, POESÍA, TEATRO, VARIOS 1 comentario

Esta semana pasaron polo noso centro dúas excelentes escritoras que nos deixaron a súa simpatía e o regusto das historias que son capaces de crear. Por un lado Paula Carballeira, que nos fixo rir a cachón e tamén pasar moito medo coa súa mestría no eido do relato oral; e por outra banda Andrea Maceiras que nos contou como foi o proceso de elaboración da súa novela Europa Express, (Premio Jules Verne 2015). Agradecemento infinito para as dúas, e tamén para o alumnado polo seu magnífico comportamento! Parabéns!!              

DSC_0065

EXPOSICIÓNS NA BIBLIOTECA

febrero 9, 2017 by VARIOS Sen comentarios

Na biblioteca do centro podedes visitar durante este mes varias exposicións: sobre Paula Carballeira (que nos visitará o día 17), sobre libros con temática amorosa e tamén a de corazóns de San Valentín. Agardamos que vos gusten!

Fotograma de Un monstruo viene a verme  de J  A  Bayona

Un monstro vén a verme, en galego, na nosa biblioteca.

noviembre 26, 2016 by VARIOS Sen comentarios

A editorial Kalandraka acaba de publicar en galego a obra de Patrick Ness, UN MOSTRO VÉN A VERME, traducida por Xesús Fraga. Xa a temos na bibliteca do noso centro. Convidámosvos a lela!

frankestein

Medo na Biblioteca!!!

octubre 27, 2016 by VARIOS Sen comentarios

Se queredes pasar moito medo convidámosvos a achegarvos á biblioteca para deleitarvos coa magnífica exposición elaborada polas persoas responsables de dinamizar a biblioteca. Terrorífico!!!

IMG_20160602_101750

Retratos de Manuel María

junio 5, 2016 by VARIOS Sen comentarios

No corredor da biblioteca tedes a visión dos nosos alumnos de Manuel María ao Andy  Warhol.Parabéns para os artistas.

Revista NOCTURNIA CORUÑA MUTANTE

marzo 29, 2016 by VARIOS Sen comentarios

Nesta revista poderás acceder a información sobre as actividades programadas polo concello de A Coruña para a mocidade. Se tes entre 12 e 30 anos poderás participar, de xeito gratuíto, en actividades realizadas nas fins de semana, tanto diurnas coma nocturna. Poderás alugar un local de ensaio, presentarte a concursos diversos, aprender a navegar….. Visita  a páxina escribindo no buscador o nome da revista. Cando entres na páxina clica Nocturnia. http://www.coruna.es/servlet/Satellite?argIdioma=es&c=Page&cid=1453582449735&pagename=Participacion%2FPage%2FGenerico-Page-Generica

noviembre 27, 2015 by VARIOS Sen comentarios

O corazón de Xúpiter

junio 24, 2015 by VARIOS Sen comentarios

Non púiden deixar de ler o líbro xa que é moi realista e advirte dos peligros que ten a vida polos chats informaticos sen ningunha protección.

junio 24, 2015 by VARIOS Sen comentarios

Sufrin moito con Illa, pero é verdade que os adolescentes déixanse guiar por persoas descoñecidas sobre todo non desconfían de Internet e isto pode chegar a ser moi perigoso.

O Corazón de Xúpiter

junio 24, 2015 by VARIOS Sen comentarios

Este libro párece súper interesante e moi fácil de ler. Recomendo este libro, non só por iso se non que toca un tema bastante interesante e moi actual, como son as quedadas por internet con xente que é descoñecida. Tamén fala de outros temas como a homosexualidade e tamén trata das personas aosadoras

O corazón de Xúpiter

junio 3, 2015 by VARIOS Sen comentarios

Como odiei a Carballo! Pero parece que pode haber xente aínda peor polo mundo! Este libro é realmente incrible, atrapa e desexas saber como acaba o amor entre Xúpiter e Casiopea. REcoméndoo.

Celebración do día das Letras Galegas 2015

mayo 18, 2015 by VARIOS Sen comentarios

    O gañador da edición deste ano dos premios de relato curto convocados pola biblioteca foi: Jorge Sotelo cun relato titulado A libreta. NORABOA

Celebración do 23 de Abril

abril 24, 2015 by VARIOS Sen comentarios

Este ano, como se celebraba o centenario da publicación do Quixote , fíxose unha representación polas aulas. Aquí tedes algunha foto dos actores.   fotos: 

Nubes de evolución

marzo 4, 2015 by VARIOS Sen comentarios

Trata temas interesantes, pero ao final non puiden acabar o libro . Recoméndoo polos temas que trata .

nubes de evolución

Xornadas Quérote+

marzo 2, 2015 by VARIOS Sen comentarios

Dende hoxe estanse a realizar unhas xornadas sobre relacións sociais entre iguais. Estas xornadas teñen que ver cos libros lidos no club de lectura de galego O corazón de Xúpiter   e Nubes de evolución Neles trátanse oi tema de  como nos comportamos nas nosas relacións sociais. Podedes ler esta interesante recensión aquí.