EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Hugo Herrador Premio 2019

ENTREGA DE PREMIOS DO EDL DO MURGUÍA

junio 10, 2019 by EXPOSICIÓNS Sen comentarios

O 16 de maio entregáronse na biblioteca os premios de poesía e deseños que cada ano convoca o EDL do noso instituto. Este ano os vencedores foron: -Hugo Herrador Segade de 2º A ESO na categoría de poesía (III edición do Premio Viveiro de Poetas do Murguía). -C.R.V. de 4º ESO na categoría de deseños (III edición do Premio de Deseños Adhírete ás Letras). Parabéns para ambos!!!

DSC_0137

EXPOSICIÓN. AS NOSAS ÁRBORES.

junio 10, 2019 by EXPOSICIÓNS Sen comentarios

No corredor da cafetaría podedes visitar a exposición sobre as árbores que circundan o noso centro escolar. A encargada de dirixir este traballo foi a profesora Chus Arias, integrante do EDL do centro, en colaboración co seu alumnado. O traballo está acompañado dun plano para localizar as árbores en distintos lugares do patio. Agardamos que vos guste!!

DSC_0011

CALIGRAMAS DO ALUMNADO DE LITERATURA GALEGA 4º ESO.

marzo 27, 2019 by EXPOSICIÓNS, VARIOS Sen comentarios

Nos corredores de 3º e 4º ESO podedes contemplar as creacións dos vosos compañeiros sobre as vangardas literarias. Trátabase de facer unha homenaxe a este movemento rompedor que xurdiu a comezos do s. XX, a través de caligramas e colaxes. No mural que expoñemos tedes unha selección dos que máis nos sorprenderon. Agardamos que vos gusten!  

DSC_0007

DÍA DOS NAMORADOS 2019

febrero 18, 2019 by EXPOSICIÓNS, POESÍA Sen comentarios

Como cada ano os vosos compañeiros e compañeiras deléitannos cos seus versos de amor neste Día dos Namorados. Podedes lelos na nosa páxina, na sección Blog, ou nos corredores de entrada á biblioteca, onde os temos recollidos en papel. Agardamos que vos gusten e animámosvos a participar!!

DSC_0305

EXPOSICIÓN MANUEL MARÍA E O RÍO MIÑO

enero 16, 2019 by EXPOSICIÓNS, POESÍA Sen comentarios

Na entrada da biblioteca escolar do IES Manuel Murguía podedes contemplar unha exposición sobre o río Miño e a súa presenza na obra do autor de Outeiro de Rei. Temos que agradecerlle á Fundación Casa-Museo Manuel María que nos cedera os paneis de xeito totalmente desinteresado. Agardamos que vos guste!

DSC_0272

EXPOSICIÓN SOBRE ROSALÍA DE CASTRO NO IES MANUEL MURGUÍA.

noviembre 27, 2018 by EXPOSICIÓNS, POESÍA, VARIOS Sen comentarios

A partir do día 27 de novembro e até o 14 de decembro poderedes visitar a exposición sobre Rosalía de Castro, que estará ubicada no segundo andar do edificio novo (nos corredores das aulas de Bacharelato). Debemos agradecer a cesión da mesma á Fundación Manuel María de Outeiro de Rei, que nola enviou de maneira totalmente desinteresada. Convidámosvos a visitala e a sacarlle proveito!  

DSC_0258

O LIBRO E A LECTURA EN FRASES DE AUTORES E PENSADORES

marzo 17, 2018 by EXPOSICIÓNS, VARIOS Sen comentarios

Aquí tedes algunhas mostras dos adhesivos con frases sobre o mundo da lectura que fomos colocando nas portas das aulas. Convidámosvos a que as leades e reflexionedes sobre elas. Trátase dunha actividade do Equipo de Dinamización Lingüística do noso instituto en colaboración co Departamento de Actividades de Biblioteca e co Club de Lectura. Agardamos que vos gusten!

DSC_0241

Exposición sobre Carlos Casares na Biblioteca.

mayo 8, 2017 by EXPOSICIÓNS, VARIOS Sen comentarios

Convidámosvos a visitar a biblioteca do centro, onde temos unha fermosa exposición sobre Carlos Casares: libros, debuxos, obxectos relacionados coa súa vida… Aquí vos deixamos unhas fotos para abrir boca.