EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

DSC_0013

EROSKI-PARAÍSO

febrero 7, 2019 by TEATRO Sen comentarios

O alumnado de 1º de Bacharelato puido asistir a unha magnífica obra teatral que se representou no centro ÁGORA da Coruña. Tratouse dunha actividade organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística e o Departamento de Actividades de Biblioteca do IES Manuel Murguía, que se desenvolve dentro do programa de saídas que levamos a cabo ó longo do curso e que ten como principal obxectivo achegar a rapazada do centro á realidade cultural que nos rodea. Neste caso falamos dunhas desas grandes obras ás que nos ten acostumado o grupo Chévere. Falamos de EROSKI-PARAÍSO, un traballo que ademais de divertirnos, fainos reflexionar sobre o mundo no que vivimos e os cambios sociais e económicos que se están a producir na nosa contorna. Agradecemos ao Concello da Coruña as facilidades para poder asistir á mesma, e por suposto ao alumnado que unha vez máis demostrou un comportamento excelente. Moitas grazas a todas e todos!!! Agardamos que vos [...]

DSC_0010

HOMENAXE A ROSALÍA COA ACTRIZ ANA HERMIDA

febrero 24, 2017 by POESÍA, TEATRO, VARIOS Sen comentarios

A actriz Ana Hermida e o noso alumnado fixeron unha emotiva e divertida homenaxe á máis grande autora das nosas letras, Rosalía de Castro. O acto tivo lugar no centro cívico de Arteixo onde se repasaron vivencias e poemas da escritora. Os rapaces e rapazas participaron activamente e achegáronse dunha maneira divertida ó universo rosaliano. Moitas grazas, Ana, pola túa simpatía e ó Departamento de Biblioteca pola organización da actividade.  

DSC_0004

ANDREA MACEIRAS E PAULA CARBALLEIRA ESTIVERON ESTA SEMANA NO NOSO CENTRO

febrero 21, 2017 by NOVELA, POESÍA, TEATRO, VARIOS 1 comentario

Esta semana pasaron polo noso centro dúas excelentes escritoras que nos deixaron a súa simpatía e o regusto das historias que son capaces de crear. Por un lado Paula Carballeira, que nos fixo rir a cachón e tamén pasar moito medo coa súa mestría no eido do relato oral; e por outra banda Andrea Maceiras que nos contou como foi o proceso de elaboración da súa novela Europa Express, (Premio Jules Verne 2015). Agradecemento infinito para as dúas, e tamén para o alumnado polo seu magnífico comportamento! Parabéns!!