EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

DSC_0103

LUCÍA ALDAO E MARÍA LADO AGASÁLLANNOS COA SÚA POESÍA

enero 24, 2018 by MÚSICA, POESÍA Sen comentarios

O mércores 24 de xaneiro estiveron connosco o dúo AldaoLado para dar a coñecer ó noso alumnado a súa fermosa poesía por medio dunha actuación chea de humor, música e creatividade.

A rapazada do Manuel Murguía puido decatarse de que a poesía pode ser un produto accesible e divertido, algo que tanto Lucía como María deixaron moi claro cunha actuación que nos fixo rir e emocionarnos.

Agradecemos dende o Equipo de Dinamización Lingüística, Club de Lectura e Departamento de Actividades de Biblioteca, o comportamento exemplar do rapaces e rapazas, e por suposto, tamén damos as grazas ás poetas polo traballo ben feito, desexando que volvan por Arteixo moi pronto.

Queremos agradecer tamén ó concello de Arteixo a cesión do Centro Cívico para este recital.

Agardamos que vos gustara!!!

DSC_0110DSC_0106

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>