EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

DSC_0328

MARÍA CANOSA ESTIVO NO MURGUÍA

abril 13, 2018 by NOVELA, VARIOS Sen comentarios

O 13 de abril estivo no IES Manuel Murguía a escritora María Canosa que nos agasallou coa súa simpatía e falou co alumnado sobre unha das obras que tiveron que ler neste curso en 1º ESO: O neno Inverno. A rapazada puido preguntar sobre a novela e todo aquilo que a rodea, ademais de interesarse polo oficio de escribir e a vida da autora. Agardamos que vos gustara e aproveitamos para agradecer de corazón a visita a María Canosa.   Moitas Grazas!!!  

DSC_0004

ANDREA MACEIRAS E PAULA CARBALLEIRA ESTIVERON ESTA SEMANA NO NOSO CENTRO

febrero 21, 2017 by NOVELA, POESÍA, TEATRO, VARIOS 1 comentario

Esta semana pasaron polo noso centro dúas excelentes escritoras que nos deixaron a súa simpatía e o regusto das historias que son capaces de crear. Por un lado Paula Carballeira, que nos fixo rir a cachón e tamén pasar moito medo coa súa mestría no eido do relato oral; e por outra banda Andrea Maceiras que nos contou como foi o proceso de elaboración da súa novela Europa Express, (Premio Jules Verne 2015). Agradecemento infinito para as dúas, e tamén para o alumnado polo seu magnífico comportamento! Parabéns!!              

IMG_3984

O Principiño chega á biblioteca

enero 28, 2016 by NOVELA Sen comentarios

      Temos na biblioteca unha boa mostra de libros do Principiño en diferentes idiomas . Podes comprobar o interese que este libro desperta en diferentes culturas e xeitos de pensar. Se che gustou deixa o teu comentario

corazon de xupiter

O corazón de Xúpiter

marzo 2, 2015 by NOVELA Sen comentarios

Cal é a sensación que queda ao ler este libro? Por que o corazón e por que de Xúpiter? Deixa aquí os comentarios sobre este libro . Recoméndallo ou non a unha/un amiga/o.