
MARÍA CANOSA ESTIVO NO MURGUÍA
O 13 de abril estivo no IES Manuel Murguía a escritora María Canosa que nos agasallou coa súa simpatía e falou co alumnado sobre unha das obras que tiveron que ler neste curso en 1º ESO: O neno Inverno. A rapazada puido preguntar sobre a novela e todo aquilo que a rodea, ademais de interesarse polo oficio de escribir e a vida da autora. Agardamos que vos gustara e aproveitamos para agradecer de corazón a visita a María Canosa. Moitas Grazas!!!

O ESCRITOR XAVIER ALCALÁ VISITOU O MURGUÍA
O 4 de abril estivo no noso instituto o escritor Xavier Alcalá, charlando co alumnado de 4º ESO, sobre a súa vida e tamén sobre a novela Cárcere Verde coa que traballamos este curso. Esta visita é froito, unha vez máis, da colaboración entre o Departemento de Actividades de Biblioteca, Club de Lectura, Equipo de Dinamización Lingüística e Departamentos de Lingua Galega e de Lingua Castelá. Agardamos que vos gustara!